Os cetáceos son casi persoas.
Un recente estudio que analizou unhas 90 especies de mamíferos mariños (golfiños, baleas e marsopas) demostrou que estes teñen “culturas” similares ás dos seres humanos.
É de sobra coñecido que algúns animais son máis intelixentes que outros, pero este estudio demostrou unha larga lista de similitudes condutuais que encaixan coas nosas e coas dos primates. Estas características sociais están relacionadas co tamaño do cerebro e coa expansión cerebral (encefalización). Aquí amoso algúns exemplos:
1-Transferencia social de técnicas de caza: Ensinar a cazar e o uso de ferramentas.
2-Caza cooperativa.
3-Vocalizacións complexas: Falar entre si, mímica vocal, silbidos característicos…
4- Cooperación interespecífica con seres humanos e outras especies.
5- Aloparental, cuidar dos fillos que non son seus.
6- Xogo social.
Fontes: Quo.
Tags: animais, intelixenxia animais.
Domingo 29 de Outubro do 2017 ás 5:55 pm
Incrible. Xa sabiamos de sobra que os mamíferos mariños coma os delfíns eran especialmente intelixentes pola súa forma de actuar. pero a verdade e que nin sequera me imaxinara que o seu comportamento podía ir tan alá e parecerse tanto ao noso nalgúns aspectos
Domingo 29 de Outubro do 2017 ás 6:56 pm
Pareceume breve e directo, e como se di, bo e breve dúas veces bo. É interesante saber que os cetáceos se parecen tanto a nos e que non somos tan evolucionados en comparación.
Sábado 30 de Decembro do 2017 ás 6:00 pm
Pareceume unha noticia breve e clara, ademais de ser moi interesante.Como xa dixeron, xa se sabía que moitos mamíferos mariños tiñan un comportamento intelixente e que se parecía ao noso, pero nunca pensei que fose tan similar, e sorprendéronme moito os comportamentos que citou Daniel, pois só coñecía o da caza cooperativa e que utilizaban vocalizacións complexas. Penso que se debe seguir investigando sobre estas especies pero tamén sobre outras, xa que poden descubrir máis similitudes cos nosos comportamentos.
Luns 12 de Marzo do 2018 ás 1:01 am
Os cetáceos son unha orde de mamíferos completamente adaptados a vida acuática. O nome cetaceo provén do grego “Kētos” que significa «balea» ou «monstruo mariño» e foi acuñado por Aristóteles para referirse aos animais acuáticos dotados de respiración pulmonar. Baixa esta denominación coñecemos a unha gran variedade de especies mariñas, oitenta en total, das que podemos destacar aos xa citados golfiños, baleas e marsopas, pero tamén ás orcas, belugas, cachalotes, rocuales e narvales. En canto ao seu sistema nervioso, os cetaceos posúen un cerebro moi desenvolvido cun tamaño respecto ao seu corpo moi parecido ao que teñen algúns primates, incluido o humano.
Actualmente, existe un gran debate dentro da comunidade científica sobre canto de intelixentes son estes animais. Como xa se mencionou neste post, teñen un forma de comunicación elaborada que podería perfectamnete ser considerada como un linguaxe propia, similar a que nos mesmo utilizamos. Ademáis, varios estudos demostraron que os golfiños son os únicos animais, xunto cos humanos e algúns simios, que se poden recoñecer a si mesmos fronte a un espello, un feito moi esclarecedor sobre a súa gran intelixencia, pois demostra que teñen certo grao de conciencia. Por outro lado, tamén cumpre destacar que os golfiños son unha das poucas especies ademáis dos humanos e os bonobos que copulan por pracer, sen a necesidade explícita de reproducirse.
Na miña opinión, os cetáceceos é unha das especies máis próxima á nosa en canto a intelixencia polo que a súa conservación debería constituír unha das nosas maiores preocupacións. A balea azul, o animla máis grande que xamáis existise na Terra, por exemplo, foi cazado durante decadas ata case a súa extinción, pasando de 300.000 individuos a uns poucos miles repartidos na actualidade polo mundo. Unhas criaturas tan fermosas e intelixentes como estas teñen o dereito de ser preservadas e de vivir no seu hábitat natural, os grandes e vastos océanos.