AREA NEGRA NAS COSTAS GALEGAS

Compañeiros e compañeiras, a pouco máis de 100km das nosas casas en Cedeira, atópase unha praia moi peculiar, composta por area negra non volcánica.

imagen

Atópase na Serra da Capelada, onde están os acantilados máis altos da Europa Occidental; destaca o contraste entre o negro e o verde da natureza. É a única praia do mundo composta por area negra non volcánica; a cor débese a que son rochas ultramáficas (cor negro) baixas en sílice e cun alto contido en magnesio e ferro.  A praia ten un difícil acceso, pero os animais salvaxes da zona fan que se  manteñan os camiños semiabertos. Recoméndase non ir a praia porque ten un perigoso acceso e  no caso de ir, tense que levar un guía experto, porque é moi doado perderse.

 Coñeciades a existencia desta praia? Gustaríavos ir?

 INFORMACIÓN: Encontrei un vídeo na Voz de Galicia, pero despois busquei na páxina web galiceando.

 

Tags: , ,

11 Respostas a “AREA NEGRA NAS COSTAS GALEGAS”

  1. antia.br Dixo:

    Non é de estrañar que en Galicia se atopen formacións xeolóxicas únicas no mundo, e aquí temos un exemplo. Eu penso que se deberían investigar as razóns polas que só se atopan nesa praia ese tipo de areas; e posteriormente facela máis accesible para que todos os que queiran poidan desfrutar desta marabilla da natureza. Eso si, teríase que facer dunha maneira ordenada e respectuosa co medio para evitar que se dane, e que así todos poidamos acceder a esta praia sen esnaquizar esta bonita estampa.

  2. hugo.b.br Dixo:

    É incrible que en Galícia poida haber unha praia destas características xa que estamos acostumados a que ese tipo de paisaxes sexan típicos de lugares como por exemplo as Illas Canarias. A verdade é que descoñecía totalmente a súa existencia. Realmente é unha pena que estea nun lugar tan pouco accesible xa que penso que sería un bo reclamo turístico por ser algo tan difícil de ver en Galicia.

  3. mateo.br Dixo:

    Interesante lugar. Non o coñecía, este post despertoume a curiosidade. Penso ir en canto teña ocasión. Se temos tan preto da nosa casa a única praia de area negra non volcánica do noso planeta, non podemos deixar de visitala.
    Algunhas veces visitamos lugares lonxanos e vimos admirados, sen decatarnos de que moi preto de nós temos lugares curiosos, fermosos, únicos…
    Non só a praia, tamén facer un percorrido polos cantís máis altos da Europa Occidental ten que ser toda unha experiencia.

  4. sofia.br Dixo:

    Eu non coñecía a existencia desta praia pero a verdade é que parece un lugar moi interesante ao que ir. Este artigo é relevante posto que nel explícase por que esa area que parece formada por rochas volcánicas a simple vista, non está formada desa maneira nenos dunha moi distinta. Isto faime pensar que é unha praia moi inusual que temos que preservar posto que é a única do mundo composta por area negra non volcánica.

  5. maria.br Dixo:

    Ola Arian, pareceume moi curioso a existencia desta única e singular praia galega. A partir do teu post investiguei algo máis a cerca disto, pero apenas hai información que ti non deras, aínda así lin que por esta zona encontrábase tamén un val glaciar orixinado porque no pasado o clima era distinto debido a distancia da liña de costa antigamente. Chámame bastante a atención a cantidade de tesouros naturais que encóntranse tan preto uns dos outros. Tamén gustaríame saber cal é o motivo da aparición das rochas ultramáficas nesta praia.

  6. beatriz.v.br Dixo:

    Ola Arian, non sabía nada de esta praia, Paréceme incrible que sendo algo tan único e estando tan preto non soubera da sua existencia. Encantaríame visitala, é unha pena que o seu acceso sexa tan arriscado, aínda que penso que isto tamén axudara a conservala intacta, e nos meses de verán hai rutas para visitar a praia.
    Debe de ser un paisaxe fermoso coa area negra e os grandes acantilados cubertos de verde.
    Deixáchesme coas ganas de seguir investigando para atopar mais sitios asi de únicos en Galicia

  7. sara.g.br Dixo:

    Saúdos Arian, moitas grazas polo teu post, xa que non coñecía a existencia deste tipo de praia, e moito menos tan preto dos nosos fogares. Ao meu parecer é un lugar fermosísimo que hai que visitar. Un dos datos que me sorprendeu do teu post é que a area desta praia non é volcánica, pareceume un dato curioso xa que a única praia do mundo con estas características, está moi preto de nós e non temos constancia disto. Deberíamos valorar moito mais estes recunchos da nosa terra. Estiven investigando sobre esta praia pero creo que non hai nada máis que engadir ao teu post.

  8. manuel.c.br Dixo:

    Xa oíra falar desta peculiar praia pola súa area tan diferente. Estamos ante outra marabilla máis das costas galegas pero que por desgracia moi pouca xente visita, eu son un deles. É certo que é moi perigoso ir pero creo que valería a pena o risco que supón. Deberíanse organizar máis viaxes para coñecer a nosa terra e poder valorar así a gran riqueza na paisaxe de Galicia. Por suposto que me gustaría ir e gustoume moito a túa noticia.

  9. angela.br Dixo:

    Saber de esta praia é alucinante.
    Eu descoñecía pero irei con unha guía sin dubidalo. Pero con esta noticia é posible pensar que a cor procede do chapapote que Galicia foi perseguida, durante 15 anos. Deixando así un sucio rastro debido aos desastre medioambiental na historia de Galicia xa que agora hai rochas na franxa do litoral tinxidas de negro por caso dos restos do vertido de Prestige, no falar de este caso. A maiores a noticia ten que servir e a súa vez tamén che pode interesar para estudar as rochas, os minerais.. e así poder valorar outras costas galegas e aplicar todo no teu día a día.

  10. laura.a.br Dixo:

    Paréceme interesante a túa noticia porque eu non coñezo esta praia ,nin nunca estiven en ningunha de area de cor negra. Na miña opinión creo que a súa cor pode ser a causa dos minerais de esa zona e da vexetación que a rodea. É estaría interesante ir visitala e que alguén nos explicase o porqué de esa cor.

  11. noelia.br Dixo:

    Arían a tua noticia peréceme moi interesante, de feito eu non sabia da existencia desta praia, é unha pena que non se poida facer da mellor das maneiras por que de ser así a xente iría con frecuencia, eu se teño oportunidade gustaríame ir por que debe de ser alucinante velo, debe de ser un dos mellores acontecementos da historia , e dos galegos sen dubida o mellor e seria un bo lugar para pasar un dia e aproveitalo dunha das mellores maneiras que pode haber.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.