Atopan unha nova estrutura no noso ADN distinta á da “dobre hélice”
O modelo da dobre hélice estudado durante tantos anos como a única forma de organización do ADN nas células xa non está só. Un equipo de biólogos australianos acaba de descubrir que o noso ADN se organiza en outras estruturas máis complexas e que ata o de agora só se manifestaran en mostras de laboratorio. Este estudo publicado na Nature Chemistry describe como ”nudo retorcido” de ADN a nova forma, e confirma que o deseño do noso código xenético é moito máis complexo do que se cría.
O novo compoñente recibe polos científicos o nome de “motivo intercalado” e xa fora descuberto na década dos noventa, pero solo fora visto in vitro e nunca en células vivas como é o novo caso.
A partir deste descubrimento os investigadores deberán prestar moita máis atención a esta nova estrutura e ao seu papel na bioloxía das nosas células.
Tendes algunha idea de que son estas novas estruturas? E para que serven?
Fontes: ABC
Tags: ADN, célula, código xenético, dobre hélice
Venres 30 de Novembro do 2018 ás 11:31 pm
Cando eu estudei o ADN, a estrutura que me ensinaron foi a da dobre hélice deseñada por Watson e Crick, por iso ao ler este noticia chamoume a atención o feito de que a estrutura deste sexa máis complexa. Para conseguir obter unha estrutura aproximada á que en realidade ten o ADN débese investigar en profundidade e débense posuír os microscopios e materiais necesarios que seguramente teñen un custo moi elevado e que necesitan un financiamento axeitada, e así poder continuar investigando diversas cousas que acadarían resultados moi positivos para todos nós.