O papel “escuro” das mitocondrias
As mitocondrias son esenciais para o organismo, pois son as responsables de obter a enerxía que precisan as células mediante a respiración celular. Pero, son tamén prexudiciais?
Como mostra, mediante video, un estudo dirixido por investigadores da Universidade Monash (Australia), a destrución das mitocondrias fai liberar o ADN mitocondrial, que é moi parecido ao bacteriano. Esta similitude pode explicarse coa teoría da simbiose, que dí que as mitocondrias foron na súa orixe bacterias que, tras ser engulidas polas células eucariotas, quedáronse a vivir no seu citoplasma. O ADN mitocondrial é inofensivo sempre e cando estea dentro da mitocondria. Sen embargo, una vez a célula se ve destruída, o ADNmt libérase ao medio extracelular, donde será identificado polo sistema inmunitario como un patóxeno invasor. Cal é o resultado disto? Pois una resposta inmune similar á que ten lugar nas enfermidades inflamatorias e autoinmunes.
Que vos parece este descubrimento? Servirá nun futuro para facer novos fármacos para as enfermidades autoinmunes?
Fontes da noticia:
Tags: ADN, autoinmune, bacterias, células, mitocondria, simbiose
Mércores 23 de Maio do 2018 ás 8:11 pm
Moi interesante noticia Alba. Moi clara e concisa. É o noso corpo perfecto? Case. É comprensible que detecte ao ADNmt como un patóxeno invasor xa que ca información que recibe o noso sistema inmunitario todo apunta a que diso se trata, pero neste caso concreto equivócase. Aínda que sería peor que non fixera nada ao detectalo e no caso de que de verdade fora un patóxeno invasor o noso corpo non o atacara. Este descubrimento supoño que impulsará aos científicos a buscar unha solución a este problema. Veremos se pronto o conseguen
Xoves 24 de Maio do 2018 ás 7:29 pm
Unha noticia moi interesante e que fai pensar o papel positivo e negativo que desempeñan estes orgánulos no noso corpo. Como dicía Alba, as mitocondrias son esenciais para o noso corpo, xa que sen elas non se produciría a enerxía para realizar a respiración celular. O que me pareceu moi sorprendente e que por destruír unha mitocondria e unha célula, o ADN mitocondrial se comporte coma un patóxeno.
Respondendo a pregunta de Alba, paréceme un descubrimento moi positivo para o avance científico e penso que si que servirá para facer novos fármacos para enfermidades autoinmunes, para iso deben continuar coa investigación sobre estes patóxenos.
Xoves 24 de Maio do 2018 ás 9:09 pm
Gustoume moitísimo esta noticia! Nunca pensei que as mitocondrias podían ser na súa orixe bacerias. Este descubrimento pode axudar moítisimo na investigación de moitas destas enfermidades e axudarnos a saber máis delas, das súas causas e dos seus efectos, o que é importantísimo para comezar a busca de métodos para previlas ou tratalas.