Mamá non fuma, mamá non bebe, mamá cóidase… e que fai papá?
A muller xa non é a única que debe cortar cos malos hábitos antes e durante o embarazo para unha prole san. Recentes estudios confirman que a mala alimentación, o estrés, o tabaco e o abuso do alcohol e drogas por parte do pai antes de concibir aos seus fillos tamén afectan á saúde da súa descendencia.
Desde que o xenoma humano foi secuenciado sabemos que o ambiente que nos rodea tamén inflúe na expresión dos nosos xenes, é dicir, calquera estímulo do noso entorno ten a capacidade de influír na forma que teñen as células de activalos ou desactivalos. Estas activacións e desactivacións poden transmitirse a unha nova xeración de células cando estas se reproducen.
O ESPERMA TAMÉN IMPORTA: Un estudio da Universidade de Cambridge, realizado nun tipo de sapo (Xenopus Laevis), demostra que algunhas marcas epixenéticas mediadas por proteínas chamadas histonas deben permanecer no espermatozoide no momento da fertilización para regular xenes concretos nos futuros embrións. Este é un feito moi relevante, posto que ata o momento pensábase que durante a maduración dos espermatozoides se producía un reemprazo destas histonas por proteínas de outro tipo. Neste sentido, queda patente que certas marcas epixenéticas no esperma do pai son transmitidas á seguinte xeración.
“REGALOCHE A MIÑA OBESIDADE”: Outro estudio realizado con ratos amosa que os efectos dunha mala alimentación dos pais pódese transmitir aos futuros fillos a través dos óvulos e espermatozoides sen a necesidade de mutacións no ADN. O que ven a dicir que os efectos da dieta da nai e do pai antes de concibir súmanse á hora de transmitir resgos sobre a saúde do fillo. Grazas a todos estes estudios concluímos que os cambios epixenéticos son dinámicos e que o estilo de vida e a nutrición poden afectar tanto ao noso epixenoma como ao dos nosos descendentes.
Credes que con exercicio e unha dieta e vida saudables podemos cambiar a nosa xenética?
FONTE: http://elpais.com/elpais/2016/07/11/buenavida/1468241691_110945.html
Tags: descendencia, nutrición, xenética
Sábado 19 de Novembro do 2016 ás 11:58 am
Este post desmente a idea social de que a muller e a única que ten que coidarse, algo que a maioría dos anuncios de beleza ou medicamentos reflicten. O epixenoma está formado por compostos químicos, proteínas, marcas químicas… que poden unirse o ADN e activar ou desactivar xenes, chamamos marcas epixenéticas a esas interaccións realizadas no xenoma. Isto é determinado polo noso entorno e estilo de vida como di Carmen. Esas marcas epixenéticas mediadas polas histonas claro que deben permanecer no espermatozoide pois a estas proteínas envolvese o ADN para despois, con estruturas mais completas formen a cromatina que se compacta para formar os cromosomas que transmiten a información xenética neste caso do pai ao fillo ou filla. Por iso o pai si debe coidarse para non influír nisto. Así é recomendable ser una boa alimentación ágora pero mais se nun futuro queremos ter fillos sans pois o que nos facemos ca nosa vida inflúe neles.
Non creo que podamos cambiar a nosa xenética con exercicio e vida sa pero si activar ou desactivar certos xenes favorables ara una vida afastada e evitar mutacións.
Martes 22 de Novembro do 2016 ás 7:14 pm
Esta e una información que case a gran maioría da poboación non se decata ,esa xente non se está a dar conta de que os pais que fuman e queren ter un fillo ou a sua muller o está xestando, estanlle a dar una forma de vida inferior a deles.
A placenta das mulleres que fuman durante o embarazo chegan a ser moito mais grandes ao final da xestación. Este aumento significa un incremento nas posibilidades da morte do neno dentro do ventre.
Un solo cigarrio o día ocasiona o risco de ter un bebé con baixo peso, ademais dun dano pulmonar de base. Estas afeccións minguan as capacidades coas que conta para enfrontarse ao novo ambiente, fora do corpo da nai.
De igual maneira, pode sufrir alteracións nerviosas, en comparación cos fillos de mulleres que non fuman.Para que o saibades, os pais que fuman e incluso os fumadores pasivos tamén poden afectar ao su futuro fillo.
E dicir maior exposición o fume, maior e a mutación xenética dos espermatozoides.
Aínda que ti non leves o bebé dentro do ventre a información xenética que lle pasas ao bebé a través do ADN do espermatozoide (ou espermatozoides) tamén chega viciada.
Mércores 23 de Novembro do 2016 ás 10:00 pm
Con respecto á pregunta que nos formula Carmen de se con exercicio e unha boa dieta poderemos cambiar a nosa xenética creo que, obviamente, ese cambio non podería ser inmediato nas xeracións seguintes, por exemplo, non porque uns pais mellorasen o seu estilo de vida con respecto ao dos avós a seguinte xeración vai ter unha “mellor” xenética. Ao igual que os netos poden adquirir características que non teñen os seus proxenitores pero si outros antepasados como avós ou bisavós, como por exemplo a cor dos ollos ou un cabelo cunhas características determinadas, os problemas, como o da obesidade do que nos fala esta entrada, tamén.
Si é verdade que se se fosen estendendo os bos hábitos de facer deporte, coidar a dieta ou non fumar na sociedade e se establecesen co paso dos anos e xeracións, acadariamos unha saúde xeral moito mellor. Ademais, está claro que estes costumes beneficiosos se deben ter a nivel particular, polo noso ben e para que a nosa vida sexa máis fácil e agradable evitando numerosas doenzas, non só nos debe mover a preocupación polas seguintes xeracións ou polos aspectos relacionados coa xenética.
Sábado 10 de Decembro do 2016 ás 10:49 pm
Na miña opinión, esta noticia trata un tema moi pouco usual e que moita xente descoñece. A maioría da poboación adoita prestar atención a alimentación da nai antes e durante o embarazo, pero son poucos os que se decatan que a dieta paterna tamén xoga un papel crucial na saúde da descendencia.
Con respecto a pregunta que nos plantexa Carmen, estou totalmente de acordo con Belén. Polo simple feito de que os proxenitores melloren a súa alimentación e adquiran un estilo de vida máis saudable, non vai ter grandes repercusións na xeración seguinte. O que quero dicir con isto é que estes cambios non ocorren dun día para outro, pero se estas costumes saudables se instalan e se herdan ás posteriores xeracións, ao mellor ao cabo duns anos si que poderíamos apreciar determinadas melloras en toda a poboación en xeral.
Domingo 11 de Decembro do 2016 ás 2:49 pm
Fai pouco, un estudo demostrou que se poden cambiar os xenes en só tres meses. Na investigación evaluouse a un grupo de homes con cancer de prostata que se opuxeron á quimioterapia. Estes fixeron cambios no seu estilo de vida, exercicio moderado como camiñar media hora ao día, técnicas de relaxación profunda como ioga ou meditación, mellorar a dieta; así como terapia psicosocial.
Como se esperaba, os pacientes perderon peso, baixou a súa presión arterial e rexistraronse novas melloras na saúde. Pero os investigadores descubriron cambios máis profundos cando compararon as biopsias de próstata feitas antes e despois dos cambios de estilo de vida. Despois de tres meses, estes homes regulados 500 novos xenes ligados á prevención de enfermidades e baixaron os niveis de PSA (marcador de sangue para o cancro de próstata).
Domingo 11 de Decembro do 2016 ás 3:29 pm
A miña resposta a esta noticia é que non por facer exercicio e ter unha boa vida a nosa xenética cambia, porque por exemplo hai casos nos que os teus fillos non levan xenes dos propios pais e o mellor si levan dos avós ou de outros antepasados.
Pero si que creo, que manter unha vida moi saudable, dieta equilibrada, e non ter vicios coma o tabaco ou o alcohol, mellora a saúde do embrión, e non só na nai se non que o pai ou outras persoas do seu arredor fumen tamén inflúe ao embrión, sea através dos espermatozoides ou cando xa hai un embarazo, a través do fume que a nai respira e que lle vai para o feto.
Domingo 11 de Decembro do 2016 ás 11:50 pm
Unha noticia moi interesante que nos fala da capacidade dos fillos de heredar os habitos dos pais, tanto da nai como do pai. A xente tende a pensar que os nenos ao nacer representan un novo comezo, con todo por aprender. Con todo esta noticia confirma que non existe unha táboa rasa onde empezar a modelar os hábitos dos recentemente nados. A realidade é que non podemos dicir con gran certeza que os nenos empecen a aprender desde o máis básico. Os nenos ao nacer teñen factores hereditarios provenientes das experiencas dos seus pais e que poden presentarse durante a etapa fetal e tras o parto.
A razón desta transferencia de hábitos podería estar na supervivencia da especie. Para as crías é importante nacer con certos bos hábitos que permitiron aos seus proxenitores sobrevivir xeración tras xeración. Neste caso ocorre o contrario e a nosa vontade de matarnos a nos mesmos mediante o consumo de drogas como a alcohol ou o tabaco pasa aos nosos fillos de maneira facéndonos inconsciente.
Luns 13 de Marzo do 2017 ás 4:22 pm
Esta noticia demostra a referencia que é un pai ou unha nai para un rapaz dende pequeno, xa que adoptan os bos e os malos costumes.
Xoves 4 de Maio do 2017 ás 7:37 am
Esta noticia pareceme interesante xa que é algo que algo que está moi presente na vida de moitos nenos e nenas do mundo. Creo que seria unha noticia que deberian de ter en conta moitos pais e nais o mundo xa que fala de que herdamos os malos habitos dos nosos pais. Moitos pais e nais queixanse cando os seus fillos ou fillas fuman, pero que pensarían se souberan que ese mal habito é herdado deles?
Sábado 6 de Maio do 2017 ás 10:43 am
Na miña opinión, se existise unha igualdade entre homes e mulleres á hora de facer recaer os coidados dos nenos e nenas, xa que son responsabilidade dos dous membros da parella e non só da nai, esta noticia sería parcialmente innecesaria pois concebiríamos como evidente o feito de que tanto as malas costumes do pai como as da nai, poderían ser perxudiciais para seu fillo ou filla.