A contaminación tamén nos afecta aos ósos!

Un novo estudio do Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) demostra que as partículas contaminantes PM2,5 (Material Particulado) están relacionadas co risco de padecer osteoporose, unha enfermidade na que se produce unha diminución da masa ósea, xa que os ósos se volven máis porosos. Isto fai que sexan máis fráxiles e rompan con facilidade fronte a golpes e caídas.

imagen

Os investigadores analizaron durante 3 anos a exposición ambiental e a calidade de ósos de 3.717 persoas de entre 34 e 37 anos da India, un dos países con máis contaminación. En moitos casos encontrábanse signos de osteoporose debido a que as partículas PM2,5 do aire reaccionan cos ósos e provocan moitas cavidades, xa que provocan estrés oxidativo e inflamación nos ósos.

Aurelio Tobías, investigador do Instituto de Diagnóstico Ambiental e Estudos da Auga do CSIC e líder do proxecto, afirma que é unha gran novidade, xa que non hai moitos estudos sobre como afecta a contaminación aos ósos e tamén unha alarma para actuar contra a contaminación, pero hai que seguir facendo máis estudos en Europa.

Este é un problema moi grave, e xuntando todos os perigos que ten a contaminación, a xente ten que empezar a concienciarse sobre o dano que facemos tanto a nós mesmos como a outros seres vivos e empezar a facer máis cousas para mellorar.

Vós pensades que esto pode chegar a pasar aquí en España? Sabiades que a contaminación podía chegar a afectar aos ósos?

Fonte: El País 3/1/2020

 

Tags: , , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.