Donantes en asistolia: Un futuro prometedor
É posible transplantar un corazón dunha persoa que sufriu unha parada cardíaca?
O Hospital Universitario da Plana de Vila-real (Castellón) rexistrou esta semana o primeiro transplante do ano 2017 realizado coa técnica de doazón en asistolia controlada, é dicir, o transplante dun órgano procedente dun doante a corazón parado. Trátase do primeiro explante que se realiza con esta novidosa técnica neste hospital, xa que ata o momento as doazóns realizábanse co paciente en situación de morte cerebral.
Esta técnica, que permite manter funcionando un órgano fora do corpo, xa foi empregada con anterioridade para modificar e implantar con éxito uns pulmóns, e agora un corazón; órganos que de outra forma, se houberan descartado.
Durante un transplante de pulmóns realizado no 2009 no Hospital Porta de Ferro de Majadahonda (Madrid) chegouse a manter estes órganos funcionando ata 20 horas no interior dunha “caixa de avaliación estéril” e conectándoos a un respirador e a un sistema de perfusión que mantiveron a súa función metabólica. Neste tempo, mentres os pulmóns se atopaban funcionando no interior desta caixa estéril, corrixíronse posibles anomalías, diminuíuse a inflamación e mesmo axustouse o seu tamaño. Todo isto permite facer que un órgano que anteriormente non era viable para un transplante pase a ser viable.
Non obstante, aínda que se trate dunha técnica pioneira en España nalgúns hospitais doutros países, como o Hospital Xeneral de Toronto, trátase dunha técnica moi empregada.
Estímase que dende a chegada da doazón en asistolia controlada aos hospitais españois, as taxas de transplante aumentaron nun 25% e mellorouse a calidade dos transplantes. Ademais pénsase que esta técnica podería ser empregada na terapia xénica, é dicir, para modificar xenéticamente os órganos antes de transplantalos.a
Parécevos interesante a noticia? Credes que esta nova técnica favorecerá a unha recuperación dos pacientes mais rápida?
Fontes:
http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/castellon/2017/02/06/5898350f22601d5f118b465e.html
http://www.elmundo.es/elmundosalud/2010/02/01/biociencia/1265021575.html
Tags: Corazón, doazón, hospital, pulmóns, transplante
Venres 10 de Febreiro do 2017 ás 10:18 pm
Se hai un ámbito do que todos os españois debemos estar moi orgullosos, é o das doazóns e transplantes de órganos, pois España é o líder mundial en transplantes por 24º ano consecutivo. As cifras son moi alentadoras, 2018 doadores e 4818 órganos o ano pasado, pero é verdade que todo se pode mellorar, e máis se falamos da saúde, da vida das persoas. Así, toda nova técnica que se poida unir ao campo dos transplantes, será benvida. Esta en especial paréceme moi moi interesante, xamais imaxinei que na actualidade tiñamos a capacidade de manter un órgano “vivo” durante 20 horas nunha simple caixa estéril, como foi o caso destes pulmóns dos que nos fala Carmen. Ademais, o feito de que un corazón que sufriu unha parada poida volver a cumprir a súa función noutro individuo é incrible, non? Finalmente, debo facer fincapé na importancia de doar tanto sangue, como órganos, pois o de sempre, non sabemos se algún día seremos nós ou os nosos seres queridos os que precisemos a axuda doutros.
Sábado 18 de Febreiro do 2017 ás 5:15 pm
Creo que esta noticia fainos ver o moito que avanza a ciencia e que cada vez estamos máis preto de poder salvar vidas en condicións ainda máis difíciles e criticas.
Pareceme importante tamén o dato de que pode ser utilizada para modificar xenéticamente os organos transplantados
Domingo 5 de Marzo do 2017 ás 11:20 am
Estou totalmente de acordo co que di Estefanía. Esta noticia é un claro exemplo de que a ciencia, e a mediciña en concreto, avanza a pasos axigantados. Non fai moitos anos era impensable a idea de manter un corazón ou uns pulmóns fóra dun corpo e que continuaran realizando as súas funcións metabólicas.
Chámame a atención o feito de que mentres estes órganos estaban nesa “caixa estéril” se lles correxiran anomalías, se axustara o seu tamaño…
Cada ano morren miles de persoas por non atopar un corazón, un pulmón ou un fígado compatible. Coa modificación xenética destes órganos, antes de ser transplantados, poderiamos reducir notablemente esta causa de morte.
Indo un pouco máis alá, sería interesante aplicar esta técnica aos xenotransplantes (transplante de órganos e texidos desde un animal doante a un humano receptor), xa que ademais dos impedimentos éticos a barreira máis evidente é que os órganos dos porcos, por exemplo, son rexeitados polo home.
Por outra parte, tamén me parece atractivo que se siga aumentando o número de horas que se manteñen os órganos en funcionamento fóra do corpo. Supoño que os investigadores xa estarán traballando nisto, xa que desta maneira poderíanse trasladar a diversos lugares do mundo.
Luns 20 de Marzo do 2017 ás 3:54 pm
Doar órganos é un motivo polo que deberiamos estar orgullosos. Pero se co uso de este transplante aumenta ainda mais a doazón, supon a salvación de moitas vidas, xa que hai moita xente que morre a causa de non atopar a tempo un transaplante.
Luns 20 de Marzo do 2017 ás 10:24 pm
Verdadeiramente sorprendente o lonxe que pode chegar a mediciña actual no ámbito dos trasplantes de órganos. Con todo, como di miñna compañeira Andrea, aínda quedan certas dificultades sen resolver como a incompatibilidade entre órganos de persoas cun distinto grupo sanguineo ou entre membros de diferentes especies.
Esta “incompatibilidade” débese a presenza ou non dunhas sustancias nas paredes dos glóbulos vermellos denominadas antíxenos que producen unha resposta inmunolóxica por parte do organismo da persoa que non os ten. Esta resposta inmunolóxica pode desembocar en hemólisis, anemia, fallo renal, shock, ou morte do paciente ao que se lle realizou o transplante. Existen distintos tipos de antíxenos relacionados con cada grupo sanguineo e o motivo da súa existencia aínda e incerto para os científicos.
Malia isto a inxeñería xenética busca unha resposta para este problema mediante diferentes métodos como, por exemplo, un grupo de científicos que están tentando cultivar órganos de humanos en porcos utilizando células nai.
Luns 20 de Marzo do 2017 ás 11:57 pm
Resultame impresionante esta noticia. O feito de poder ter funcionando un órgano fora dun corpo é realmente novidoso. Este avance terá moita repercusión no futuro da mediciña e da bioloxía en relación cos trasplantes de órganos como o corazón e os pulmóns. Chamoume moito a atención o elevado número de hora que se pode manter o corazón fora do corpo humano nesa “caixa esteril”. Tendo en conta que en lugares do extranxeiro esta técnica non resulta tan novidosa e se fai mais a miúdo, considero que nun futuro non moi lonxano, grazas a estos avances se poderá realizar esta técnica en moitos países do mundo e con maior seguridade logrando así salvar moitas vidas en riscos extremos.
Sábado 6 de Maio do 2017 ás 12:14 pm
Considero que o relatado nesta noticia supón un avance moi importante e sobre, todo fascinante. Non só pola posibilidade de curar ou facer vivir máis a unha persoa cunha enfermidade cardiovacular, senón polo feito de conseguir facer funcionar un órgano tan fráxil como un corazón, fora do corpo humano mediante unha caixa estéril. Este proceso revoluciona completamente o mundo da mediciña e abre as portas da vida a persoas que tal vez xa o deran todo por perdido.