Un cancro que xa non é cancro!

O Comité Ibérico de Tumores Tiroideos abordou no hospital de Santiago as últimas novidades sobre un tumor desta glándula denominado NIFPT que ata fai dous anos era considerado como un cancro e agora se trata como un tumor benigno. O CHUS está considerado como un centro relevante nesta patoloxía, pois no servizo de anatomía patolóxica  exercen José Manuel Cameselle e Ihab Abdulkader, considerados expertos da OMS, os cales interviñeron na reunión. En España só hai outro centro máis con esa condecoración.

imagen

A xerencia da área sanitaria destaca que o cancro de tiroides é un dos que máis aumenta. Un estudo da endocrinóloga Gemma Rodríguez Carnero na área sanitaria concluíu que entre os anos 2006 e 2010 se diagnosticaron 250 casos. Non obstante, entre o 2011 e o 2015 diagnosticáronse 392. Esas cifras indican un incremento en cinco anos de case un 57%. O 76% dos casos detectáronse en mulleres, cunha media de idade de 52 anos.

“ Afortunadamente, exceptúase o tipo de carcinoma indiferenciado, que é un dos cancros humanos máis letais, a maioría dos pacientes (máis do 95%) estarán vivos e ben ós 10 anos do diagnóstico”, destaca a xerencia. “No Hospital Clínico realízanse máis de 200 intervencións cirúrxicas de tiroides anuais, que examina o servizo de Anatomía Patolóxica, onde tamén se diagnostican máis de 500 citoloxías realizadas mediante punción-aspiración”, agrega a xerencia da área sanitaria.

Sen dúbida unha boa e sorprendente noticia como un cancro pasa a ser tratado como un tumor benigno. E vos que pensades? Credes que podería pasar o mesmo con outros cancros?

Fonte: La Voz de Galicia

 

Tags: ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.