OS EEUU PON FREO Á DEPRESIÓN!

Que é a depresión?

Segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde), máis de 300 millóns de persoas no mundo sofren depresión. Esta, é unha enfermidade que se caracteriza por ter sentimentos de pura tristura, perda de interese, imposibilidade de desfrutar… Adoita ser infradiagnosticada e confundida con problemas momentáneos, e ao non ser tratada, moitas veces leva ocasionado o suicidio.

É por isto que, a Food and Drug Administration estadounidense, aprobou o primeiro medicamento antidepresivo de acción rápida. Trátase dun spray nasal que permite loitar contra ás depresións máis graves (adultos que non melloran con ningún medicamento ou terapia, existentes). Chega sendo o primeiro avance en 30 anos para «tratar esta debilitante enfermidade mental».

Este medicamento, contén Ketamina (fármaco que se utiliza como anestésico e permite combater os pensamentos suicidas). Era utilizado antes en clínicas privadas nas que o paciente ingresaba uns días con facturas superiores aos 5.000 euros. Grazas á comercialización da esketamina (cun potencial aditivo moito menor que o da Ketamina), regularizouse esta situación, permitindo que o coste dos tratamentos sexa asumido polos servizos da saúde pública e privada.

Trouxo bos resultados?

Os estudios demostran que a esketamina mellora os síntomas da depresión das persoas que non melloraron con outros tratamentos, tanto ao longo como ao curto prazo. Aproximadamente o 70% de todos os pacientes tratados responderon ao tratamento cunha redución de síntomas do 50%. A metade de tódolos pacientes alcanzaron á remisión con poucos ou ningún síntoma de depresión.

Ademais a súa seguridade considerouse aceptable e, os seus efectos secundarios, manexables. Debido ao risco de que os pacientes usen incorrectamente o medicamento e se volvan adictos, este estará só dispoñible cunha receita especial e supervisión médica, con dúas ou tres pulveirizacions en cada fosa nasal, dúas veces por semana, catro semanas.

(OS BENEFICIOS SON MAIORES QUE OS RISCOS).

CONCLUSIÓN:

Decidín escoller esta noticia porque, ademais de interesante, pareceume bo que por fin visibilizarase un pouco máis esta enfermidade que da lugar a tantos suicidios dos que non somos conscientes, e tamén tratar de buscar unha solución para evitalo.

FONTES:

- (Xornal): La Voz de Galicia

-(Páxinas):https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/03/06/estados-unidos-lanza-antidepresivo-forma-spray-nasal/00031551861384067433875.htmhttp://www.info-farmacia.com/actualidad/desarrollo-y-conciencia-social/antidepresivo-administracion-nasal-esketamina-spravato

imagen

 

Tags: ,

2 Respostas a “OS EEUU PON FREO Á DEPRESIÓN!”

  1. sara.m.br Dixo:

    Ola Laura!
    Penso que é moi interesante que fales disto, xa que apenas hai entradas facendo referencia a enfermidades mentais. Todos parecemos limitarnos a avances tecnolóxicos, médicos, aeroespaciáis, etc. e sorprendeume gratamente que recordaras que enfermidades coma a depresión tamén son tratadas dende o ámbito científico.

    Estiven investigando un pouco e atopei que tamén existe a posibilidade de doses infravenosas. Sinceramente, eu creo que esta opción é máis “fiable”, xa que, se son controladas por un profesional, hai menos risco de que o doente faga un uso indebido da sustancia e prexudique a súa saúde física.

    Tamén descubrín que é unha sustancia bastante nova no campo médico. Introduciuse en 1997 e aínda foi aprobada o ano pasado coma antidepresivo. A Esketamina ten outra aplicación médica. De feito, úsase como anestesia xeral (todo o corpo) e como suplemento para anestesia rexional (unha área específica).

    Gustoume moito a túa entrada Laura!
    Grazas por falar deste tema.

  2. lorena.br Dixo:

    Paréceme moi interesante o teu artigo, e levei unha sorpresa moi grande porque non sabía para nada a existencia desta substancia ata agora. Aínda que, como dis, ten máis beneficios que inconvenientes, penso que se debería agardar un pouquiño máis, porque moitas veces os efectos secundarios tardan tempo en manifestarse. De todas formas, vexo moi pouco probable que iso chegue a pasar, polo que é un alivio que existan medicamentos coma este, que poden dar freo dunha forma moi fácil a un problema moi común.
    Interesante descubrimento!

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.