As arañas zombies
Ao escoitar zombie o último que imaxinamos é unha araña , pero unha avéspora parasita , Zatypota percontatoria , converte as súas infortunadas arañas en zombies.
Todo comeza cando a avéspora deposita os seus ovos na araña, os cales eclosionan dentro dela e a larva que sae delas, cómese a araña desde adentro, pero antes diso obrígalle a construírlle unha tea de araña especial onde a avéspora poida vivir mentres termina de comer a araña. Ata o momento é un misterio como a avéspora controla o comportamento da araña.
O que é fundamental saber é se os parasitos tamén poden controlar aos seres humanos… Que pasaría se o mal humor cho dera unha lombriga que vive alegremente nos teus intestinos?
Fonte: https://www.abc.es/ciencia/abci-terrible-avispa-convierte-zombis-aranas-201811302122_noticia.html
Luns 31 de Decembro do 2018 ás 3:25 pm
Esta é unha noticia verdadeiramente sorprendente, eu quedei abraiada. Como ben dis, cando pensamos en zombies non lle atopamos ningunha relación coas arañas, mais, despois de ler a túa noticia, é ben certo que o que lles sucede a estes animais non dista de convertelos en verdadeiros zombies. Parece incrible que na natureza poida ocurrir este fenómeno, máis propio das películas que da vida real, agora, no que se debe traballar é na investigación das súas causas. Estiven buscando información, e algunhas persoas xa apuntan a que o principal motivo é a liberación de hormonas no cerebro das arañas, pero nada está comprobado. Esperemos que isto non nos ocorra algún día aos humanos!
Sábado 5 de Xaneiro do 2019 ás 4:28 pm
Paréceme unha noticia interesante, non coñecía a existencia das “arañas zombies”, como o descubrimento é bastante recente penso que queda moito por saber e incluso pode chegar a península, como fixo a avespa asiática. O último que me podería imaxinar é que o insecto transformárase en zombie a través da avespa. Antes de ler a noticia pensei que se trataba dunha innovación química, por iso me sorprendeu tanto a noticia. isto demóstranos que aínda queda moito por descubrir no ámbito científico.
Domingo 6 de Xaneiro do 2019 ás 2:10 pm
Ola Xoan, moi boa a tua entrada! paréceme moi curioso este tema, xa que son arañas sociais, que en estado normal non abandonarían o seu niño. Tamén lin que as larvas incluso poden usar as arañas como medio de transporte. Chámame moito a atención saber como é capaz de controlar o seu cerebro, aínda que polo que lin, din que pode ser por unha inxeccion de hormonas, o que provocaría que a araña pensase que está nunha etapa distinta da su vida ou que marche da sua propia colonia. A ver se se sigue investigando sobre este tema xa que teño moita curiosidade!
Domingo 6 de Xaneiro do 2019 ás 10:47 pm
Xoan moitas noraboas pola tua entrada e pola investigación que fixeches. Debido a ela comecei a investigar o asunto, e o incrible e que non só afecta a arañas, senón que tamén atopei estudos nos que se demostra que ese mesmo parasito pode parasitar a un caracol. Neste caso os ovos ao parasitar non comen directamente a o caracol senón que o controlan e fan que este se intente aparear con outro caracol para asi ter infectados aos dous. Pero neste caso non seria un zombie, senón como un “minion”. Aínda por enriba algúns países están intentando averiguar como ai o parasito e asi intentar comezar a desenvolver o control mental. Pero moitas noraboas Xoan, xa que fixeches que en min despertase unha necesidade de buscar máis coñecementos
Luns 7 de Xaneiro do 2019 ás 10:22 am
Paréceme moi interesante esta noticia, porque como el di, se isto pasara cos humanos podería chegar a unha apocalipse. Esta avéspora debería ser investigada para, se nalgún momento infecta a unha persoa poder estar preparados con un antídoto ou algo similar. Tamén é moi curioso como controla as accións da araña,
se se descubre poderíanse chegar a facer algún tipo de descubrimento co que nos poidamos controlar a outros animais ou seres vivos?
Luns 7 de Xaneiro do 2019 ás 3:32 pm
A noticia e moi curiosa e interesante, e raro como a avéspora controla a araña como se fose un robot, lin que a avéspora consigue dominar o seu cerebro porque lle inxecta hormonas e con eso consigue dominar a araña, primeiro a araña vaise do seu fogar, despois a araña fai redes de casullos e ao acabar queda inmobilizada e fai que a avéspora a poida comer. E raro que pase eso porque esa araña e unha araña social e despois de que a avéspora domine o seu cerebro marxínase, eu non sei se un parasito tamén me pode controlar a min eu espero que non, o bo que esa avéspora vive no Amazonas, e non aquí,pero poden acabar aquí como as avespas asiáticas así que hai que ter coidado, ademais esas arañas cando se “converten en zombie” non son bonitas porque teñen a larva enriba súa e parece un zombie.
Luns 7 de Xaneiro do 2019 ás 6:09 pm
Que noticia tan interesante! Xamais me imaxinara que una avespa puidera facer algo así, oxalá non pase coma coas asiáticas e estas avespas cheguen a España! Non me podo chegar a imaxinar que estragos podería causar, se nos puideramos ser controlados igual que as arañas. Pregúntome se os científicos xa estarán investigando sobre isto e experimentando en outros animais para ver se estes poden ser controlados igual que as arañas.
Luns 7 de Xaneiro do 2019 ás 8:45 pm
Sen dúbida esta avespa é un ser interesante, xa que pode nos pode suscitar preguntas do tipo: ¿Pódelle isto pasar a un ser humano? Porque se fora así terei coidado de acercarme a unha. Pero eu creo que non, xa que entre unha persoa e unha araña hai moita diferenza. Polo tanto, o mecanismo que tardou sabe deus cantos anos en desenvolverse non poderá cambiar da noite a mañá. Aínda así, é interesante saber que tales seres puidesen existir, xa que, o que as veces cremos ciencia ficción pode ser máis real do que parece…
Luns 7 de Xaneiro do 2019 ás 11:05 pm
Paréceme interesante como un insecto, sendo más específicos unha avespa poida controlar desa maneira a araña depositando unhas larvas no seu interior, lendo esta noticia penso que se esa avespa pode controlar outros seres vivos ademais da araña como un cempés,mantis un paxaro ou incluso a un ser humano se puidesen sería un gran problema
Martes 8 de Xaneiro do 2019 ás 9:02 am
Ola Xoan, o teu post paréceme moi interesante xa que o feito de que unha cría desta avéspora parasita poida controlar o corpo dunha araña xa algo mais desenvolvida, isto faime pensar si este parasito se desenvolveu só para controlar esta araña co fin de conseguir esta rede especial ou si seria capaz de controlar outros seres vivos.
Martes 8 de Xaneiro do 2019 ás 7:19 pm
Ola Xoán, o teu post chamoume a atención xa que a idea de que un ser vivo pouco complexo como a avéspora poda realizar unha acción tan complexa como manipular as accións dunha araña. Actualmente é pouco probable que este feito prodúzase a maior escala, pero dá que pensar en que modo nos pode afectar no futuro. Moitas noraboas Xoán o teu traballo intrigoume moito.