O cambio climático podería estar a contribuír na infección dun fungo mortal nos humanos.

 

Candida Auris

Na natureza, son moitos os seres vivos que padecen de enfermidades causadas por fungos. Non obstante, os mamíferos nunca tivemos problemas dese tipo grazas ás nosas altas temperaturas corporais e fortes sistemas inmunolóxicos.

Desafortunadamente, investigadores comezan a detectar probas de que o quecemento global está axudando a eses fungos na loita contra a calor.

O fungo “Candida Auris” (do que a miña compañeira Arian fala noutra interesante entrada) apareceu no ano 2012 de forma simultánea en África, Asia e Sudamérica. Cada continente contaba con distintas versións (distinto material xenético) dunha mesma especie. “Isto demostra que non foi un fungo estendido por viaxeiros” foi a conclusión á que chegou o microbiólogo Arturo Casadevall.

Dito fungo pode producir perigosas infeccións de sangue, cerebro e corazón. Estas poden determinar a morte un 30-60% das veces xa que algunhas son resistentes a tratamentos antifúnxicos. En Xullo de 2019, os investigadores reportaron de forma online na plataforma mBio que, neste punto, algunhas versións do “Candida Auris” xa soportan e poden desenvolverse nos 37ºC do corpo humano. 700 casos foron detectados en E.E.U.U. dende o ano 2016, pero este fungo conta con casos en máis de 30 países.

“No noso planeta hai millóns de especies de fungos e o feito de que se estean a adaptar a temperaturas máis altas pode traernos novas e perigosas enfermidades” teme Casadevall con toda a razón do mundo.

Que pensades? Podería chegar o día no que un fungo prexudicial para os seres humanos evolucionase e non puidéramos facer nada contra el?

Fonte:  https://www.sciencenewsforstudents.org/article/climate-change-may-be-aiding-deadly-fungus-infecting-humans

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “O cambio climático podería estar a contribuír na infección dun fungo mortal nos humanos.”

  1. iria.m.br Dixo:

    Era de esperar que o cambio climático tivera consecuencias catastróficas, pero nunca me parei a pensar que isto puidera pasar.
    Seguro que pode chegar a haber un fungo contra o que non poidamos combater, xa que somos moitas persoas no mundo e é moi difícil limitar os contaxios, como se pode ver agora co COVID-19. Ademais, co cambio climático hai moitas especies que teñen que cambiarse de lugar para vivir debido ás altas temperaturas, polo que será máis fácil que haxa contaxios por animais.
    Se de verdade os fungos empezan a resistir o calor, pode empezar a ter consecuencias moi graves se non se ten en conta este suceso.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.