O primeiro intento dun transplante de cabeza na historia: que acontecerá?
En decembro de 2017 terá lugar o primeiro intento de transplante de cabeza realizado en humanos. O voluntario para someterse a esta complicada operación que se alongaría durante 36 horas é Valery Spiridonov, un programador ruso de 30 anos que sofre atrofia muscular espinal, unha grave enfermidade xenética que destrúe progresivamente as neuronas motoras inferiores, situadas no talo cerebral e na medula espinal, e que controlan a actividade muscular voluntaria esencial como falar, camiñar, respirar e deglutir.
A operación será capitaneada polo neurocientífico italiano Sergio Canavero, que en decembro de 2015 estableceu en dous anos o tempo necesario para verificar ao 99% a efectividade desta técnica. O tempo non pasou en balde e agora, só a uns poucos meses para a esperada operación, moita xente está interesada en saber se de verdade este home está disposto a poñer en perigo a vida do seu paciente. Segundo declarou o propio Valery Spiridonov, para el esta operación supón a súa única maneira de poder levar unha vida normal de novo. Expresou abertamente a súa intención de someterse a operación e explicou que “a súa decisión e definitiva e non pensa cambiala”. Con todo, está controvertida operación que desafía os estándares da medicina moderna tamén levantou un gran debate ao seu redor, xa que moitos científicos mostráronse profundamente escépticos ante a súa viabilidade. A parte máis crítica deste proceso é o de conectar a espiña dorsal co resto de conexións nerviosas, algo que moitos outros científicos tentaron facer sen éxito en experimentos con animais. Un exemplo foi o de Robert White que implantou a cabeza dun mono no corpo doutro en 1970, aínda que este só sobreviviu unha semana xa que o seu corpo rexeitou a nova cabeza. Cando Sergio Canavero anunciou a súa vontade de levar a cabo este transplante dixo que despois da operación o paciente estaría 4 meses en coma inducido e non podería moverse ata pasar un ano para favorecer a curación. Ademais, confirmou que a operación custará máis de 10 millóns de dólares e requirirá de máis de 150 profesionais médicos traballando durante 36 horas seguidas para desenvolvela.
Que pensades sobre Sergio Canavero e a incrible meta que se fixou cumprir?, Creedes que conseguirá o seu obxectivo?. Pensades que é moralmente correcto poñer en semellante risco ao seu paciente?. Pensades que nalgún futuro os médicos serán capaces de facer transplantes de cabeza ca mesma facilidade ca que o fan hoxe cun transplantes de ril ou de corazón?
URL da noticia: http://www.bbc.com/mundo/noticias-37415440
Tags: Atrofia muscular, biomedicina, transplantes