UNHA MISIÓN AO CENTRO DA TERRA PARA VER UNHA NOVA CAPA
No ano 2025 un grupo de investigadores planea taladrar o manto da Terra ata unha profundidade de 2900 kilómetros e estudar o movemento das placas tectónicas, para así poder entender mellor o mecanismo dos terremotos.
Esta xesta levaraa a cabo a Axencia Xaponesa para a Ciencia e a Tecnoloxía Marítimo- Terrestre (Jamstec), xunto con expertos de Estados Unidos e Europa. Van a avanzar por vía submarina, xa que a codia continental e o dobre de grosa no chan continental que baixo o océano. Pensan perforar nas inmediacións do arquipélago de Hawai.
Para chegar ó manto, teñen que perforar uns 7 quilómetros de profundidade, van utilizar un buque de perforación similar ó que se usa nas plataformas petrolíferas.
Na actualidade, sábese que a superficie terrestre está dividida en aproximadamente 17 placas e que cerca do 99% dos terremotos ocorren cando estas placas chocan. Na zona de contacto entre placas hai enormes forzas de fricción que, cando se liberan, xeran os tremores. Se esta zona de contacto estivera perfectamente lubricada este movemento entre placas daríase con más suavidade e evitaríanse os tremores, por iso é importante saber cal é a dureza do manto e canta auga hai nel.
Penso que avanzamos moito no estudo dos terremotos, pero: chegaremos a saber con exactitude cando se vai a producir un terremoto e onde? Lograremos neutralizar un sismo? Seremos quen de construír infraestruturas capaces de resistir un terremoto?
Fonte: LMNeuquen
Domingo 20 de Xaneiro do 2019 ás 12:14 pm
Interesante noticia; como ben se explica os terremotos ocorren en bordos de placas, onde hai moita fricción, que ao ser liberada os orixina. Seguramente chegar aos 2900km de profundidade e estudar o movemento das placas sexa de moita importancia para diversos estudos sobre o funcionamento do noso planeta; pero persoalmente non vexo posible saber con exactitude en que momento e lugar vai ocorrer un sismo, e menos aínda poder neutralizalo, pois a forza da natureza é maior da que as persoas podemos chagar a facer artificialmente.
Domingo 20 de Xaneiro do 2019 ás 8:53 pm
Abraioume a túa noticia, Mateo!
A día de hoxe, coñecemos a superficie terrestre e mariña case á perfección, así como o espacio, mais, cando falamos do interior terrestre, non contamos con tantos datos. Ben é certo que ao longo da historia se tentaron facer investigacións, mais non foron existosas. Por exemplo, no ano 1961 deseñouse un proxecto chamado “Mohole” , co que se pretendía perforar a terra ata chegar á descontinuidade de Mohorivicic, mais este non se finalizou debido ás dificultades tecnolóxicas e ao seu alto custo. Ademais, tamén se teñen realizado excavacións en diversos lugares da Terra, pero a máis profunda é a da península de Kola, de 13 km, unha cifra insignificante si a comparamos cos 6371 km de radio terrestre. Esperemos que agora este novo proxecto teña éxito e podamos coñecer mellor o interior do noso planeta, o que nos sería moi útil, como ben dis, para tentar neutralizar os sismos, por exemplo.
Mércores 4 de Setembro do 2019 ás 7:15 pm
Sen dúbida que se o que propón esta noticia se fai realidade, os descubrimentos serán incríbles! Tal e como estudei o curso pasado, a superficie terrestre, a diferenza da acuática, é unha grande descoñecida. O problema é que realizar investigacións no seu interior parece case imposible, debido á dificultade técnica e os altos custos. O proxecto “Mohole” ou a perforación da península de Kola, das que falou Tania no seu comentario, son proxectos que non aportaron nada significante para aumentar o coñecemento xeolóxico, pois a profundidade á que chegaron non é comparable ao radio da Terra. Se esta investigación chega ao seu fin, os datos que aporte seguro que aclaran moitos misterios que existen hoxe en día sobre a dinámica do planeta. Saber con máis certeza cando se vai producir un terremoto, axudaría a evitar moitos danos tanto materiais como persoais. Penso que se deben poñer todos os medios para que esta investigación chegue ao seu fin, e os resultados sexan positivos para todos.