O SALVADOR DOS BEBÉS PREMATUROS

Sabedes que a principal causa de morte dos nenos prematuros era o Síndrome de Dificultade Respiratoria (RDS)?

Pois ben, na actualidade ese non é o maior problema para os que nacen antes de tempo, a tasa de mortalidade está nun 5% nos países desenvolvidos. Con todo, é verdade que isto non foi sempre así, ata que o investigador sueco Tore Curstedt lle subministrou por primeira vez a substancia coa que estaba traballando a un prematuro, morrían nove de cada dez meniños nestas circunstancias. Estas mortes debíanse ao colapso dos alveolos, que non permitían pasar o aire para obter o osíxeno necesario para a respiración celular.

E cal foi o milagroso remedio a este grave problema? Hai uns 30 anos, Curstedt e o seu compañeiro Bengt Robertson investigaban nun composto surfactante, unha substancia, cuxa base son os fosfolípidos, que se atopa nos alveolos pulmonares, contribúe a minimizar a tensión superficial dos mesmos e que, neste caso, era obtida dos pulmóns de porcos.

Así, a solución foise estendendo máis alá de Suecia e comezaron a solicitalo moitos hospitais europeos, polo que o equipo se decatou de que era inviable a obtención da base do medicamento a partir de porcos, xa que un pulmón só curaba dous neonatos. Por iso, os científicos, apoiados por unha empresa farmacéutica italiana, volveron ao laboratorio tratando de buscar o xeito de obter un surfactante artificial. Finalmente, uns dez anos despois de que se tratase a primeira nena, conseguise a medicina de laboratorio que salvaría uns tres millóns de prematuros con RDS. Chamaríase Curosurf, fusionando os nomes dos dous investigadores coa palabra “surfactante”.

imagen

E vós que opinades deste descubrimento?  E da perseverancia de Tore Curstedt e do seu compañeiro? Ciencia e ética enfróntanse, por exemplo, na investigación con animais ou, neste caso, no sacrificio para a obtención dun beneficio directo para nós. Que me comentades ao respecto?

FONTE: http://elpais.com/elpais/2016/06/23/ciencia/1466679202_454202.html

 

Tags: , , , , ,

2 Respostas a “O SALVADOR DOS BEBÉS PREMATUROS”

  1. carmen.c.br Dixo:

    A invención dos surfactantes pulmonares polo investigador sueco Tore Curstedt no Instituto Karolinska de Estocolmo marcou un feito histórico na salvación da vida dos recen nacidos co Síndrome de Dificultade Respiratoria (RDS), unha condición pulmonar que non permite o paso do aire, impedindo obter o osíxeno necesario para a respiración celular, e a cal foi a principal causa de morte entre os recen nados durante décadas.

    Aínda que ao principio o fármaco se obtiña a partir dos fosfolípidos, que se atopan nos alvéolos pulmonares dos porcos, o cal provocou un enfrontamento entre a ciencia e a ética, a decisión do investigador de comezar a desenvolver o medicamento de forma sintética, o que permite unha producción máis rápida e en maiores cantidades, segue a mover á crítica.

    Estudos clínicos amosan que o tratamento con este fármaco reduce a mortalidade e calquera forma de fugas de aire pulmonar en lactantes con RDS nun 30% e 50%, respectivamente. Deste xeito eu estou a favor do uso deste fármaco, pois como estes estudos amosan, o fármaco trátase dunha medida eficaz no tratamento do RDS e polo tanto a súa fonte de obtención e producción están xustificadas.

  2. guillermo.a.br Dixo:

    Esta noticia amósanos de maneira exemplar como unha prolongada e exhaustiva investigación no ambito da mediciña pode “dar frutos” e chegar a salvar miles de vidas. Ao longo da historia foron moitos os casos de médicos determinados a combatir unha determinada enfermidade e non abandonaron ata facelo. Exemplo como o do médico venezolano Jacinto Covit que desenvolveu a vacina contra a lepra ou o inglés Edward Jenner que descubriu a vacuna contra a viruela. Todos eles dedicáronse en corpo e alma ata conseguir os seus propósitos.
    Con todo, hai veces que isto non é suficiente, na actualidade a investigación non pode ser levada a cabo por investigadores independentes, necesita a axuda e a financiación de países ou de grandes corporacións farmaceuticas como o necesitou o desenvolvemento de surfactante artificial. Sen esa axuda o procedemneto sería moito máis lento ou imposible polo que é unha parte a ter en conta na investigación médica tamén.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.