O DENGUE PODE CHEGAR A EUROPA
Enfermidades como o dengue, a febre amarela, ou o famoso zika poderían chegar a Europa no futuro. A razón? O cambio climático.
Unha recente investigación encargouse de estudar distintos axentes causantes de enfermidades en humanos e animais en relación a determinados factores como a humidade, a temperatura, as precipitacións… Deste xeito decatáronse da alta sensibilidade de virus, bacterias e fungos ás variacións destes factores, pero sobre todo a daqueles patóxenos transmitidos a través de artrópodos coma os mosquitos.
Hai aproximadamente un ano que se atoparon ovos de mosquito tigre, Aedes Albopictus, en Gran Bretaña, onde nunca se viran. Sempre foi moi habitual que os animais que poden ser vectores de enfermidades cheguen a novos lugares en medios de transporte convencionais, de feito crese que este artrópodo viaxou polo Eurotúnel, con todo, hai unha gran diferenza entre o que ocorría no pasado e o que ocorre na actualidade, antes non se establecían porque as condicións non eran axeitadas para a súa vida, agora é posible que o fagan. Evidentemente, este mosquito, que como xa saberedes tamén está en España, non representa un problema por si só, senón que se converterá nel o día que un deles contraia a enfermidade traída por algunha persoa dende lugares onde é común. Se non se toman certas medidas para paliar os efectos do quecemento global e as temperaturas aumentan 2ºC máis, o dengue e o resto de enfermidades consideradas doutras latitudes, poden acabar asentándose en Europa.
Agora tócavos a vós! Sabiades que a peste, que acabou con tantas vidas en Europa, se espallara tamén grazas a ratas “viaxeiras”? Que vos parece esta nova ameaza do cambio climático? Ademais do control por parte de institucións que velan pola saúde, que medidas recomendades?
FONTE: https://elpais.com/elpais/2017/08/04/ciencia/1501835105_221638.html
Tags: cambio climatico, clima, enfermidades, Investigación, Saúde, virus
Domingo 15 de Outubro do 2017 ás 6:06 pm
Como se o cambio climático non fora xa o suficientemente alarmante, nesta noticia miña compañeira Belén explícanos outra máis das posibles repercusións que terá no futuro aumento das temperaturas no noso planeta, e máis concretamente, en Europa.
Dende os anos setenta, momento no que tivo lugar a primeira Conferencia Mundial sobre o cambio climático en Estocolmo, téñense realizado millerios de estudios sobre as consecuencias do cambio climático nas civilazacións humanas. Ata a fecha, o cambio climático conseguiuse relazionar ca formación de furacáns e sísmos, a aparición de inundacións, a desertización de habitats e incluso o aumento das olas de frío extremo, e agora, ca propagación de enfermidades venereas como o dengue. Neste caso, o cambio climático, con veráns máis cálidos e longos, invernos máis suaves e o aumento anual das choivas pode favorecer que organismos propagadores de enfermidades venereas[mosquitos e outros artrópodos vectores] amplíen o seu hábitat, coa posibilidade de introducir enfermidades en zonas onde antes non existían. Un afirmación sobrecolledora que tería que facer que nos desemos de conta da importancia de deter o cambio climático para así poder deixar aos nosos futuros descendentes un mundo igual de seguro que o que tivemos nos.