Os volcáns “xeados” da Antártida

A superficie da Antártida está composta pola maior capa de xeo que existe no Planeta, contén o 90% da auga doce do mundo. A pesar diso, e por sorprendente que pareza, existen numerosos volcáns durmidos baixo a capa de xeo, uns volcáns que, si espertaran, terían grandes consecuencias sobre o noso Planeta. A pesar de que xa hai moito tempo que se coñece a existencia destes, os científicos acaban de descubrir 100 novos volcáns.

  • Que evidencias hai da actividade destes volcáns no pasado?

Mirando cara ao pasado, relacionáronse dous feitos: o fin da última idade de xeo e a erupción dun volcán da Antártica. O que ocorreu foi que dito volcán expulsou nas súas erupcións uns elementos chamados halóxenos (os cales son capaces de consumir o ozono) que provocaron un antigo burato na capa de ozono, o que fixo que se quentase o hemisferio sur facendo que os glaciares se derretesen e provocando o fin da idade glaciar. Que ocorrese de novo un feito similar non é moi probable, mais tampouco é imposible.

  • Que tería que pasar para que ocorrese un feito como o do pasado?

Un ou varios novos volcáns terían que entrar en erupción cerca das chamadas correntes de xeo, que son ríos de xeo que transcorren a unha velocidade moito maior que  o que se atopa ao seu redor. Cada vez que un dos volcáns entrase en erupción, a capa de xeo volveríaese lixeiramente máis fina, o que incitaría a que dunha forma cada vez máis habitual entraran en erupción máis  e máis volcáns. Este efecto dominó produciríase porque unha vez que un volcán entra en erupción, a súa cámara magmática queda presurizada, é dicir, manteñen a presión; ao mesmo tempo, a capa de xeo impide que os gases saian ao exterior, mais, se a capa se fai máis fina cada vez que un dos volcáns entra en erupción, espertarían moitos máis. En resumo, o que máis debía preocuparnos é o feito de que tan só con que uns poucos volcáns subglaciares, con poucas décadas de diferencia entre eles, entraran en erupción, abondaría para se producira un gran desxeo.

  • Cales serían as consecuencias?

Evidentemente as maiores consecuencias serían para o clima terrestre. No caso de que un dos volcáns fora tan grande que a parte superior do edificio volcánico sobresaíra do xeo, e este entrara en erupción, moitos halóxenos serían liberados cara o ceo, o que podería provocar un maior deterioro da capa de ozono, contribuíndo así a que o quentamento global aumentase e se acelerara o desxeo dos polos. No caso de que os volcáns que explotaran fosen subglaciares tamén habería un gran risco, debido a que a capa de xeo se volve cada vez máis fina; se ademais estes volcáns se atopan cerca de ríos de xeo, o derretemento do xeo produciríase cunha maior velocidade, facendo que o volume dos océanos aumentara bruscamente. Ben é certo que é pouco probable que algún destes sucesos ocorra, mais non é imposible e, se non coidamos o planeta, o risco aumenta dunha maneira considerable.

 

imagen

Fontes:

 

  • https://elpais.com/elpais/2017/09/11/ciencia/1505120475_416788.html

 

  • https://www.xataka.com/ecologia-y-naturaleza/acabamos-de-descubrir-casi-un-centenar-de-volcanes-nuevos-escondidos-en-la-antartida

 

  • http://www.fogonazos.es/2017/09/y-si-despiertan-los-volcanes-bajo-la.html
 

Tags: , , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.