As cores de Serra Nevada
Compañeiras/os na miña opinión esta noticia paréceme interesante porque estamos acostumados a ver Serra Nevada cuberta de neve e non coa súa vexetación e as súas rochas sen manto branco que define.Polo que conta a noticia danse a coñecer moitas rochas de distintos cores e distintos tipos que se van formando ao longo dos anos.
A min gustaríame facer unha ruta de sendereismo por esa zona da montañas porque ten unha gran variedade de fauna e flora.
Podiades imaxinarvos que Serra Nevada tiña tanta variedade de rochas? Pensades que a neve que as cubre ao longo do inverno ten algo que ver para que lles de estas cores ?
https://www.granadahoy.com/vivir/Sierra-Nevada-petricolor_0_1196280805.html
Tags: Cor, rochas, vexetación
Xoves 10 de Xaneiro do 2019 ás 4:42 pm
Laura,a túa noticia paréceme interesante polo descubrimento de rochas que se atoparon nesa nesa zona que sempre estábamos acostumados/as a vela sempre cuberta de neve. Respecto as túas preguntas, a verdade é que non imaxinaba que houbera tanta variedade de rochas e tamén creo que a neve pode influír nas distintas cores que teñen esas rochas. A min tamén me gustaría visitar esa zona para poder ver a variedade máis de cerca.
Xoves 10 de Xaneiro do 2019 ás 10:37 pm
Na miña opinión estou de acordo con Laura, e moi interesante porque se pode ver as diferentes clases de rochas de Serra Nevada pero, neste tempo, estase na procura de solucións por que a falta de neve nestas datas chega a ser moi preocupante dado que esta anomalía é debida ao cambio climático.
Venres 1 de Febreiro do 2019 ás 5:23 pm
Cando vin a imaxe, o primeiro que se me pasou pola cabeza foi que sería preto das Médulas, en León, pero cando lin que era Serra Nevada, sorprendeume moito. Nunca imaxinei que estaría composto por esa gran variedade de rochas como pode ser o mármore, a cuarcita ou a areísca. Como di Laura encantaríame ir a facer senderismo pola zona, solo que nas dúas épocas do ano para poder ver as diferenzas e poder comparalas.