Son as moscas tan inofensivas como pensamos?

   As moscas, si, esas molestas criaturas que revolotean sempre cerca da túa cara. Son pesadas, si, pero poden ser máis perigosas do que pensábamos. ¿Como? Ao transportar patóxenos daniños para o ser humano. Segundo un estudio do microbioma de 116 moscas e moscardóns de tres continentes diferentes, un grupo de investigadores liderados por Donald Bryant, descubriron que, en algúns casos, estas moscas portaban centos de especies diferentes de bacterias, moitas das cales son daniñas para os humanos. Debido a que as moscas a miúdo viven cerca nosa, os científicos sospeitan que desempeñan un papel na propagación de enfermidades. Según Bryant, nas patas e nas ás é onde  hai maior diversidade microbiana no corpo da mosca, o que suxire que as bacterias utilizan as moscas como lanzadeiras.” É posible que as bacterias sobrevivan á viaxe, crezan e se estendan sobre unha superficie nova”. De feito, o estudio amosa que cada paso de centos que da unha mosca deixa unha pista de colonia microbiana, así, a nova superficie soporta o crecemento bacteriano.

                             mosca.jpg - 83.36 Kb

Os moscardóns e as moscas domésticas, ámbalas dúas especies de moscas carroñeiras, a miúdo están expostas a materia antihixiénica porque usan feces e materia orgánica en descomposición para alimentar as súas crías. Alí poderían recoller bacterias que actuarían como patóxenos para os seres humanos, plantas e animais. Sorprendentemente, as moscas recolectadas en cortes do gando portaban menos patóxenos que as de ambientes urbanos, o que indica que o potencial para que as moscas transmitan enfermidades pode aumentar cando hai máis persoas presentes.

A min sorprendeume a noticia, xa que non me esperaba que criaturas coas que convivimos diariamente poidan transmitir certas enfermidades. Aínda así, non creo que sexa para tanto nin que causen ningunha enfermidade grave. Vos que opinades?

Fontes; Quo

 

Tags: , ,

2 Respostas a “Son as moscas tan inofensivas como pensamos?”

  1. antia.br Dixo:

    Eu opino que as moscas ademais de ser moi pesadas, si que poden chegar a transmitir unha enfermidade grave. Tal e como se explica na noticia, as moscas utilizan a materia orgánica para alimentar ás crías, e así transportan patóxenos e pódennos contaxiar de moitas enfermidades, algunhas delas graves. Aínda que tamén nos poden transmitir enfermidades doutros países, ao viaxar dun lugar a outro, e poden facer que unha enfermidade que aquí non había, pase a ser habitual no noso territorio.
    Unha das cousas que máis me sorprendeu desta noticia foi que as moscas que se recolectaran xunto ao gando portasen menos patóxenos que as recolectadas nunha zona urbana. Unha noticia moi sorprendente!

  2. maria.p.br Dixo:

    Xa sabiamos que as moscas nos puideran transmitir enfermidades, xa que nas súas ás e nas súas patas portan moitos tipos de bacterias que algunhas son daniñas para o ser humano, e poden causar que se propaguen enfermidades en nós. As bacterias están presentes nas moscas porque sitúanse en sitios antihixienicos para coller materia orgánica e alimentar as súas crías.

    Penso que, son organismos en moita cantidade, por riba de todo cando chega o bo tempo,e que poden transmitir variedade de enfermidades xa que veñen de diferentes partes do mundo e de lugares pouco hixiénicos.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.