Nova Teoría sobre o orixe da vida

Científicos do Instituto de Investigación Scripps, en EEUU,  puxeron en dúbida o “Mundo ARN”, unha teoría de como as moléculas de ARN evolucionaron para crear as proteínas e o ADN. Na súa opinión é improbable a hipótese dun mundo primitivo só de ARN xa que “tivo que existir  algún outro composto que aparecera co ARN e o axudara a moverse cara adiante” segundo dixo o autor principal do estudo. No seu lugar estes investigadores suxiren unha evolución prebiótica onde o ARN e o ADN desenvolvéronse simultáneamente.

A teoría do Mundo ARN baséase na capacidade dalgunhas moléculas de ARN de autorreplicarse sen axuda de proteinas, a diferencia do ADN, que depende das encimas para reproducirse. Segundo esta teoría o ARN foi evolucionando para crear proteínas e encimas que darían lugar as primeiras formas de vida. Co tempo estas encimas axudaron ao ARN a producir ADN, o que levou a organismos complexos. Se esta hipótese fora certa durante a transición de ARN a ADN poderíanse ter formado febras heteroxéneas entre estes dous ácidos dando lugar a híbridos. Se son estables, estes híbridos terían sido un paso intermedio na formación do ADN. Con todo, os científicos descubriron una perda importante de estabilidade cando o ARN e o ADN comparten un mesmo esqueleto o que compromete a súa capacidade de manter a información xenética e replicarse. Esta inestabilidade parece ser debida a unha diferenza na estrutura de molécula de azucre do ADN(desoxirribosa) fronte á molécula de azucre de ARN(ribosa). Debido a esta inestabilidade as primeiros híbridos terían morto fronte a moléculas máis estables de ARN xa que na actualidade cando por erro núcleobases de ARN únense a unha cadea de ADN, encimas sofisticados precipitaranse para solucionar o erro. Isto demostra que a evolución deu lugar a un sistema que favorece moléculas “homoxéneas” máis estables. Por outro lado estas encimas sofisticadas probablemente non existían durante a evolución prebiótica polo que estes híbridos poderían ter causado un efecto devastador no funcionamento dos primeiros ácidos nucleicos. En resumidas contas, a transición de ARN a ADN non debeu ser fácil sen mecanismos para mantelos separado.

Esta situación levou aos científicos a considerar unha teoría alternativa: o ARN e o ADN puideron xurdir en tándem. Se os dous evolucionaron ao mesmo tempo, o ADN podería establecer o seu propio sistema homoxéneo desde o principio. O ARN podería aínda evolucionar para producir ADN, pero puido ocorrer despois de que se reunise por primeira vez co ADN e chegase a coñecer as súas materias primas. Os científicos engadiron que nunca saberán exactamente como comezou a vida, pero tendo en conta as circunstancias da evolución química temperá, poden facerse unha idea dos fundamentos da bioloxía.

imagen

Que pensades da fiabilidade desta noticia?. Entendedes a súa tese?, Estades de acordo con ela ou ca teoría do Mundo ARN?. Qué sabedes sobre a estrutura do ADN e o ARN? Que similitudes teñen?, e diferencias?. Cales son as funcións do ARN e o ADN na actividade celular?

URL da noticia:

 http://www.20minutos.es/noticia/2851190/0/origen-vida-tierra-nueva-teoria/

 

Tags: , , ,

4 Respostas a “Nova Teoría sobre o orixe da vida”

  1. alba.br Dixo:

    Realmente penso que a dúbida sobre a orixe da vida vai a perdurar na humanidade, pero que cada novo descubrimento e cada nova teoría significan un paso máis para chegar a unha teoría común, que ninguén sexa capaz de cuestionar.

    Algunhas diferenzas entre o ADN e o ARN son as seguintes:
    -> O ARN usa ribosa e o ADN desoxirribosa
    -> O ADN ten doble cadea de hélice e o ARN non.
    -> O ADN garda e almacena a información xenética, pero o ARN fai de mensaxeiro.

  2. estefania.v.br Dixo:

    Creo que non se trata de fiabilidade ou non senón de que a orixe da vida é unha pregunta que non conseguiremos responder en moito tempo, aínda que con cada paso que da a ciencia podemos achegarnos a unha conclusión común que non nos faga dudar tanto.
    Aporta gran información sobre o ARN e o ADN, e eso pareceme moi interesante xa que son datos interesantes.

  3. marta.s.br Dixo:

    A importancia do ADN:
    A importancia biolóxica do ADN está basada nas súas funcións:
    1. O ADN controla a actividade da célula.
    2. En certos casos, o ADN pode chegar a ter certa conductividade, según un estudo.
    3. Grazas ao modelo da doble hélice do ADN:
    3.1 É o que leva a información xenética da célula.
    3.2 É o responsable das características estructurais e da transmisión destas caracteristicas dunha célula a outra na división celular.
    3.3 O ADN ten a propiedade de duplicarse durante a división celular para formar dúas moléculas idénticas.
    3.4 Ten a propiedades de mutación.

  4. guillermo.a.br Dixo:

    Estou totalmente dacordo cos vosos comentarios pois en verdade a pregunta sobre a orixe da vida áinda ten para rato antes de ser respondida polo huamnidade, debido en parte ao pouco coñecemento que temos sobre as condición da Terra cando esta xurdiu e que nos obriga a ter que imaxinar ou supoñer unha gran parte do proceso.
    Outras diferencias sustanciais entre o ADN e o ARN e que están formadas por diferentes tipos de pentosas(monosacáridos de cinco atomos de carbono), como o seu nome indica; O ADN esta formado por desoxirribosa mentres que o ARN por ribosa. Ademáis outra diferencia importante é que difiren na utilización dun tipo de base nitroxenada; timina para o ADN e Uracilo para o ARN.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.