Azucre oculto

   Cando falamos de azucre todos pensamos en lambetadas, chocolate…Pero non pensamos  nunca en produtos que comemos case diariamente como son os iogures. Menos aínda pensamos que tomar un petit-suisse, unha cousa tan pequena, nos prexudica máis que comer unha onza de chocolate.

Resultado de imagen de yogurt

Un estudo impulsado pola doutora Bernadette Moore, de Escola de Ciencias da Alimentación da Universidade de Leeds, afirma que os iogures teñen moito máis azucre do que pensamos. Para facer este estudo analizouse a información nutricional de 898 iogures e similares, e resultou que apenas o 9% deles son baixos en azucre. O máis impactante aínda é que os destinados a nenos e nenas, que deberían ser máis sans porque aínda están medrando, son os máis azucrados, xa que dos 101 analizados só dous tiñan menos de 5 g de azucre por cada 100g. Tamén chama a atención que os produtos ecolóxicos ou de soia, vendidos como máis sans, son os de maior cantidade de azucre, pois engádenllo para neutralizar a acidez do ácido láctico, que fai o iogur bo para o aparato dixestivo.

Este tipo de noticias son bastante desconcertantes, pois na maioría das dietas normais aparecen estes derivados lácteos. Prevéñennos moito sobre o dano que nos poden chegar a facer refrescos como a Coca-Cola, pero nunca nos din que consumindo un iogur estamos consumindo a mesma cantidade de azucre.

Así como se impuxo unha subida das taxas ás bebidas azucradas como os refrescos, parécevos que se debería facer tamén cos iogures? Ou simplemente deberían poñer nos envases este tipo de información para saber exactamente o que estamos consumindo?

Fonte: El País

 

Tags: , ,

5 Respostas a “Azucre oculto”

  1. sandra.br Dixo:

    Unha impactante noticia!
    Desde logo que me sorprendín un montón, nunca pensara que os iogures tiñan tanto azucre como calquera refresco. Ademais, que sempre hai a típica persoa que che di que tomes iogures ecolóxicos para a tua saúde pero xa vexo que non lle podo facer caso.
    Na miña opinión, a verdade é que me gustaría que puxeran nas noticias que as taxas do azucre subiron, sobre todo para informar o resto da xente.

  2. nerea.v.br Dixo:

    Esta noticia pareceume moi interesante porque me fai pensar que estamos sendo enganados. Compramos iogures pensando que son sans e en verdade teñen a mesma cantidade de azucre que calquera refresco. Respondendo a túa pregunta penso que simplemente deberían poñer nos envases este tipo de información para saber o que estamos consumindo.

  3. antia.br Dixo:

    Sen dúbida, esta é unha noticia que revela un dos enganos que sufrimos os consumidores; o que me resultou máis sorprendente foi o feito de que os iogures que venden como “sen azucres” sexan os que máis glícidos conteñan e penso que se debería informar aos consumidores disto, pois están comprando un produto que en realidade é o contrario do que eles buscan. Outro dato que chamou a miña atención foi o dos iogures para nenos pequenos, a esas idades a alimentacións dos pequenos debe estar controlada e non superar a cantidade de azucres recomendada. Esta noticia faime pensar que para ter unha boa saúde é esencial ter unha alimentación saudable e controlar as etiquetas dos produtos que comemos, pero penso que para isto é necesario que esas etiquetas conten o que verdadeiramente conteñen os alimentos.

  4. tania.br Dixo:

    Vaia, que noticia tan sorprendente! No meu caso, eu nunca me parara a pensar sobre isto, nunca se me ocorreu que os iogures tiveran tanta cantidade de azucre, a verdade é que estou realmente sorprendida. Supoño, que ao igual ca min, moita xente ignora os datos que se expoñen nesta noticia, pois tes toda a razón cando dis que sempre somos advertidos sobre o perxudicial dalgúns alimentos pero non de outros. O que máis me impactou foi que os produtos ecolóxicos,supostamente mellores para nós, seguen a ter moitísimo azucre. Realmente deberíamos reflexionar sobre si verdadeiramente somos conscientes do que comemos, todos e cada un de nós deberíamos facer un esforzo por eliminar da nosa vida os productos perxudiciais para a nosa saúde a longo prazo. Para facer o anterior, penso que a mellor solución sería que todos os productos puxeran exactamente os ingredientes que levan, xa que, na miña opinión, dubir o prezo non arregla o problema si non sabemos o que estamos a tomar.

  5. martin.p.br Dixo:

    Esta noticia déixame preocupado porque sempre confío na información do produto que consumo e dou por certo que se pon que é 0% azucres, non os ten.
    A solución non é subir as taxas, iso non é o importante. O importante é a transparencia, a confianza no que compramos, saber que se eu non quero consumir azucre, non mo van a engadir sen eu sabelo a ningún produto. Cada un que consuma o que queira, pero sabendo o que realmente é.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.