Estrés e infarto… en que quedamos?

Como xa saberedes o infarto de miocardio é unha das enfermidades cardiovasculares máis frecuentes, provocada por un coágulo (composto por graxas, colesterol, calcio…) que bloquea unha das arterias que leva  sangue e osíxeno ao corazón. Deste modo o corazón non recibe osíxeno e as células cardíacas morren. Existen diversas causas dun infarto, pero tendemos a pensar que as máis comúns son provocadas polo estrés,  a tensión, a presión… Pero se hai que buscar  un culpable principal desta enfermidade o estrés non o sería. Algúns profesionais aseguran que o estrés pode ser un desencadeante dun infarto pero non é quen o provoca, é dicir, non é unha causa. O feito de estar nunha situación de moito estrés pode axudar a formar ese coágulo que bloquea as arterias. Antes do estrés existen outros factores de risco máis comúns como o tabaco, o sobrepeso, a hipertensión,  a diabetes, os niveis do azucre na sangue,  a ausencia de exercici fisico ou incluso a predisposición xenética. En conclusión podemos observar que o estrés non é un factor coronario desta enfermidade, senón máis ben unha causa secundaria. Compre destacar que existen diferentes niveis de estrés, o prolongado é o peor  para o corazón e estaría máis exposto a sufrir esta enfermidade polo que o mais aconsellable seria acudir a un especialista, mentres que os puntuais (como por exemplo unha mala noticia, un episodio tráxico…) serían de menor gravedade.

O infarto de miocardio non afecta por igual aos homes e mulleres. O prognostico é peor nos mulleres que nos homes, un porcentaxe maior morre antes de chegar ao hospital, xa que adoitan presentar máis complicacións como insuficiencia cardíaca ou ictus. As mulleres adoitan sufrir infartos en idades máis avanzadas que os homes, sobre todo despois da menopausa, e o prognostico de infarto nunha persoa maior é moito peor que  unha persoa nova. Antes da menopausa as mulleres están parcialmente protexidas polos estróxenos fisiolóxicos, pero tras a menopausa os niveis de colesterol e a tensión arterial tenden a alterarse e o risco aumenta.

 

imagen

Os principais síntomas inclúen dolor opresivo na parte central do peito ou na zona epigástrica (estómago) que pode irradiarse aos ambos brazos, pescozo, mandíbula, espalda. Tamén provoca sudoración, náuseas e dificultade respiratoria. Entre homes e mulleres tamén existen diferencias en canto aos síntomas que presentan: As mulleres presentan síntomas moi variados que fan máis difícil o seu diagnostico. Os máis comúns son a fatiga inusual, dificultade respiratoria, suor frío e os días previos poden chegar a sufrir insomnio ou ansiedade. Se as mulleres combinan o tabaco coa toma de anticonceptivos orais o risco aumenta de forma considerable.

Coñeciades estes casos nas mulleres?

http://elpais.com/elpais/2016/11/23/buenavida/1479900750_404521.html

 

Tags: , , ,

4 Respostas a “Estrés e infarto… en que quedamos?”

  1. carmen.c.br Dixo:

    Moitas veces tendemos a relacionar os infartos ao estrés. Pero, como se explica nesta noticia, o estrés non é mais que unha causa secundaria, un factor desencadeante, mais non é a causa da formación dos coágulos que bloquean as arterias provocando a interrupción no rego sanguíneo o que deriva nos infartos.

    Segundo diversos estudos levados acabo nos Estados Unidos, o estrés é un dos factores de risco, lista na que tamén se inclúen outros factores como o colesterol, o sobrepeso e o tabaco. Non obstante, rebaixar estes factores de risco reduce a probabilidade de sufrir infarto se outras enfermidades cardiovasculares.

    Sorprendeume o feito de que a taxa de mortalidade por infarto sexa maior nos homes (con un 12% en comparación co 10% nas mulleres,) mentres que a probabilidade de morte tras un infarto sexa maior nas mulleres, especialmente tras a menopausa cando os niveis de colesterol e a tensión arterial adoitan alterarse coa baixada de estróxenos circulantes no sangue.

  2. belen.m.br Dixo:

    O estrés non lle afecta ao corazón, pero desemboca noutros factores que si o fan. Por exemplo, unha persoa estresada tende a fumar máis, adoita sufrir hipertensión, os seus niveis de colesterol e triglicéridos cambian… Polo tanto a relación que adoitamos establecer cos problemas cardiovasculares está xustificada.
    Marta tamén nos conta que as enfermidades que lle do aparato circulatorio non lle afectan do mesmo xeito a mulleres e a homes. Algo que me sorprendeu moito e que nunca o pensara é o feito de que cando hai cambios hormonais no corpo da muller debido á menopausa, as enfermidades do corazón teñen máis gravidade ca antes. Ademais, outra proba de que os desaxustes deste tipo nas mulleres agravan os problemas cardíacos está nas consecuencias de consumir anticonceptivos como a pílula.
    En conclusión, deberiamos tratar de reducir o estrés nas nosas vidas, ademais de facer exercicio, comer san e facer revisións médicas que nos axuden a previr e evitar doenzas como o infarto, as anxinas de peito, a arterioesclerose… pois son enfermidades cuxos índices de morte son verdadeiramente preocupantes. Para conseguir eliminar este estrés propoño pasar máis tempo en contacto coa natureza, disfrutar cos nosos amigos, deixar un pouco de lado as novas tecnoloxías e achegarnos máis aos libros… ou incluso practicar ioga ou meditación!

  3. andrea.br Dixo:

    Estou de acordo co que nos conta Marta nesta noticia, pero a pesar de que o estrés sexa unha causa secundaria do infarto de miocardio non debemos esquecela. Na miña opinión resulta case tan importante como as causas primarias.
    Está demostrado que é máis probable sufrir un infarto de miocardio cando estamos estresados. Isto débese a que o noso corazón latexa máis rápido e en ocasións non é capaz de bombear a cantidade de necesaria de sangue para o noso corpo. Neste caso poderiamos dicir que a causa principal do infarto sería a falta de rego sanguíneo. Certo, pero isto ven precedido polo estrés, polo que na miña opinión sí o debemos considerar unha causa tan importante como a hipertensión, a arterioesclerose…

    Por outra banda, como nos di a miña compañeira Belén, as persoas que sofren estrés tenden a fumar máis, adoitan sufrir hipertensión… polo que é máis probable que padezan un infarto de miocardio.
    En definitiva, o estrés, ao fin e ao cabo, está detrás de todas as causas directas do infarto de miocardio, polo que deberiamos controlalo para evitar certas enfermidades e levar un estilo de vida moito máis saudable para o noso organismo.

  4. guillermo.a.br Dixo:

    O efecto que ten o estres no organismo é profundo:

    -Predominio do sistema nervioso simpático que produce vasoconstriccións ou diminución do calibre dun vaso pola contracción das fibras musculares e ralentización da mobilidade intestinal.

    -Liberación masiva no torrente sanguíneo de glucocorticoides: catecolaminas (adrenalina y noradrenalina), de cortisol y encefalina.

    -Aumento en sangre da cantidad circulante de glucosa e aminoácidos libres, factores de coagulación (a sangre faise trombolítica co que aumentan os riscos de infarto cerebral e outros tipos de trombose).

    O corpo desenvolve estes mecanismos para aumentar as probabilidades de supervivencia fronte a unha ameaza a curto prazo, pero non para ser mantidos indefinidamente, polo que a medio e longo prazo, este estado de alerta sostido desgasta as reservas do organismo.
    Debido a esta serie de datos difiro coa tese desta noticia pois penso que o estres ten un papel moito máis importante no desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares do que poidamos pensar.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.