Antibióticos modernos!

Os antibióticos son o principal medio para loitar contra as infeccións bacterianas. Un dos efectos negativos dos antibióticos é que atacan de maneira indiscriminada a case todas a bacterias do noso corpo,  incluídas as beneficiosas para o noso organismo.

Un grupo de  investigadores acaba de deseñar un novo tipo de antibiótico programable que só ataca as ”bacterias malas” e que evita a aparición de resistencias. Este antibiótico posúe “bacterias sentinelas” programadas para activarse e matar só cando recoñece unha bacteria mala , xa sexa virulenta ou resistente a antibióticos . Este mecanismo de activación selectiva é posible gracias a una molécula denominada “inteína” para a cal o instituto Pasteur solicitou unha patente.

imagen

O antibiótico probouse con peixes  infectados con cólera e logrou eliminar a enfermidade sen afectar a outras bacterias beneficiosas. Isto é relevante xa que o cólera afecta a máis dun millón de persoas cada ano e pode ocasionar a morte nos casos graves.

Pero sin dúbida a mellor noticia é que os científicos pensan que quizais este descubrimento sexa un precedente para atopar un axente anticanceríxeno.

Non vos parece que isto abre moitos camiños para acabar con moitas enfermidades que hoxe en día son difíciles de tratar sen prexudicar a saúde do paciente?

FONTE: ABC

 

Tags: , , ,

2 Respostas a “Antibióticos modernos!”

  1. sandra.br Dixo:

    Moi boa noticia Hugo!!
    Non sabía que existían este tipo de pastillas, o cal, é unha brillante noticia xa que moitas veces as pastillas en vez de axudarnos prexudícanos en outras cousas. Desta forma, estas pastillas só axudan a matar as bacterias infecciosas e non danan ás nosas. Penso que é un gran avance para a ciencia xa que si hoxe en día xa existen este tipo de pastillas, tamén poderá haber dentro duns anos outro tipo de pastillas para matar bacterias moi prexudiciais para a nosa saúde.

  2. antia.br Dixo:

    Que boa noticia! Os antibióticos son a cura de moitas doenzas, pero adoitan ter efectos secundarios e moitísimas veces ademais de atacar ao axente maligno, ataca tamén as células “boas” do noso corpo, como por exemplo ás do noso intestino, por iso as veces o médico recomenda tomar un protector gástrico que non dane as células beneficiosas para o noso organismo.
    Os resultados desta investigación mostran como este moderno medicamento só ataca as células malignas e consigue erradicar a enfermidade. Ademais, tal e como nos conta o noso compañeiro, este pode ser o primeiro paso na busca dun tratamento que cure o cancro.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.