AS ROCHAS ANDANTES
O MISTERIO DAS ROCHAS ANDANTES
Hoxe quero compartir convosco unha noticia sobre xeoloxía que me chamou moito a atención. Cando a comentei na casa o meu pai díxome que fora un dos misterios que mais lle romperán a cabeza na súa adolescencia. Trátase da resolución dun misterio que, despois de máis de dous séculos de dúbidas, queda aclarado agora grazas un equipo de paleontólogos da Universidade de Columbia.
No ano 1896 os habitantes de Racetrack Playa, no Valle de la Muerte, California, déronse conta de que había unhas rochas, algunhas de mais de 500 quilos, que se desprazaban durante algúns metros deixando una marca no lodo, mais sen que houbera restos de pegadas humanas, nin que existise ningún precipicio nin desnivel que puidese explicar este movemento.
Por fin sábese o que ocorre en realidade: segundo os expertos, este proceso ten lugar no inverno, cando as choivas diarias crean unhas balsas que, ao chegar a noite, pasan a ser unha fina capa de xeo. O desxeo encárgase do resto. Só fai falta un pouco de vento para que as rochas se movan a unha velocidade de 2 metros por segundo (unha delas incluso chegou a moverse 224 metros durante un inverno). A evaporación da auga da choiva e do desxeo posterior son os responsables de que quede gravado na terra o recorrido destes colosos de pedra .
A proba de que este fenómeno ven sucedendo desde millóns de anos é que no interior das rochas sobreviven pegadas de dinosauros e comunidades microbianas, segundo os análises que se fixeron dalgunhas das rochas.
Interesante, non?, Un misterio menos para resolver.
Fonte: El confidencial.com