Novas: máis perto do que esperábamos?
Antes de empezar a falar da noticia principal, débese ter claro a diferencia entre “nova” e “supernova”.
-As novas son un fenómeno frecuente na Vía Láctea, e actualmente calcúlase que hai 35 cada ano. Ocorren cando unha anana branca (estrela colapsada por falta de hidróxeno) se xunta nun sistema binario con outra estrela e lentamente lle rouba o gas das súas capas externas, utilizando ese gas para as fusiones termonucleares, o que causa que brille máis do normal.
-Cando estas ananas brancas absorben demasiada masa e superan o límite de Chandrasekhar, proceden á fusión instantánea de todo o seu núcleo: isto dispara unha cadea de explosións termonucleares (supernova) que destrúe a estrela expulsando todo o material que a formaba e posiblemente formando un “burato” negro.
Nova/sistema binario Supernova
Agora que (espero) o entendestes, conto a noticia:
Detectouse unha nova a 200.000 anos luz da Terra, nunha galaxia veciña. Creen que é a nova de unha das ananas brancas más luminosas de todos os tempos.
Grazas a que, aparte de luz visible, as novas emiten grandes cantidades de radiación en forma de raios UV e raios X, os astrónomos puideron analizar a temperatura e a composición química de este obxecto.
«Os datos de raios X mostraron que a masa da anana branca está cerca do máximo teórico: a acreción de máis material podería facer que acabara destruída en forma de supernova», dixo nun comunicado Kim Page, investigador na Universidade de Leicester e coautor do estudio.
Sabedes algo máis do universo? Esqucín algo na noticia? Contádeo nos comentarios.
Fuente principal: http://www.abc.es/ciencia/abci-detectan-explosiones-nova-mas-luminosas-todos-tiempos-201710130232_noticia.html
Domingo 4 de Marzo do 2018 ás 6:37 pm
Esta noticia, pareceume moi interesante, pois todo o relacionado co Universo o é. Como vemos na noticia a continua investigación por parte dos científicos é moi importante, e continuamente vemos novos avances e novos descubrimentos. Ademais para chegar a este descubrimento seguro que fixo falta a máis avanzada tecnoloxía, outro exemplo de que a ciencia e a tecnoloxía van da man e as dúas teñen que avanzar á par.