Científicos “resucitan” a 32 porcos!
A día de hoxe a “resurrección” seméllasenos algo imposible, e, aínda que pode que algunhas persoas desexarían que existise, a realidade é ben distinta. Porén, agora un equipo de científicos en Estados Unidos, baixo a dirección dun neurólogo de sona, acaban de facer un descubrimento que pode supoñer un gran avance no campo de neurorresucitación. Estes científicos realizaron un experimento con 32 cabezas de porcos destinados á industria cárnica. Estes porcos levaban clinicamente mortos máis de 4 horas, porén, os científicos conseguiron, mediante un circuíto, facerlles chegar ao cerebro hemoglobina, osíxeno, nutrientes e algúns medicamentos. Unha vez feito isto, observaron que a actividade das células destes animais se restablecía, é dicir, as células estaban vivas de novo e consumían os mesmo nutrientes e osíxeno que consumirían outras en estado normal. Aínda así, os científicos apuntan que non había constancia de ondas cerebrais nin signos de consciencia, e, como eles apuntaron literalmente; “é un cerebro celularmente activo, mais non é un cerebro vivo”. Con todo, os expertos non descartan poder reestablecer a actividade cerebral normal algún día, o que sería verdadeiramente útil para aquelas persoas que sofren unha lesión cerebral grave. Cabe destacar que para realizar este experimento e para seguir coa investigación, os científicos deben pasar por un tribunal ético, xa que cabe a posibilidade de que os animais decapitados puideran chegar a ser conscientes nalgún momento da investigación, e, aínda que polo de agora iso non ocorreu, débese decidir se continuar coa experimentación aínda sendo conscientes dese risco.
Neste contexto, fágovos dúas preguntas, compañeiros. Credes que a resucitación será posible algún día? Cal é a vosa opinión respecto da utilización destes animais para a experimentación?
Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2019/04/17/5cb7561d21efa0ee748b4656.html
Tags: actividade cerebral, células, neurociencia, resucitación
Luns 2 de Setembro do 2019 ás 6:18 pm
A resucitación só era posible na ciencia-ficción, pero semella que cada vez está máis preto da realidade. O feito de que estes porcos chegaran a estar celularmente activos conleva un enorme avance para a ciencia. Ademais, os científicos non desbotan a idea de chegar a revivir completamente a estes animais, o que conlevaría un acontecemento histórico para a ciencia; deste xeito, poderíase conseguir curar lesións cerebrais que hoxe son intratatables. Pero como noutros casos, neste a ciencia atópase cos límites éticos.
Respondendo a Tania, penso que con tempo e investigación, si que se conseguirá resucitar a estes animais, pois xa se conseguiu activar o cerebro e aínda que será moi complexo esta é unha liña de investigación bastante importante. Con respecto a utilización destes porcos, penso que aínda que poida parecercruel, é necesario experimentar con animais o máis parecidos ao ser humano, para que as técnicas se poidan empregar en nós, ademais hai que ter en conta que estes porcos xa estaban destinados a morrer, o único que cambia é o fin.