Que debemos esperar da ciencia para o próximo ano?
Pódese dicir que este ano 2018 foi un bo ano a nivel científico, pero que debemos esperar da ciencia no 2019? Isto é o que prevé a revista Nature:
- Grandes misións á Antártida
Investigadores ingleses e americanos emprenderán a maior campaña de exploración na Antártida, para descubrir o estado de diversos glaciares. Máis tarde un grupo europeo de investigación perforará o xeo deste continente na busca de xeo con 1,5 millóns de anos de antigüidade.
- China poñerase en cabeza
No 2019, China podería converterse no maior inversor en investigación e desenvolvemento científico.
- As orixes do home
As escavacións no sueste asiático poderían revelar novos capítulos perdidos sobre a historia do ser humano. En concreto, poderían aparecer novos fósiles dos primeiros habitantes da illa filipina de Luzón, o que podería permitir descubrir se o illamento lles levou a adquirir unha altura diminuta.
- O futuro dos colisionadores de partículas
No novo ano descubriremos se o goberno xaponés asumirá os custos do Colisionador Lineal Internacional. Este colisionador permitiría estudar o bosón de Higgs (partícula subatómica) con grande detalle.
- As consecuencias de editar bebés humanos
Despois das polémicas da modificación xenética de bebés xurdidas durante este ano, será no 2019 cando se traballe en crear un marco para asegurar que os futuros intentos de editar o ADN humano teñan lugar dunha forma responsable e regulada.
- Acceso máis fácil á ciencia
O novo ano podería ser a data na que as revistas científicas de pago se volvan gratuítas de acordo ó plan S.
- Cambios na “Biblia” da bioseguridade
A Organización Mundial da Saúde (OMS) rematará unha grande revisión no seu manual de Bioseguridade en laboratorios a mediados de ano. Isto repercutirá na manipulación de patóxenos como o ébola; e está previsto que a OMS poña o foco en mellorar a formación do persoal de laboratorio e en crear protocolos máis específicos para cada situación.
- O arrefriamento do clima
En 2019 poñeranse en práctica as primeiras probas de xeoenxeñería, unha práctica destinada a contrarrestar o quecemento global causado polos gases de efecto invernadoiro liberados pola actividade humana. Científicos estadounidenses lanzarán a atmosfera pequenas cantidades dunhas partículas moi similares ás cinzas para estudar como se dispersan e se poderían axudar a arrefriar o clima .
- Investigación en cannabis
No 2019 está previsto que cheguen os primeiros resultados de varias investigacións canadenses que analizan o cultivo e a bioloxía básica desta planta. E está previsto que a finais do próximo ano se inaugure o primeiro centro de investigacións enfocado neste cultivo, no que se estudará a xenética e os beneficios para a saúde do cannabis.
- Sinais do espazo en China
China poñerá a traballar o maior radiotelescopio do mundo, e espérase que pronto comece a cazar fenómenos como nubes de gas interestelar.
https://www.abc.es/ciencia/abci-sera-ciencia-llegara-2019-201812252137_noticia.html
Venres 17 de Maio do 2019 ás 7:21 pm
Que noticia tan interesante e amena!
En primeiro lugar, a noticia de que se poñerán en práctica novas investigacións na Antártida, alégrame moito. É sabido por todos que, debido ao cambio climático, os polos pasan por unha situación extrema e preocupante; por este mesmo motivo é fundamental a investigación e a valoración do esta,do real dos glaciares.
Ademais, tamén me alegra a noticia de que a investigación da modificación do ADN seguirá adiante, pois eu redactei unha noticia sobre este tema para o blog, e unha das dúbidas que me xurdiron foi: ata que punto este avance é seguro para os humanos?, por iso creo que é doado que se continúe investigando sobre un tema tan serio.
Outro dos temas que creo que vai a dar moito que falar é o do cannabis, xa que ultimamente se abriu un extenso debate sobre os seus beneficios para a saúde, e mesmo xurdiron grupos de defensores do cannabis que esixen a súa legalización no noso país.
Por suposto, todos os demais avances, tanto mirando ao pasado (as orixes do home), como ao futuro (o colisionador de partículas) tamén contribuirán ao avance da sociedade!