A NOSA SAÚDE OU A DO PLANETA? ESA É A CUESTIÓN.

Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o sector gandeiro contribúe significativamente o total das emisións de gases de efecto invernadoiro.

imagen

Para que vos fagades unha idea, a gandaría por si soa emite practicamente os mesmos gases de efecto invernadoiro coma todo o transporte mundial.Aos gases da gandaría hai que engadirlle os que produce o resto da industria cárnica, coma as emisións relacionadas indirectamente coa actividade gandeira, como as orixinadas pola deforestación para o cultivo de pensos ou o transporte de mercadorías. Barcos que traen soia de Brasil, por exemplo, camións que a transportan ata as explotacións gandeiras, outros camións para levar aos animais ao matadoiro… Despois, máis transporte para chegar ás cadeas de distribución e as casas, incluso máis barcos e avións para exportar a carne a outros países. Sí, algúns dos produtos destes animais volve aos países onde foran criados e onde se cultivou a soia.   ¡Unha auténtica loucura! Non credes?

Ademais de, monopolizar a terra cultivable, cerca do 75% da superficie agrícola está destinada á gandaría, tanto en forma de pastos, coma para producir pensos. Por así decilo, estamos transformando a Amazonia en filetes baratos: o 80% da deforestación atribúese á actividade gandeira.

Tamén, contaminan a auga cos seus zudres, antibióticos, fertilizantes e pesticidas. Ademais, a gandaría demanda altas cantidades de auga. Por exemplo, para producir un 1kg de filete de tenreira son necesarios 15.000 litros de auga, mentres que para producir 1 kg de cenouras fan falta 131 litros.

A carne industrial ten un elevado custo ambiental, pero non só afecta ao planeta, o consumo de carne tamén pode ter graves efectos na nosa saúde.                                                                                                                                                                                                         Algunhas das repercusións para a saúde da produción e consumo excesivos de carne:

  • O consumo de carne vermella (65% da consumida mundialmente) e procesada está asociado ao incremento de enfermidades non transmisibles coma o cancro, obesidade, diabetes tipo II, enfermidades cardiovasculares…
  • A inxesta dunha porción diaria de carne vermella incrementa un 31% o risco de sufrir un infarto.
  • As enfermidades transmitidas por alimentos contaminados como a salmonelose, están asociadas ao consumo de alimentos de orixe animal e en particular ás aves de curral.
  • A preocupante resistencia dos humanos aos antibióticos estase desenrolando debido ao mal uso destes medicamentos no gando saudable e, lamentablemente, na UE é en España onde máis se utilizan. Só na UE as bacterias resistentes matan cada ano a 25.000 persoas.
  • Polo menos un 30% das persoas que traballan nas granxas industriais padecen de  asma e bronquite
  • Unha granxa de 1.000 vacas produce tantos excrementos coma unha ciudade de 300.000 habitantes. Os excrementos do gando contaminan os cursos da auga, deixando a moitas poboacións sen aceso a un recurso vital como é a auga.

Bueno despois desta reflexión é obvio que hai unha relación entre a explotación da industria cárnica respecto ao cambio climático e a nosa saúde. A única solución ante este grave problema, é un redución drástica do consumo e polo tanto da produción de carne.

Pero vos que opinades?, Cal sería o principal motivo para reducir o noso consumo de carne? A nosa saúde ou a do planeta?

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “A NOSA SAÚDE OU A DO PLANETA? ESA É A CUESTIÓN.”

  1. adan.m.br Dixo:

    Antes de nada gustaríame dicir que esta noticia está moi ben e que a min proporcionoume unha información que non coñecía e uns datos que nin sequera me imaxinaba.

    Despois de lela deime conta de que estamos ante un verdadeiro problema e cuxa solución é moi complexa. Antes de ler a noticia eu pensaba que o único dano importante que producía o consumo de carne, que eu xa sabía que era escesivo, era a nosa saúde, que xa era un serio problema por aumentar as posibilidades de infartos, obesidade infantil… Pero se a esto lle sumamos a enorme contaminación que xenera é cando comenzamos a ver un verdadeiro problema.

    O mundo necesita, tanto a nivel ambiental como de saúde persoal reducir o consumo de carne para reducir a contaminación e mellorar a nosa calidade de vida, pero por qué non o fixemos?
    Hai xente que sostén a teoría de que a carne é unha droga e para comprobalo soamente temos que ver que ten un consumo moi elevado, hai xente que lle costaría moito reducir o consumo e perxudicanos a nós e ao medio ambiente. A diferenza e que tamén aporta cousas boas.

    Outra das cousas que se me veñen á cabeza ao ler esta noticia é que soamente atribuimos o problema de contaminación aos plásticos e ao transporte cando realmente hai moitos máis factores, que aínda que non inflúen tanto, tamén inflúen. E tamén hai que ver que qué é o que se transporta, que neste caso son alimentos e que necesitan moitos movementos polo que contribuén ao incremento da contaminación dos medios de transporte.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.