Godwana;un continente baixo illa Mauricio

Un grupo de científicos encontraron no océano Índico algúns restos dun posible continente que se desintegrou hai 200 millóns de anos.

 

imagen

 

Este descubrimento levouse a cabo grazas ao achado duns minerais de fai 3000 millóns de anos sobre a superficie desta illa. Os científicos chegaron á conclusión de que non era normal que se atoparan minerais con tanta antigüidade nun lugar tan recente. Así concluíron que se trataba dunha pequena peza do antigo continente que se rompeu dende a illa de Madagascar, cando África, a India, Australia e a Antártida se separaron formando o océano Índico.

O xeólogo Ashwal di que o feito de ter encontrado minerais tan antigos en Mauricio demostra que alí “ existen materiais da codia terrestre moito máis antigos que soamente puideron orixinarse nun continente”. Tamén sostén que a ruptura implicou “ unha fragmentación complexa que tivo lugar con fragmentos de codia continental de varios tamaños deixados á deriva dentro da conca do océano Índico en evolución”

 

Este descubrimento danos información sobre os mecanismos das placas tectónicas e sobre os epicentros oceánicos novos.

 

 

FONTE: EL ESPAÑOL

 

 

Tags: , ,

2 Respostas a “Godwana;un continente baixo illa Mauricio”

  1. antia.br Dixo:

    Paréceme moi interesante esta noticia, o feito de que as investigacións dos minerais permitan descubrir un antigo continente é moi sorprendente. Ademais, o contido desta noticia está moi relacionado co que estivemos vendo este trimestre na clase, dedicado a xeoloxía, a teoría da deriva continental de Wegener, os movementos das placas e as consecuencias destes, o estudo dos minerais e das diferentes rochas,etc. Sen dúbida unha noticia impactante, que espero que faga que sigan investigando porque, quen sabe se hai máis continentes antigos agochados?

  2. alba.c.br Dixo:

    A noticia da miña compañeira Aroa pareceume moi interesante, por iso decidín buscar máis información. E isto foi o que atopei:
    Os restos encontrados baixo o océano Índico (e sobre a illa de Mauricio) son un pedazo de codia que foi posteriormente cuberta por lava nova durante as erupcións volcánicas na illa. Como ben dixo Aroa, os científicos cren que se trata dunha pequena peza do antigo continente, que rompeu desde Madagascar, cando África, a India, Australia e a Antártida se separaron. O xeólogo Lewis Ashwal e os seus compañeiros descubriron que un mineral, os circonio, atópase nas rochas expulsadas nas erupcións volcánicas, e que dito mineral é moi antigo para pertencer á illa. Así é como chegaron á conclusión de que a illa de Mauricio tivo que formar parte dun continente fai millóns de anos.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.