A INVASIÓN DUN NOVO FUNGO
Compañeiros e compañeiras, seguramente que a maioría de vós non escoitastes falar do fungo Candida auris, pois xa hai máis de 400000 persoas hospitalizadas en 52 países diferentes. Segundo as últimas actualizacións realizadas polos Centros de Control e Prevención de Enfermidades estadounidense (CDC), en países como Austria, Bélxica, Irán, Malasia, Países Baixos etc. xa hai unha persoa afectada e en Australia, Canadá, China, Colombia, Francia, Alemania, India, Israel, España e nalgún país máis producíronse diversos casos nos últimos anos.
Este fungo é moi resistente aos medicamentos e moi daniño para a nosa saúde, porque os pacientes que a padecen falecen nun período de tempo moi curto. Está a estudarse en que circunstancias aparece e o seu tratamento. Provoca dor de cabeza, fatiga e febre, pode chegar a provocar infeccións nas feridas e otite.
- Sabiades a existencia deste fungo? Que medida preventivas utilizariades?
Tags: FUNGO
Luns 2 de Setembro do 2019 ás 4:50 pm
A verdade é que é a primeira vez que escoitei falar deste perigoso fungo, e moito menos coñecía as terribles consecuencias que padecen as persoas que o portan. Estiven investigando, e este fungo adoita infectar a pacientes que están débiles como os que se atopan en hospitais ou en residencias de anciáns, pois adoitase dicir que nestes lugares é moito máis sinxelo coller unha infección. Actualmente os científicos están intentando buscar unha cura para esta perigosa infección, xa que este fungo é moi resistente aos antibióticos e precisan atopar un medicamento moi eficaz e rápido para evitar que estes pacientes morran. Aínda que moi raramente ataque a persoas saudables.
Nos hospitais e residencias débense tomar medidas preventivas, tendo unha boa hixiene dos pacientes, especialmente nas feridas, e intentando que leven unha vida o máis saudable posible.