Un coxín para embarazadas?
Pois si, creouse un coxín para embarazadas… Este coxín permite corrixir a forma incorrecta do feto. Como xa sabedes, moitas veces, os fetos, en vez de estar cara a parte inferior que sería moitísimo máis fácil de saír ao exterior, están cara a parte superior co cal é moito máis difícil e ademais necesitase axuda de instrumentos cirúrxicos ou a cesárea. Tamén, este coxín permítenos dilatar máis, xa que a moitas mulleres cústalle moito.
Este coxín pódese utilizar durante os últimos tres meses do embarazo ou no paritorio. Consiste nun decúbito natural, é dicir, nunha postura que hai que estar tumbada de lado con unha perna cara arriba (encima do coxín) e a outra perna abaixo ca xeonllo virada cara o inferior.
Este coxín foi un gran avance en canto os partos, xa que non estaban seguros se iba funcionar. Unha muller, chamada Mariona, cando iba a parir descubriron que o feto estaba cara arriba…Estivo dez horas no paritorio e dúas co coxín…Ao cabo de 120 minutos, o feto deu a volta necesaria e permitiu que Mariona tivera un “tranquilo” parto vaxinal.
Esta innovación foi creada por unha matrona, chamada Vanessa Bueno. Tamén nos conta que grazas a este coxín que lle puxeron o nome “Easysims”, reduciu moitas cesáreas xa que se producían menos complicacións e foron todos os partos máis rápidos. Ademais, cóntanos que podemos ter estes coxíns en todas as instalacións!!!
Penso que este coxín pódenos sacar de moitos apuros, xa que ningunha de nós nos gustaría que o noso parto tiveran que intervir instrumentos cirúrxicos ou facernos unha cesárea…Tamén queres que o teu feto teña máis espazo, que estea máis cómodo e sobre todo que estea cara abaixo para que se faga máis fácil a hora de parir. Ademais, é un gran avance para a ciencia, xa que nos tranquiliza de pasalo mal, de que haxa complicacións e de que o feto veña nunha posición inadecuada.
Pensades que vai ser utilizado para mellorar todas as complicacións do parto? Creedes que é un obxecto útil? Que opinades desta innovación?
Fonte: El mundo
Tags: décubito natural, feto, parto
Mércores 26 de Decembro do 2018 ás 6:39 pm
Pois Sandra, esta é unha noticia moi interesante. Tal e como xa dixeches este novo invento pode evitar moitas complicacións á hora do parto, evitará moitas cesáreas e permitirá que moitas mulleres teñan o parto natural que desexan. Ademais eu penso que este coxín, ao non estar construído á base de materiais moi exclusivos e caros, pode ser asequible para todos os hospitais e así todas as mulleres terán a oportunidade de mellorar a posición do feto e ter un parto máis relaxado.