Incendios… Unha vez máis
O peor aliado foi o furacán Ophelia. O furacán Ophelia foi unha tormenta moi forte que impactou a Irlanda e a Gran Bretaña como ciclón extratropical.
Portugal e Galicia en estes momentos estano pasando moi mal. Nun montón de terras galegas hai incendios activos, do cal 17 afectan a núcleos urbanos. De momento hai 4 mortos en Galicia e 31 en Portugal. A verdade é que este furacán afectou moito, por culpa dos ventos cálidos houbo tantos incendios. O problema xa non era o vento, senón a sua procedencia.
Por iso foi moi boa combinación para que o lume seguira para adiante, con un vento forte e cálido, temperaturas altas, baixa humidade relativa e seca.
Finalmente dicir que, o 17 de Outubro diminuíu grazas as intensas precipitacións que afectaron a toda a comunidade. Actualmente aínda se manteñen activos 50 incendios en Galicia pero xa non ameazan aos núcleos urbanos. A Xunta di que vai axudar a recuperar as vivendas perdidas e buscar aos culpables dos incendios…
É verdade que o furacán tivo moito que ver neste desastre pero tamén se aproveitaron os pirómanos plantando lume. Non credes?
FONTE: La Vanguardia
Mércores 18 de Outubro do 2017 ás 2:42 pm
Efectivamente, Sandra. O furacán tivo moito moito que ver, e os pirómanos… e que máis? Por que arde tanto en Galicia? Non pode ser por unha soa causa; non credes? Agora chove, iso é unha boa noticia, pero que pasará cos nosos montes desprotexidos da vexetación? Que habería que facer para parar esta epidemia?…
Mércores 18 de Outubro do 2017 ás 6:26 pm
En resposta ao comentario de Laura, penso que unha boa solución a este tipo de catástrofes que afectan as nosas terras sería máis abundancia de bosques autóctonos, os cales prenden con máis dificultade e non propagan o lume tan facilmente.
Mércores 18 de Outubro do 2017 ás 7:39 pm
Un dos motivos de que os montes arderan tanto e tan de presa e a plantación excesiva de eucaliptos e a falta de bombeiros forestais ,os cales non están traballando debido a que “rematou a temporada de incendios” segundo a xunta, a cal non quere contratalos por máis tempo. Tamén hai que dicilo, o tempo tampouco axudou moito, debido ao vento que facía e ao seco que estaban os montes fixo os incendios incontrolables ata o punto de que os habitantes dos pobos tiveron que intervir a base de caldeiros
Xoves 19 de Outubro do 2017 ás 3:17 pm
Sen dúbida algunha Sandra, escolliches unha noticia que, ademais de que é moi actual, teríanos que facer reflexionar seriamente a cerca do moito que estamos a desprotexer os nosos bosques. As cifras que se amosan son alarmantes, e parece incrible que alguén sexa capaz de cometer estas atrocidades.Como ben dixeron Breixo e Araceli, influíron moitas cousas nestes incendios: o clima, a man do home, as plantación de eucaliptos e non de bosque autóctono…pero, se algo temos que ter claro é que con lamentarnos,non facemos nada. Debemos actuar, manifestarnos para que se fagan campañas de prevención e concienciación, porque considero que é un tema tan importante como calquera outro e que se debe evitar na medida posible que ocorran estas traxedias.
Unha noticia estupenda!
Xoves 19 de Outubro do 2017 ás 3:43 pm
Respondendo o comentario de Laura, eu creo que debería haber máis actividade por parte da Xunta xa que non esta facilitando as labores dos bombeiros e debería investir máis cartos na seguridade dos nosos montes,isto é debido xa que Galicia en un lugar onde “chove moito” pero como se pode observar se ocorren as condicións meteorolóxicas como en esta ocasión prodúcese un gran catástrofe.
Xoves 19 de Outubro do 2017 ás 5:44 pm
Eu penso que a maioría dos incendios foron provocados causando “un autentico terrorismo medioambiental”, que nos custan millóns de euros e neste caso vidas humanas, e que deben ser perseguidos e castigados estes pirómanos con penas de cárcere. O que se puido ver foi unha gran solidariedade por parte da xente que colaborou a axudar a outras persoas a salvar as súas casas e os montes.
Xoves 19 de Outubro do 2017 ás 7:45 pm
A noticia que Sandra nos está a comentar fala sobre os incendios que houbo estes días en Galicia. As imaxes que nos asoma o telexornal son moi impactantes, sobre todo que haxa vítimas mortais por culpa dos incendios. É verdade que case todos os veráns arde nos montes galegos pero esta vez afectounos con maior intensidade.
A maioría deles foron provocados por pirómanos e exparcíronse con moita facilidade debido a diversos factores: a seca, o abandono dos montes e sobre todo aos ventos do furacán que foi o factor que fixo que os incendios fosen máis destrutivos.
Xoves 19 de Outubro do 2017 ás 10:08 pm
Paréceme una noticia moi interesante e actual, así que, dada a importancia deste tema, decidín informarme un pouco.
Na zona máis afectada (Vigo e arredores) só se salvaron lugares con vexetación autóctona (carballos, castiñeiros, pradairos…) mentres que todas as parcelas de eucaliptos foron arrasadas. Isto é debido a que é unha especie pirófita e moi seca, pódese comprobar dunha forma moi sinxela:
Sirve con descansar na pouca sombra que nos aporta o eucalipto nun día de calor, esa mínima sombra so nos transmite máis calor mentres que se descansamos á sombra dun carballo sentirémonos máis frescos, o que indica unha elevada humidade nestas especies, dificultando que ardan.
A parte de ser unha especie moi económica e de crecemento rápido, medran en solos degradados que non conseguirían manter una especie autóctona. Isto dificulta a repoboación coa nosa vexetación propia xa que enriquecer o chan é unha labor custosa en todos os seus sentidos.
Persoalmente creo que deberíamos comezar de cero e aprender dos erros, buscando un equilibrio entre o máis económico e o máis ecolóxico. Por suposto, poñer en marcha medidas de prevención e manter limpos os bosques para evitar incendios, sexan ou non provocados.
Venres 20 de Outubro do 2017 ás 11:50 pm
Rabia, indignación ou tristeza son algúns dos sentimentos que nos inundaron esta fin de semana. A traxedia dos lumes que ademais de Galicia, tamén invadiron Portugal e Asturias, acadou unha gravidade tal que xa se sitúa á altura da catástrofe do “Prestige” ao utilizarmos o lema “Nunca máis”, que ao igual que #ardeGalicia ou #queimanGalicia, (este último substituía o anterior como mostra da repulsa cidadá ante a evidente intencionalidade dos lumes) se convertiu nunha mensaxe constante nas redes sociais e nas mobilizacións que se están convocando estes días.
Na miña opinión, todos os meus compañeiros que aportan distintos motivos están no certo, pois a gravidade dos sucesos foi acadada por unha suma de causas. Por unha parte, a inminente chegada dun furacán que ía aumentar moito a temperatura e deixarnos ventos de máis de 100km/h seguramente puxese en alerta aos pirómanos, que viron unha excelente oportunidade para causar grandes danos, pois sexamos realistas, é moi posible que exista unha organización detrás de todo isto, os montes non poden comezar a arder por si sós a estas alturas, e menos, todos xuntos. Por outra banda, é certo que non se dispón de tantos dispositivos de extinción co verán xa rematado. Ademais, unha vez que as lapas prenden en monocultivos de eucalipto, unha especie cuxas características xa foron comentadas, é moi difícil detelas. Con respecto a isto último, creo que se deben facer campañas de concienciación, non se poden priorizar os intereses económicos ao falarmos de perigos coma este. Tal vez a mellor opción despois disto sexa, como ben se dixo, aprender dos erros cometidos e lexislar de xeito que se limiten as plantacións de eucaliptos.
Agora, ademais de lexislar, hai que seguir as instrucións que se vaian dando dende o goberno ou dende asociacións que traballan a prol do medio ambiente, para reforestar e tomar as medidas necesarias para evitar danos como as escorrentías do terreo e a posterior contaminación de acuíferos. Desgraciadamente, xa perdemos moito, tanto en termos de fauna coma de flora, e tamén nos ámbitos económico e sentimental, pois hai familias que viron arder as súas vivendas, pero as medidas mencionadas son o único ao que podemos recorrer nestes momentos.
Finalmente, teño que dicir que me sinto moi orgullosa da xente desta terra, pois pode soar a “topicazo”, pero ante isto, fomos unha unidade, todo o mundo estaba disposto a axudar no que fose e a quen fose.
#ardeGalicia #queimanGalicia “Nunca máis!”
Sábado 21 de Outubro do 2017 ás 12:12 pm
Efectivamente,como lin nos comentarios anteriores,escolliches unha noticia moi actual e interesante. E que, por desgraza, nos afecta bastante a todos nós. A nosa comunidade autónoma sufriu en menos de 24 horas máis de un centenar de incendios e as causas aínda son descoñecidas, a pesar de que hai moitas especulacións. Eu, persoalmente, creo que a pesar de que as condición climatolóxicas que se deron foron idóneas para producírense os incendios, detrás de todo isto hai persoas, con todo tipo de intereses.En canto a solucións para isto, estou de acordo con Araceli e Tania, hai que manifestarse para que se organicen campañas de concienciación e prevención; e máis abundancia de bosques autóctonos.Pero non quero centrarme só na parte mala da historia, e gustaríame recoñecer a incrible labor que fixeron xa non só os bombeiros, senón todos os galegos que saíron as calles cos seus caldeiros e crearon cadeas humanas para transportar a auga, os que arriscaron as súas vidas para axudar aos seus veciños e aos animais e todos os edificios públicos e hoteis que abriron as súas portas gratis para toda persoa que necesitase un refuxio; demostrando, unha vez máis, de que estamos feitos os galegos.
Sábado 21 de Outubro do 2017 ás 5:21 pm
Os incendios sempre estiveron moi ligados a Galicia, pero agora converteuse nun problema maior debido a continua aparición de lumes provocados polo ser humano. Tal e como escoitamos estes días estamos ante o “terrorismo incendario”, pero que podemos facer para evitar estes incendios? Eu penso que se debe empezar por endurecer a lei, con castigos maiores para estas persoas, xa que moitas delas non son acusadas de causar estas traxedias. Unha tarefa moi importante tamén é a de concienciar a toda a poboación da nosa comunidade dos riscos que supoñen para as persoas e tamén para o medio natural, e ensinarlle tamén como actuar ante eles para evitar situacións como as vividas a pasada fin de semana. E tamén como dixo Marta, intentar plantar árbores autóctonas xa que ademais de ser húmidas, son máis económicas e teñen un rápido crecemento, e evitar plantar especies pirófitas, como os eucaliptos.
Martes 24 de Outubro do 2017 ás 1:28 pm
Cada ano hai máis incendios en Galicia, a principal razón, son os pirómanos que parece que queren destruír todo o monte que ven e grazas as plantacións inmensas de eucaliptos fan o mellor o seu traballo. Creo que deberían poñer unha lei prohibindo a plantación masiva de árbores que incendian rápido e controlar que os montes estean limpos para que o lume non avance tan rápido.
Mércores 25 de Outubro do 2017 ás 5:30 pm
Paréceme moi ben a idea de falar sobre este triste acontecemento que afectou á nosa comunidade nos últimos días. Penso que está ben falar de isto porque tivo grandes consecuencias xa que cobrou a vida de catro persoas e de moitos animais,ademais da gran perdida da vexetación. Este suceso tivo gran repercusión xa que todos os medios se fixeron eco e moitas fotografías inundaron as redes sociais que conseguiron que o resto de España mandara toda a forza e todo o cariño a Galicia
Xoves 26 de Outubro do 2017 ás 6:37 pm
Desde o meu punto de vista esta noticia e moi interesante e actual xa que neste último mes aconteceron estes innumerables incendios na nosa fermosa terra; Galicia.
Unha gran traxedia para os galegos e amantes de esta Terra.
Como ben din os anteriores comentarios tanto o furacán como a man humana (non só pirómanos) foron uns dos moitos causantes destes incendios.
Venres 27 de Outubro do 2017 ás 11:19 am
Eu penso que os incendios e algo que esta na nosa man paralo, xa que a maioría deles, son intencionadamente provocados ou comezan por mor da lixo e os restos que imos deixando polo monte. Tampouco virían mal mais medios (bombeiros, enxeñeiros forestais, sepronas…) para asi, saber que poder facer cando pase unha catástrofe desta magnitude, ou incluso poder previlos.
Domingo 29 de Outubro do 2017 ás 11:24 am
Como ben di Laura non creo que se poda atribuír esta oleada de lume a unha soa causa, é triste pero certo que moito ten que ver, o que pasou, cos intereses particulares que levaron a una organización premeditada para causar o maior dano posible. Nunha situación tan grave foi difícil ver como todas as nosas esperanzas de poder salvar a tan rica biodiversidade galega quedaban en mans dun furacán, como se comenta neste post. Foi duro ver como en espazos protexidos polo seu alto valor natural, como os Ancares ou o Courel entre outros, foron arrasadas miles de hectáreas, o que conleva á morte de millóns de animais e, tendo en conta que nun ecosistema todos os individuos xogan un papel fundamental, esta oleada de incendios foi unha gran catástrofe.
Para terminar, que este suceso non se volva a repetir e esperemos que contemos con mellores medidas de protección para os nosos montes.
Domingo 29 de Outubro do 2017 ás 11:57 am
En primeiro lugar en resposta a Breixo e quizais tamén a Antía gustaríame engadir que non e moi lóxico que os bombeiros teñan épocas, son necesarios TODO o ano o que pasa e que non se lles valora dende a política, non se lles paga como e debido e a os voluntarios a maioría das veces non se lles agradece coma deus manda, deberiamos darlle moita importancia a iso e recompensalos aínda que sexan voluntarios, e en resposta a lei, paréceme que toman o da queima coma quen lle ven o seu fillo e lle di que se lle caeu un caramelo, preocúpaste un pouco e logo xa pasou, XUSTIZA.
Domingo 29 de Outubro do 2017 ás 8:24 pm
Desde o meu punto de vista houbo moitos factores favorecedores a que os incendios foran na magnitude que foron. O furacán tamén tivo moito que ver, pero a seca tamén favoreceu a que tanto os incendarios coma os pirómanos tivesen unha ocasión perfecta para comenzar cos lumes. Outro factor a ter en conta é a Xunta, tanto polos recortes nos bombeiros coma polas novas leis. O día dos incendios faltaban moitos bombeiros porque a Xunta despois do verán despediu a moitos, cando é algo que se necesita todo o ano e máis nas condicións que se están dando co tempo climático xa que non é normal que acabando outubro haxa día que cheguemos a 25 graos e claro, se a isto lle sumas a xente enferma e a xente que queima os montes polos cartos, non é unha boa combinación. Grazas aos galegos que axudaron a apagar os lumes, a difundir noticias reais que ían pasando polas redes (porque tamén houbo moitos bulos) e tamén a Portugal, xa que eles enviaron uns 400 bombeiros (pode que ao mellor me desviara un pouco na cifra), o día dos incendios cando eles tamén estaban tendo o país entre chamas mentres que en España, mandaron 20 bombeiros desde Madrid e xa se sentían moi orgullosos. Creo que hai moitas cousas que reflexionar pero os galegos fixemos o que puidemos, hai cousas que xa non están nas nosas mans.
Luns 30 de Outubro do 2017 ás 8:00 pm
Creo que esta noticia e moi interesante e sinto tristeza ao lela porque paréceme incrible que exista xente a que lle importe tan pouco os bosques como para queimalos no seu propio beneficio, ou os pirómanos que axudan a que ocorran estas catástrofes. Creo que e necesaria a cárcere neste caso xa que e un atentando contra o medio ambiente e non se pode permitir.
Sábado 11 de Novembro do 2017 ás 2:03 pm
Unha noticia moi interesante e actual que nos explica dun xeito simple e presciso cales foron os principais detonantes da numerosa serie de incedios que asolaron gran parte dos bosques da nosa rexión no mes de Outubro.
Os incendios son, sen dúbida, o maior perigo para a estabilidade e conservación do
monte. Galicia é unha das rexións de España onde a problemática dos incendios é moi grave polo que é vital tomar as medidas necesarias para reducir as súas posibles consecuencias. Como xa dixeron moitos dos meus compañeiros, a principal medida para loitar contra o lume non debe centrarse unicamente nos medios de extinción, senón no conxunto de medidas preventivas que se deben tomar desde o propio momento no que se realiza a repoboación das zonas afectadas, por exemplo, tendo en conta se as especies que se van plantar teñen un maior risco incendiario. Por outra banda tamén é necesario avaliar a construción de áreas de cortafuegos ou de puntos de auga para evitar que se propaguen os incendios que se poidan orixinar. Ademáis ten que realizarse un coidado intensivo e constante por parte das autoridades forestais e tamén realizarse campañas de concienciación cara a poboación sobre os riscos incendiarios e as maneiras de evitalos. Todo iso supón unha serie de intervencións que van ter que realizarse no monte e que deben executarse de forma que se respecte o medio ambiente.
Tamén cabe destacar que os ecosistemas forestais son medios de vida complexos e equilibrados que producen gran cantidade de bens e servizos útiles á sociedade que van dende a produción de mandeira, froitos, caza e ganado, ata o aproveitamento recreativo e turístico dos montes e os servicicos ecolóxicos básicos como a produción de osíxeno, a regulación de clima, a proteción do solo contra a erosión ou a control hídrico.
Debido a isto, penso que deberia estar en beneficio de todos nos o de coidar os montes en mantelos a salvo.