Un novo material para transformar enerxía solar a un prezo “case regalado”

Denomínase Perovskita e, grazas as súas prometedoras propiedades, permitirá fabricar células fotovoltaicas máis eficientes e baratas sen algunhas das desvantaxes que ten o silicio, o material máis usado na actualidade nos paneis solares. Este estraño mineral é relativamente difícil de encontrar no codia terrestre e foi descuberto por primeira vez no ano 1839 durante unha expedición do xeólogo alemán Gustav Rose polo montes Urais, o cal nomeo esta peculiar estrutura cristalina en honor ao famoso mineraloxista ruso Lev Perovski(1792-1859). A principal facultade deste mineral é que, a diferenza doutras redes cristalinas, pode estar constituída por un amplo mosaico de compostos químicos tantos orgánicos como inorgánicos, o que lle permite absorber moi ben a luz e  faino un bo condutor. Esta propiedade fixo que o interese da comunidade científica por esta rede cristalina híbrida fora aumentando progresivamente nos últimos cinco anos. Na actualidade, utilízase a base química deste mineral para producir novos exemplares de Perovskita en laboratorios de investigación de todo o mundo.

 

 

imagen

 

O material en si mesmo é moito máis fácil e barato de fabricar que o silicio porque o seu proceso de cristalización é sinxelo e empréganse materiais que non son caros. Para obter unha lámina de perovskita nun laboratorio mestúranse dous sales, normalmente Ioduro de chumbo e Ioduro de metilamonio sobre un placa delgada de vidro e quéntase a 100 graos centígrados durante 60 minutos. Ademais, o material é moi tolerante aos defectos, é dicir, non necesita unha calidade excelente, a diferenza doutros materiais semicondutores como o silicio, que requiren unha estrutura perfecta porque a presenza de defectos limita as súas posibilidades de semicondutor. A pesar das limitacións que aínda presenta, converteuse nun dos materiais máis interesantes que están a ser investigados na actualidade e considérase un dos avances máis prometedores para mellorar a vida dos cidadáns e transformar os procesos industriais. A eficiencia das celas solares aumentou rapidamente en poucos anos xa que a primeira cela de perovskita que se fixo tiña unha eficiencia do 3%. Hoxe en día superouse o 20% e fai cinco anos era inferior ao 8%, convertendo esta tecnoloxía na de maior rendemento ata a data. Con todo, as celas de perovskita  lles falta moito para saíren ao mercado debido a que son aínda unha tecnoloxía incipiente que segue a presentar moitos problemas sen resolver. O problema máis grave está relacionado ca estabilidade da súa estrutura. Ao parecer, os dispositivos necesitan ser moito máis estables fronte á humidade, a presenza de osíxeno e a temperatura. Non é estable cando se expón á luz, o que supón un problema moi serio porque o seu principal uso é para fabricar celas solares. Mentres un panel solar de silicio ten agora unha vida de 25 ou 30 anos, a perovskita ben encapsulada pode durar uns catro meses, pero logo degrádase. Por outra banda, tamén se presentou unha liña de investigación con máis posibilidades a curto prazo, que consiste en combinar as celas de perovskita coas de silicio en dispositivos tándem que poidan absorber unha parte máis ampla do espectro electromagnético para lograr que sexan máis eficientes, é dicir, aproveitar as vantaxes de ambos para conseguir mellores resultados. Con todas as súas vantaxes e inconvenientes, está nova tecnoloxía levantou moita espectación ao seu redor e non son poucas as empresas que xa amosaron o seu interese por introducila no mercado tan pronto como para 2020.

Que pensades sobre este novo material e o súa posible aplicación na obtención de enerxía eléctrica? Que importancia creedes que pode ter para o medio ambiente esta noticia?, e para nós? Que outras fontes de enerxía renovable coñecedes a parte da solar? Saberiades explicar cal é o mecanismo de funcionamento dunha placa fotovoltaica?

URL de noticias relacionadas co post:

http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2018/01/29/5a64c234268e3e497a8b4601.html

https://www.technologyreview.es/s/3709/un-material-para-generar-energia-solar-precio-casi-regalado

 

Tags: , ,

Unha resposta a “Un novo material para transformar enerxía solar a un prezo “case regalado””

  1. martin.p.br Dixo:

    Polo que entendo do artigo, a perovskita de momento non é rendible. Degrádase pronto, moito antes que o silicio, polo tanto moito terán aínda que investigar para poder utilizala. Que sexa máis económica terá que compensar a súa vida útil. A liña de combinalo co silicio penso que é moi interesante tal e como di o artigo “aproveitar as vantaxes de ambos para conseguir mellores resultados”.
    O funcionamento das placas fotovoltaicas en xeral sería:

    A radiación solar (os fotóns) inciden sobre a placa fotovoltaica, e as células del panel fotovoltaico converte a radiación en electricidade, en corrente continua.
    A corrente e convertida en corrente alterna que entra na caixa da vivenda e de aí aos aparatos.

    Os beneficios desta enerxía son moitos: é renovable, inesgotable, non contamina, evita o quentamento global, xera riqueza e emprego…

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.