Un novo ADN

Como todos sabemos, o ADN está formado por 4 bases nitroxenadas: adenina, timina, citosina e guanina. Un equipo de científicos en Estados Unidos logrou engadir outras catro bases distintas as que chamaron Z, P, S e B. Estas novas bases foron creadas modificando as estruturas das 4 bases orixinais. Estas novas bases tamén se agrupan en parellas, igual que as outras, e xúntanse a Z coa P e a S coa B.

Segundo un experto, parece que aínda é moi pronto para falar dun novo código xenético porque este non corresponde a ningún cifrado de outras biomoléculas. Este ADN, denominado hachimoji (“oito letras” en xaponés), é capaz de producir ARN pero non existe unha tradución para as proteínas aínda que teoricamente isto é posible porque o coñecemento e a técnica xa foron desenvolvidos hai anos.

Ao incrementar o abecedario xenético, melloraron a capacidade de evolución do sistema. Creen que este novo ADN pode axudar a diagnosticar certas enfermidades, como o cáncer. Actualmente, aínda no foi probado nun sistema vivo.

  E vos que pensades? Creedes que isto dentro duns anos vai ser estudado nas aulas de bioloxía ou que vai ter gran importancia no campo da medicina?

   Fonte:https://elpais.com/elpais/2019/02/27/ciencia/1551299080_087335.html

 

Tags: ,

Unha resposta a “Un novo ADN”

  1. antia.br Dixo:

    A verdade é que non sabía nada da creación deste novo código xenético, que garda bastante similitude co código tradicional. Penso que para saber se a creación deste abecedario serviu para o avance da ciencia, é necesario continuar investigando para saber se se poden chegar a traducir as proteínas. Deste modo, poderíase utilizar perfectamente este novo ADN para detectar enfermidades xenéticas ou outras como o cancro. Respondendo a se isto se estudará en bioloxía ou en mediciña penso que dependerá dos resultados da investigación, pois se se conseguen traducir as proteínas este será un código eficaz e importante que si que se debería estudar; pero se non se consigue realizar a tradución quizais se estude como unha investigación que non dou froitos e como exemplo de que as veces a ciencia non atopa resposta a todos os problemas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.