Os volcáns empuxaron ao colapso ao Antigo Exipto.

Como todos sabemos, a fame, a inestabilidade interna e o acoso dos romanos acabaron co Antigo Exipto, coincidindo co suicidio de Cleopatra VII no 30 a.C.. Toda esta inestabilidade comezou no 43 a.C. cando o Nilo non medrou, gran problema xa que todo o sistema exipcio dependía desta crecida anual.

Actualmente, una complexa investigación estuda o por que do comportamento do Nilo por aquel entón. Todas as probas recollidas sinalan a unha redución das precipitacións na planicie ecuatorial africana e na meseta etíope, nas fontes do Nilo, que eran as que provocaban as crecidas que mantiñan o Antigo Exipto. Os maiores sospeitosos son as erupcións volcánicas.

As erupcións volcánicas emiten grandes cantidades de gases sulfurosos á estratosfera, onde se oxidan formando pequenas partículas (aerosois de sulfato). Estes reflicten a luz solar incidente de volta ao espazo provocando que chegue menos enerxía á superficie. Esto causa un arrefriamento, menos evaporación e menos potencial para a chuvia. Erupcións preto da cunca do Nilo puideron provocar este fenómeno desencadeando consecuencias no Antigo Exipto. Pero tamén poderían ser erupcións volcánicas no hemisferio Norte as responsables da seca no Nilo. O arrefriamento  pola erupción nesa parte do globo afectado puido provocar ventos cara o Sur creando unha zona de converxencia intertropical (rexión onde ventos de ambos hemisferios de atopan). Polo tanto, os ventos monzónicos non chegarían  a terras altas etíopes onde o Nilo Azul debería encherse de auga.

Esto dáme que pensar, como esta civilización tan avanzada non atopou una alternativa ou saída a esta situación? Que vos pareceu a noticia?  Credes que houbo máis factores que contribuíron na desaparición desta sociedade?

Fonte:    https://elpais.com/elpais/2017/10/17/ciencia/1508227377_259419.html

 

Tags: , , ,

Unha resposta a “Os volcáns empuxaron ao colapso ao Antigo Exipto.”

  1. guillermo.a.br Dixo:

    Unha noticia moi interesante, cunha breve, pero moi esclarecedora introdución histórica sobre cales foron as causas principais da desaparición dunha das civilizacións máis prósperas e avanzadas da idade antiga.
    Nesta post relacionase o fin desta gloriosa civilización ca erupción dunha serie de volcáns no século I antes de Cristo que lanzaron grandes cantidades de gases sulfurosos a atmósfera que, por dicilo dalgunha maneira, “taparon o ceo” e impediron que se filtrase a luz solar cara a superficie terrestre, producindo una baixada global das temperaturas que, a súa vez, impediron as crecidos anuais do Nilo. Isto deu lugar a un crise alimenticia, que xunto a outra serie de factores como a inestabilidade política e, principalmente, a invasión romana, causaron o final do Imperio exipcio.
    En realidad, os cambios bruscos de temperatura debidos a eupcións de volcán deronse tamén noutros séculos como no XVII, onde as temperaturas en Europa foron tan baixas que o río Ebro conxelouse e milleiros de persoas morreron deibdo a fame e o frío. Tamén se sabe que no século XIX a erupción do volcán Krakatoa en Indonesia foi responsable das malas colleitas que orixinaron a fame en varios países de europa e que produciu a migración masiva de xente cara a américa. Sen dúbida, tendemos a pensar que somos nós os que controlamos a natureza, pero en realidade na maioría dos casos é ao revés, somos nos os que temos que adapatarnos aos cambios producidos por fenómenos naturais como as erupción volcánicas, os sísmos ou os furacáns.
    Gustaríame dicir que, a pesar de que a civilización exipcia desapareceu ca invasión romana que impuxo a súa cultura e lingua, a terra do Nilo seguiu sendo durante moitos séculos unha dos “graneiros principasi” do Imperio Romano, da cal obtiña a amior parte do grano para manter as súas populosas cidades e a súa perda tamén estivo relacionada con fin deste outro gran imperio.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.