AS PRÓTESES DO FUTURO
Como moitos saberedes, a artrite, a enfermidade que provoca inflamacións nas articulacións, leva, en moitas ocasións, á colocación de próteses. Pois ben, nós centrarémonos nas investigacións que se fixeron sobre as de cadeira.
Estas pezas non duran toda a vida, é dicir, son implantadas cirurxicamente e logo é necesario substituílas por outras novas. A vida útil das próteses tradicionais anda arredor dos 15 anos. Por iso se traballa en varios laboratorios en distintos modelos delas.
Varios enxeñeiros alemáns e estadounidenses caeron na conta de que a fricción de certos metais fai que co paso do tempo apareza unha capa de grafito, que é un mineral que actúa como lubricante. Deste xeito, os expertos poderían tratar de potenciar o desenvolvemento de pezas metálicas para obter esta vantaxe que nos ofrece o grafito.
Con todo, outros investigadores opinan o contrario, non apoian o uso de metais, pois cren que son os culpables das descolocacións das próteses e que incluso poden provocar cancro ao liberaren determinados ions no sangue. Por iso crearon un modelo con outros materiais como a cerámica.
Finalmente, outros científicos idearon un nanopatrón que podería impulsar o crecemento do óso da cadeira a partir de células nai. A clave deste avance foi tratar de buscar o desenvolvemento de tecido óseo en lugar do tecido brando que habitualmente se orixina arredor das próteses e que fai necesaria a súa substitución.
Vós que opinades destas ideas? Tendo en conta que todas elas son posibillidades pero que ningunha está estendida, cal vos parece a máis acertada?
FONTES:
-
http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/12/22/noticias/1324572633.html
-
http://noticiasdelaciencia.com/not/4602/protesis-de-cadera-con-vida-util-larga-y-menores-riesgos/
-
http://www.bbc.com/mundo/noticias/2012/08/120831_protesis_cadera_nanotecnologia_men.shtml
Tags: cadeira, enfermidades, materiais, ósos, Próteses, Saúde
Xoves 27 de Abril do 2017 ás 7:27 pm
Dende hai xa moitos anos o tema das prótesis de cadeira metal-metal provocan diversos debates. É certo que as pezas de metal son máis duradeiras, e a miúdo úsanse en pacientes xóvenes co obxectivo de que posteriormente non se teñan que someter a ciruxías de revisión. Pero, como di Belén neste post, a fricción constante entre os dous compoñentes metálicos pode levar ao desprendemento de partículas que co tempo se acumulan ao redor das prótesis e incluso poden chegar ao sangue e aos tecidos corporais. Moitos estudos chegaron a dicir que este tipo de prótesis a longo prazo podían ser canceríxenas.
Belén tamén nos fala das prótesis de cerámica. Estas son menos tóxicas cas de metal, pero teñen a desvantaxe de que son máis fráxiles que as outras, pero… e as prótesis metal-cerámica? Deste xeito reduciríase a “toxicidade” dunhas (xa que non habería fricción entre metais) e a fraxilidade doutras. Que opinades vos sobre este tipo de prótesis?
Sábado 29 de Abril do 2017 ás 3:28 pm
As próteses de cadeira soportan centos de miles de ciclos de fricción ao cabo dos anos, de aí que sexa necesario substituílas por outras novas cada un certo período de tempo. Lograr que este constante rozamento non dane a articulación artificial é unha das claves para prolongar a vida de persoas que sofren enfermidades como a artrite.
Deste xeito resulta moi interesante o feito de que se demostrase que metais como o grafito podan actuar como lubricante facilitando a mobilidade entre as dúas partes metálicas das próteses. Non obstante, tamén está demostrado que a presencia dunha elevada cantidade de ións, procedentes de certos metais, no sangue pode derivar en cancro; tratándose así dunha tecnoloxía imperfecta que xera gran debate.
Na entrada Belén, ademais de falar da próteses metal-metal, que tanta controversia xeran, tamén fala acerca das próteses de cerámica: un tipo de implante de cadeira baseado nun deseño sen metais e que poderían chegar a ter unha elasticidade similar á dos ósos. Este novo tipo de implantes supoñerían unha total mellora da vida útil das persoas con artrite.
Domingo 30 de Abril do 2017 ás 10:12 am
Eu penso que todas estas ideas están ben mentras favorezan a nosa saúde, pero tamén hai que mirar as desvantaxes que poda ter o uso de metáis no noso organismo.
Na miña opinión penso que a idea máis acertada é a última, o proceso de partir de células nai para desenvolver o crecemento do tecido oseo paréceme moito mellor que o uso de metáis ou cerámica.
Domingo 30 de Abril do 2017 ás 11:36 pm
Un post moi curios no cal Belén, a diferenza do que facemos a maioría, en vez de presentarnos unha única resposta a unha enfemidade, danos varias a elexir e dinos que xulgemos cal nos parece a millor.
O tratamento con próteses de metal paréceme moi perigoso xa en caso de que se descoloquen poden ser máis dañinas para o corpo, mentres que as próteses de cerámica danme a impresión de que non deben ser moi resistentes polo que, na miña opinión, non creo que ningún destes tratamentos sexa os máis axeitado.
Dende o meu punto de vista, o verdadeiro futuro no tratamente de enfermidades dexenerativas, como a artrite, encóntrase nas células nai, máis concretamente, nas iPS. Grazas aos avances que se produciron nas últimas décadas neste campo, cada vez é máis posible a idea dun futuro onde a mediciña rexenerativa sexa capaz de xerar todos os tecidos necesarios para o corpo humano mediante células pluripotentes. Aínda estamos afastados dese futuro, pero iso non quere dicir que no sexa a solución, xa que se o pensamos ben son as células nai do noso corpo as que fabrican as mellores próteses do mundo: a propia cartilaxe.
Domingo 28 de Maio do 2017 ás 8:54 pm
Esta noticia é moi interesante, pois falanos sobre as proteses de cadeira e sobre distintos modelos delas. A operación da protese de cadeira consiste en sustituír a articulación dañada, por unha articulación artificial que fará a función da orixinal. Con esta operación conseguese unha serie de ventaxas que consisten na recuperación da movilidade, desaparición da dor, corrección da deformidade, e dicir, conseguese principalmente a mellora da calidade de vida do paciente.
Aínda que tamén existen leves riscos na operación, segue a ser unha das ciruxías máis realizadas en España e das que ten mellores resultados en termos absolutos.
A pesar de que son pouco comúns existen riscos relacionados coa operación, o máis coñecido é o da infección da prótese de metal, aínda que ocorre no 1-2% dos casos.
Dos tres modelos dos que se fala na noticia, na miña opinión considero que o máis acertado é o último, o crecemento do óso da cadeira a partir de células nai. Paréceme moito mellor e máis acertado que o uso de metais e ceramicas, xa que se trata de buscar o desenvolvemento do tecido óseo e aforraríamos o risco de infección.