Manipular os xenes dun individuo para potenciar as súas calidades?

Dende o descubrimento do modelo da dobre hélice de ADN, das encimas de restrición e do gran avance no campo da xenética humana, abriuse un novo panorama de posibilidades para o tratamento médico de varias enfermidades hereditarias.

Este tratamento realízase mediante técnicas de terapia xénica. Esta terapia consiste en manipular en laboratorios a información xenética dalgunhas células enfermas ou alteradas para corrixir un defecto xenético co fin de superar as alteracións. Actualmente a terapia xénica resultou un gran avance, xa que se propón para case calquera enfermidade, aínda que é unha terapia en pleno desenvolvemento, pouco estudada e bastante custosa, tanto económica como tecnicamente.

Ao comezar a actuar sobre o home, os seus xenes e a súa descendencia é cando comeza a xurdir as dúbidas éticas sobre esta técnica, se respectan ou non a dignidade humana.  Aínda que a terapia está pensada para a superación de enfermidades, existen casos nos que se manipulan os xenes ao gusto da persoa sen ter ningunha patoloxía, creando así un “modelo ou deseño da persoa perfecta”.

Se aplicamos este tipo de terapia enfocada á melloría xenética desembocariamos unha serie de problemas difíciles de resolver; A quen  ou a que grupo social realizamos a transferencia xenética, co perigo de que aumentasen as diferenzas sociais?, Como evitar a discriminación contra os individuos que reciban o xene ou contra os que non o reciban?

A aceptación na sociedade da melloría xenética ou de potenciación levaría, moi probablemente, á discriminación e desvalorización de certas categorías de persoas. Non existe criterio obxectivo que poida establecer que cualidades son mellores que outras. Se se tivese acceso libre a esta técnica existe o perigo de utilizala para dar vantaxe a certos privilexiados. Poderíase, por exemplo, incrementar a intelixencia dalgunhas persoas ou mellorar as capacidades físicas de atletas. Claramente sería unha forma de exercer discriminación e habería unha gran distinción de clases, xa que a potenciación ou melloramento xenético estaría soamente ao alcance dos podentes.

imagen

Que opinades sobre isto? Parécevos ético?

Fonte: http://www.elfinanciero.com.mx/tech/asi-va-el-debate-de-la-manipulacion-genetica-del-adn-humano.html

 

Tags: , ,

4 Respostas a “Manipular os xenes dun individuo para potenciar as súas calidades?”

  1. alba.g.br Dixo:

    Como Marta ben di, a terapia xénica é un proceso mediante o cal se insire material xenético en células afectadas co obxectivo de substituir os xenes defectuosos e corrixir os seus efectos ou dotar cunha nova función ás células para que cubran as deficiencias dun tecido. Empréganse vectores e pode levarse a cabo tanto en células somáticas ( polo que non se herdaría) ou en células xerminais que son os gametos e as células que os orixinan. Esta segunda é a que leva consigo os problemas éticos relacionados ca posibilidade de modificar o acervo xenético da nosa especie.
    Isto recórdame as técnicas que levaban a cabo os nazis, a euxénese, na procura ducha “raza” de seres humanos mellorados co que se mataban aos considerados inferiores xa sexa en calidades físicas ou psicolóxicas. Tamén lévame a pensar sobre os nenos á carta e na película Gattaca protagonizada por Ethan Hawke, Uma Thurman e Jude Law, na cal había una sociedade na que a maioría dos menos son elixidos á carta para ser xenéticamente perfectos.
    Na niña opinión estas modificación xenéticas si levarían a unha dicriminación social pero se a técnica é empregada en casos extremos e non por capricho, ou en células somáticas, adiante! é un gran avance na biotecnoloxía e exeñaría xenética.

  2. guillermo.a.br Dixo:

    A terapia xénica supoxo un gran avance no ámbito da mediciña xenética e no tratamento de enfermidades hereditarias. Grazas a ela foi posible “correxir” a información xenética daquelas persoas que por culpa dunha determinada “alteración” nun dos seus xenes sufrían unh tipo de patoloxía. Un exemplo disto foi a cura da enfermidade de ADA ou a que padecen os denominados “nenos burbulla”, na cal unha mutación nun dos seus xenes fai que non sexan capaces de sintetizar unha enzima fundamental na defensa do corpo, o que lles deixa absolutamente indefensos contra calquera axente patóxeno, obrigándolles a vivir nun ambiente absolutamente esteril.
    Con todo, esta capacidade de poder cambiar ao noso antollo a información xenética dun ser vivo produciu preocupación nun elevado número de científicos, quenes temen que as técnicas de modificación xenética sexan utilizadas nun futuro para aumentar a intelixencia ou crear persoas con características físicas específicas. Como xa ben dixeron as miñas compañeiras Marta e Alba isto lévanos ao planteamento dun importante debate ético sobre a terapia xénica e as súas posibles aplicacións, considerando cales serían “moralmente” correctas e cales poderían presentar inconvintes na nosa sociedade. Este mesmo problema ético expúxose dunha maniera moi exemplar na famosa película dos 80 Jurasic World, na cal os científicos da película estaban tan ocupados pensando como devolverlles a vida aos dinosaurios que en nigún momento se pararon a pensar se tiñan o dereito ou a autoridade necesaria para facelo.
    Na miña opinión, tanto na terapia xénica, como calquera outro tipo de tecnoloxía xenética, todos os seus posibles usos, aplicados a mediciña ou a outros ámbitos como a alimentación, a conservación de especies, teñen que ser coidadosamente considerados tendo en conta todos as súas vantaxes e incovintes.

  3. estefania.v.br Dixo:

    A terapia xénica resulta un gran avance no ámbito da mediciña, xa que permite corrixir as alteracións que se poden producir na información xenética dun individuo.
    Ainda que supoña un gran avance prodúcense grandes problemas éticos sobre si é ou non correcto “modificar” a nosa especie.
    Creo que está técnica usada de forma responsable en casos realmente necesarios e non por capricho podería ser moi boa, sempre e cando se teñan en conta as súas vantaxes e desvantaxes.

  4. maria.p.br Dixo:

    A terapia xenética é un avance como non, positivo no ámbito da medicina para eses casos que é necesario manipular a información xenética de células enfermas ou alteradas para corrixir un defecto xenético e superar alteracións.

    A min paréceme un bo tratamento pero mentres que sexa utilizado para a cura de enfermidades, no caso de utilizar a terapia xenética para casos nos que se manipulan os xenes ao gusto dunha persoa para ser tal cal el ou ela quere ser non me parece ben, xa que estaría dividindo a sociedade, porque ao ser tan custoso este tratamento só as persoas privilexiadas poderían manipular os seus xenes, en conclusión, penso que mentres sea usada para curar a aparición de enfermidades é un bo tratamento por moi custoso que sea.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.