OUTRA CAUSA DE ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES!
Moitos de vós saberedes que as enfermidades que lle afectan ao aparato circulatorio son a principal causa de morte no mundo. Habitualmente culpamos a mala alimentación, o consumo de tabaco ou o escaso exercicio físico dos niveis inadecuados de colesterol e glicosa en sangue, da hipertensión e a diabetes, que poden dar lugar a arterioesclerose, infartos de miocardio, infartos cerebrais… Con todo, descubriuse outro motivo…
A maioría das doenzas mencionadas teñen a súa base na redución do diámetro dos vasos sanguíneos debido á formación de placa. Pois ben, científicos estadounidenses chegaron á conclusión de que as células sanguíneas poden mutar debido ao envellecemento e intervir na aparición de gran parte dos problemas cardiovasculares que non se debían aos motivos anteriormente citados, os médicos prognosticábanos pero moitas veces os pacientes non presentaban as características comúns.
As células mutadas axudan á formación de placa e á inflamación e, ademais, reprodúcense máis rapidamente que as sas. Ata o de agora sabiamos que estas modificacións celulares eran causa de cancros, pero non de outras enfermidades, polo que posiblemente se nos estea a abrir un importante camiño no que avanzar a nivel médico.
Que opinades deste descubrimento? Credes que coa investigación sobre o tema se poderán ir paliando os efectos destas enfermidades? Lograremos baixalas do podio das principais causas de morte?
FONTE: http://elpais.com/elpais/2017/01/19/ciencia/1484850164_436171.html
Tags: células, Corazón, enfermidades, mediciña..., mutacións
Venres 17 de Marzo do 2017 ás 9:10 pm
Esta noticia é un claro exemplo dos grandes avances que se están a producir no campo da mediciña. É certo que a acumulación de mutacións somáticas das que nos fala Belén que se relacionan coas enfermidades cardiovasculares, xa se vincularan anteriormente con certos cancros como a leucemia.
Estes científicos utilizaron ratos portadores de células mutantes no xene TET2, un dos xenes que máis muta co paso do tempo en humanos, desenvolvendo a arteriesclerose de forma acelerada.
En canto as preguntas que nos plantexa Belén, penso que este é un gran descubrimento que nos axudará a reducir o número de mortes provocadas polas enfermidades cardiovasculares.
Estes científicos xa demostraron que o tratamento cun fármaco que bloquea a produción desta proteína suprimiu completamente a arteriesclerose acelerada en ratos (animais cos que experimentaron). Este feito pode ser moi importante para tratar de explicar os casos de arterioesclerose en humanos que ata agora eran inexplicables, por exemplo, o dunha persoa que fai deporte a diario, que non fuma nin bebe, que leva unha dieta sa e saudable… e sen embargo sufre esta enfermidade.
Sábado 18 de Marzo do 2017 ás 11:35 pm
O que nos conta Belén nesta noticia é realmente interesante, xa que tendemos a asociar unhas causas principais ou uns precedentes determinados que afectan ás enfermidades cardiovasculares, como por exemplo as que comenta Belén como a mala alimentación, o colesterol, a hipertensión, a diabetes… Pero grazas ao novo descubrimento do que se fala na noticia, conclúese que as células sanguíneas poden chegar a mutar debido ao envellecemento e ser as principais causantes da aparición destas enfermidades. Pero este avance non implica que os síntomas que asociamos a estas enfermidades sexan nulos, senón que quedarían nun segundo plano aínda así con moita importancia.
Considero que se a mediciña segue investigando a partir destes avances e grazas as novas tecnoloxías de hoxe en día poderíamos saber e descubrir máis conceptos que resultasen importantes en moitas enfermidades como esta, ata poder chegar a descubrir unha importante aplicación no fututo e tamén poder reducir as mortes causadas por esta enfermidade.
Domingo 19 de Marzo do 2017 ás 3:38 pm
Resulta sorprendente que as mutacións nas células sanguíneas polo envellecemento promovan as enfermidades cardiovasculares.
Este novo estudio, liderado por científicos da Universidade de Boston e de Yale (EE UU), demostrou que as mutacións nas células sanguíneas que se acumulan co envellecemento promoven a formación de placas dentro das arterias, ou aterosclerose, e tamén a inflamación que agrava as doenzas circulatorias.
Este novo descubrimento resulta moi importante porque pode axudar a explicar os casos de aterosclerose que ata agora eran inexplicables, como o feito de que unha persoa sá, deportista e non fumadora sufrira este tipo de enfermidades cardiovasculares.
Agora que xa coñecemos que este tipo de mutacións son outro dos factores de risco das enfermidades cardiovasculares, e que constitúe a principal causa de morte en todo o mundo, ábresenos ante nos un importante camiño no que avanzar a nivel médico e que posiblemente, coa axuda dos novos avances en tecnoloxía e xenética, nos axudará a baixar ás enfermidades cardiovasculares do podio das principais causas de morte no mundo.
Domingo 19 de Marzo do 2017 ás 7:22 pm
As enfermidades cardiovasculares cóbranse a o ano 17 millóns de vidas segundo a Organización Mundial da Saúde. Cando estas enfermidades asócianse a xente xóven ou adulta dicimos que probablemente débanse a unha mala alimntación, o consumo de tabaco ou escaso exercicio físico, pero é cos anciáns?
Sábese grazas a diferentes rexistros epidemiolóxicos que 3/4 partes da mortalidade de enfermidades como o infarto agudo de miocardio concéntranse nas persóas da terceira idade. É lóxico pensar que como seres humanos temos un límite físico e chega un momento en que o noso corpo xa non funciona como nos quereríamos. Isto e inherente co envellecemento. Como ben explicou Belén a idade é outro factor de risco nas enfermidades cardiovasculares que, ademáis, debería terse máis en conta.
Luns 20 de Marzo do 2017 ás 12:01 pm
Este tema é realmente interesante e preocupante, xa que hai moitísimas mortes referidas ao sistema cardiovascular, eu penso que non so depende de si temos un vida sedentaria, mala alimentación ou consumimos sustancias coma o alcohol, o tabaco etc. Xa que todo o mundo pode sufrilas, desde as persoas de pouca idade ata os de maior idade, ahora xa temos unha explicación a esto polo que esta noticia nos informa,grazas aos novos avances tecnolóxicos que hai e polo cal nos permite descrubir cousas novas e importantes coma estas na mediciña, entón,cal é o motivo de que os anciáns tamén padezan estas enfermidades? Ocorre porque as células sanguíneas mutan e envellecen sendo esta a causa das enfermidades cardiovasculares.