Se durmes menos de 6 horas, vixía as túas arterias
Como todos sabemos, existen unhas recomendacións de sono que dependen da idade. No caso dos adultos, o ideal sería durmir 8 horas diarias, mais, ás veces, as obrigas e preocupacións fan que descoidemos as nosas horas de descanso, así como a súa calidade. Agora, un experimento realizado por científicos expertos, demostrou que estes malos hábitos están directamente relacionados coas enfermidades cardiovasculares.
O experimento consistiu en observar a case 4.000 persoas durante unha semana, ás que se lles proporcionou un sensor de actimetría. Os individuos, foron divididos en grupos dependendo das súas horas de descanso. Unha vez rematado o experimento, os resultados foron sorprendentes. Naqueles que tiñan menos de 6 horas de sono, as probabilidades de sufrir unha arteriosclerose aumentaban nun 27%. Ademais, o risco aumentaba cando as persoas tiñan unha mala calidade do sono.
A arteriosclerose prodúcese pola acumulación de graxas no interior dos vasos sanguíneos. Este é o primeiro paso para sufrir enfermidades como o infarto e o ictus, que se producen debido ao bloqueo do paso de osíxeno en determinadas zonas do corpo. Polo tanto, estamos a falar dunha enfermidade grave que poderemos evitar se seguimos as recomendacións existentes. Agora, ademais de facer exercicio e levar unha dieta equilibrada sabemos que debemos coidar os nosos hábitos de descanso, incrementando a calidade do sono na medida do posible e aumentando as horas de sono.
E vos? Sacrificaredes agora ese capítulo da vosa serie preferida para ir durmir máis cedo? Érades conscientes do importante que era o descanso para o noso organismo?
Fonte: https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/salud/2019/01/14/5c3b8f0521efa0ac1d8b4798.html
Tags: aparato cardiovascular, descanso
Venres 1 de Marzo do 2019 ás 8:16 pm
Que sorprendente noticia!
Na miña opinión, gustoume moito que puxeras esta noticia xa que o descanso é moi importante aínda que non o pareza. A verdade é que estou bastante preocupada xa que non sabía que podía pasar semellantes cousas. Pois agora, terei que ir a cama máis cedo para poder descansar e render mellor nos meus estudos!
Martes 26 de Marzo do 2019 ás 8:12 pm
Os adultos coas súas preocupacións laborais, económicas, etc. e nós coas preocupacións polos estudos non dedicamos o tempo suficiente ao descanso e non cumprimos cas recomendacións de horas de sono que existen para cada idade. Pero ás veces é mellor deixar as preocupacións a un lado e ir durmir, pois ademais de descansar a nosa cabeza, teremos menos probabilidades de sufrir enfermidades cardíacas: arterioesclerose, infartos, ictus, trombos… Así que xa sabedes durmide polo menos 8 horas e todo irá mellor tanto no presente como no futuro.
Sábado 20 de Abril do 2019 ás 4:10 pm
Unha noticia inaudita sen dubida!
Parécenme incrible os datos que se obtiveron neses estudios científicos xa que, as persoas durmían apenas seis horas.
Non tiña nin idea da existencia destes perigos da arteriosclerose e pensaba que con tan só facer exercicio diminuía os riscos de padecer enfermidades, pero xa vexo que tamén é importante cuidar as horas de sono.
Estou segura de que gracias a esta información, moita xente darase de conta da situación e cuidará máis a súa saúde.