De que cor son as vogais?

imagen

Investigadores dunha universidade dos Países Baixos levaron a cabo un estudo que demostra que a maioría de xente relaciona as vogais coas mesmas cores, teñan ou non sinestesia, que é a experimentación de dous sentidos mesturados entre eles, como por exemplo “ver” sons.

No estudo foron entrevistadas 1.000 persoas, ás que se lle pediu que asignaran a cada vogal unha cor. Os investigadores déronse conta de que a maioría de individuos relacionaban as vogais coas mesmas cores. Entre os suxeitos había persoas con sinestesia, que asignaban con máis precisión as cores coas vogais.

Así, a letra ‘A’ adoitase relacionar co vermello, rosa ou laranxa; o ‘E’ co verde ou laranxa; o ‘I’ co verde e amarelo; o ‘O’ co azul e morado e o ‘U’, co azul ou vermello.

Mark Dingemanse, un dos autores do estudo, declara que “parece que hai algunha lóxica na que conectamos sons e cores, e a estrutura da linguaxe ten un papel importante neste proceso”. O estudo mostra que asociamos cores claras (amarelo, verde) con vogais que producimos na parte frontal da boca. As cores escuras (vermello, marrón, azul) asócianse coas vogais xeradas na parte traseira da boca.

Á dereita podedes ver o esquema de vogais e cores con persoas con sinestesia, á esquerda, o de persoas sen esta particularidade.

imagen

Este estudo sorprendeume moito, pois nunca pensara en que as letras puideran ter cores. E vos que opinades? Pensarades algún día na cor das vogais? Identificádelas coas mesmas cores ca o estudo?

Fonte: https://www.20minutos.es/noticia/3614944/0/color-nombre-estudio-relaciona-vocales-colores/#xtor=AD-15&xts=467263

 

Tags: ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.