Houbo máis dun berce da Humanidade?
Fai 2,6 millóns de anos, un primate excepcional tivo a brillante idea de recoller un canto rodado, mentres camiñaba pola ribeira dun río no Gran Val do Rift en África, e tallalo a golpes ata obter un fío cortante co que poder facer anacos a carne dos animais. Esa primeira tecnoloxía tan rudimentaria e sinxela era abandonada polos seus creadores ao rematar de usala, o que supuxo un salto na conciencia humana. Xa non estabamos ligados á selección natural, a diferenza das demais criaturas do planeta. A nosa forza xa non dependía só das mans que apertaran e dos dentes que morderan. Tiñamos coitelos para cortar e rebandar.
Ata agora, criase que tivo que transcorrer moito tempo ata que, a través de migracións, a mesma escena se reproducise no resto do continente nai. Non obstante, segundo un novo estudo, publicado na revista “Science” e dirixido por un equipo do Centro Nacional de Investigación para a Evolución Humana (CENIEH), suxire que esa revolución non ocorreu só una vez en nun único lugar.
Os científicos descubriron por primeira vez en Arxelia, a miles de quilómetros das fosas tectónicas do leste do continente nai, utensilios de pedra e carnicería de fai 2,4 millóns de anos. O achado indica que xa entón había homínidos na rexión, o que reescribe un importante capítulo da prehistoria e apoia a idea, como xa sospeitaban moitos investigadores, de que puido existir máis dun berce da humanidade.
Tras máis de dez anos de duras escavacións nun xacemento arxelino, os científicos desenterraron 22 metros de sedimentos ata dar cunha vintena de artefactos tallados e múltiples ósos con marcas de corte en dous niveis, un de 2,4 millóns de anos e outro de 1,8 millóns, os investigadores dataron o lugar con modernas técnicas de paleomagnetismo e resonancia paramagnética electrónica, unha antigüidade que corroboraron coa dos animais atopados nas inmediacións.
https://www.abc.es/ciencia/abci-descubren-argelia-nueva-cuna-humanidad-201811292006_noticia.html
Tags: África, Evolución, ser humano