A vergoña por esbirrar

  

Imagen relacionada

Que vergoña, vou facer ruído, vou molestar…Cantas veces temos tapado o nariz e a boca para non facer ruído ao esbirrar. Pois ben, temos que darnos conta de que o esbirro é un acto reflexo do noso corpo mediante o cal expulsamos aire, pero tamén partículas ou xermes. Estes últimos son os que soen provocar o esbirro, pois este acto reflexo é provocado polo noso organismo especificamente para expulsalos. Polo cal, cando reprimimos o esbirro estamos tamén producindo os efectos contrarios aos debidos. Os xermes poden ser desprazados a zonas máis internas, producindo ou agravando así infeccións. Por outro lado, ao reprimilo aumenta a presión, cousa que pode orixinarnos pequenas roturas vasculares (ata na conxuntiva ocular ou no tímpano), dor de oídos, mareos, e ata alteracións na audición.

É certo que non debemos esbirrar fronte outras persoas, pero porque podemos contaxialas, non por vergoña, pois xa vedes os efectos que pode ter. Asi que, sempre que teñades que esbirrar, collede un pano e botádeo fóra, é algo natural!

Fonte: El País

 

Tags: , ,

3 Respostas a “A vergoña por esbirrar”

  1. sandra.br Dixo:

    Estou de acordo contigo Alba!
    Toda a razón do mundo, ás veces non nos damos de conta que nos estamos prexudicando a nós mesmos e iso ao longo da nosa vida aféctanos a nivel de saúde.

  2. antia.br Dixo:

    O consello que nos da esta noticia é bastante importante aínda que non o pareza, aguantar un esbirro pode traernos máis danos que beneficios, pois tal é como nos di Alba na súa noticia, pódense producir infeccións graves ou problemas causados pola presión nas fosas nasais. E desde o meu punto de vista prefiro esbirrar aínda que non estea ben visto “socialmente” que padecer algunhas destas doenzas. Volvo a estar de acordo con Alba, esbirrade que é algo natural! (E se non fose necesario quizais o deixariamos de facer pola evolución do ser humano.)

  3. tania.br Dixo:

    Que gran noticia, Alba! A verdade é que ao longo da miña vida teño reprimido moitos esbirros, mais nunca pensei que poidera ser tan perxudial. Agora que o dis, ten todo o sentido do mundo, pois o noso corpo está preparado para defenderse, e se non servise para nada, entón xa non existirían. Noticias coma esta fanme pensar no increíble e complexo que é o corpo humano e no pouco que coñezo sobre el. Gustoume moito descubrir estes novos datos, non volverei a reprimir un esbirro!

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.