Antioxidantes para mellorar a fertilidade

Todos coñecemos de sobra as vantaxes para a saúde dunha alimentación variada, equilibrada e rica en antioxidantes. Pero o que ata agora non se sabía é que inxerir moitos antioxidantes pode ser a clave para mellorar a fertilidade na muller.

Entre o 15 e o 20%  de casos de infertilidade non se coñece a causa pero a maioría dos expertos afirman que se debe ao estrés oxidativo (déficit de antioxidantes e exceso de radicais libres). Este estrés oxidativo pode dar lugar a que as mulleres xóvenes teñan ovarios envellecidos que non funcionan de maneira correcta e que produzan unha insuficiente cantidade de ovocitos de boa calidade para conseguir o embarazo.

Para combater este problema, unha dieta rica en antioxidantes pode ser determinante. Os principais alimentos que neutralizan o exceso de radicais libres e que estimulan a produción de ovocitos son as froitas e as verduras. Entre as primeiras, cabe destacar a granada e o amorodo e, das segundas, o tomate e os carotenoides (colorantes naturais presentes na cenoria, nos cítricos, nas espinacas, no millo…). Ademais disto, outras recomendacións moi habituais son: beber moita auga, reducir a inxesta de proteínas animais, tomar aceite de oliva, non abusar da bolería industrial…

imagen

Nesta noticia falamos da infertilidade feminina, pero… Que opinades sobre a infertilidade masculina? Credes que ao igual que na feminina se podería reducir con este tipo de dietas?

http://crescenti.es/blog/antioxidantes-para-mejorar-la-fertilidad/

http://www.webconsultas.com/noticias/dieta-y-nutricion/la-ingesta-de-antioxidantes-puede-mejorar-la-fertilidad

 

Tags: ,

7 Respostas a “Antioxidantes para mellorar a fertilidade”

  1. cristina.c.br Dixo:

    Dende o meu punto de vista , esta é una noticia moi interesante, xa que a dieta inflúe na fertilidade. Tanto é así que unha mala alimentación pode afectar negativamente tanto en homes como a mulleres, á hora de intentar concibir. E polo contrario, una dieta equilibrada, baixa en graxas e rica en certos nutrientes demostrou ser un gran aliado da fertilidade.

    Comer de maneira sa debería ser una constante en calquera persoa que persiga un estilo de vida saudable. Pero cobra aínda maior importancia cando se está intentando ter un bebé. Por iso, tamén nestas fechas, eu aconsellaría que para ter una función reprodutiva, debería :
    - ter una dieta variada , non sempre tomar o mesmo.
    -non hai que excederse, xa que máis non significa mellor.
    -tomar menos cafeína.
    -aumentar a inxesta de calcio.
    -Incorporar ácido fólico nos nosos menús.
    -tomar mais vitamina C.
    -tomar alimentos que conteñan cinc.

  2. carmen.c.br Dixo:

    Do mesmo xeito que unha dieta variada e rica en oxidantes pode mellorar e incrementar a fertilidade das mulleres, neutralizando os radicais libres capaces de danar as estruturas celulares; tamén poden chegar a ter os mesmos efectos nos homes.

    Nos últimos tempos realizáronse diferentes estudios para determinar a maneira na que a dieta condiciona calidade seminal e, polo tanto, a fertilidade masculina. Deste feito, conclúese que diversos alimentos ricos en oxidantes e vitaminas, como as cenouras, os arandos e os legumes, favorecen a maduración dos espermatozoides e o desenvolvemento dos testículos.

    Non obstante, debemos ter en conta que o tabaquismo, o consumo habitual de alcohol e cafeína son factores que afectan negativamente tanto á fertilidade masculina como á feminina, ata o punto de que unha dieta rica en antioxidantes pode non ser suficiente para contrarrestar tal efecto.
    De este feito conclúo que para que unha persoa, independentemente do seu sexo, aumente a súa fertilidade non abonda con que sega unha dieta equilibrada e variada; senón que ten que levar unha vida saudable en todos os sentidos.

  3. j.manuel.m.br Dixo:

    Para os homes tamén hai unha dieta que mellora a fertilidade. A vitamina A protexe as células do tracto reprodutor masculino de envellecemento prematuro. Este nutriente encontrase na cenoria, leite e laranxas, xunto con follas verdes.
    A vitamina E mellora a mobilidade do esperma e pode consumirse en aceites de sementes, así como améndoas e noces. O cinc aumenta o nivel de testosterona. Os alimentos ricos en zinc son: apio, espárragos, figo e berenxena. A vitamina C axuda a previr defectos de esperma e estimula a súa mobilidade. Entre estes os principais alimentos que conteñen esta vitamina pode ser destacado: cítricas, allo, cebola, amorodos, ananás, mamá, abelás e améndoas. Arxinina contribúe á creación de esperma. Os alimentos ricos neste compoñente son: cebola, allo, espárragos, avea, pemento, cenoria, leituga, mazá e espinaca. Calcio e vitamina D. A inxestión diaria pode mellorar a fertilidade, segundo investigación da Universidade de Wisconsin en Madison.

  4. guillermo.a.br Dixo:

    Numerosos estudios indican que a infertilidade en España está aumentando nos varóns e que o seme de entre o 30% e 50% de eles non cumpre os requisitos de calidade. Isto pódese deber a alteracións cromosómicas, tóxicos medioambientais, temperatura testicular elevada ou, como di esta noticia, a unha mala alimentación. Con todo a superpoboación no mundo é un problema moi grave é unha diminución da fertilidade resultaría vantaxosa; non vos parece??

  5. belen.m.br Dixo:

    Quero expresar a miña opinión con respecto ao comentario de Guille sobre a superpoboación. O meu compañeiro opina que a infertilidade que se está a detectar tanto en homes como en mulleres ten o seu lado bo, e é que así se poderá controlar o exceso de poboación mundial. Tanta poboación dá lugar a problemas como un maior consumo, que leva a un aumento da pobreza, ou tamén unha contaminación excesiva debida a distintos motivos. Con todo, na miña opinión, tamén debemos pensar en cuestións emocionais de cada individuo e non en meras cifras ou datos tan formais.Os problemas emocionais que poden ter as persoas estériles ou que teñen dificultades para concibir poden ser moi graves e poden condicionar a súa vida.
    Finalmente, quero engadir un dato bastante famoso en relación coa superpoboación. En China houbo unha lei que estivo vixente ata o ano pasado que condicionaba ás parellas a ter un único fillo e aínda que na actualidade xa non a hai, segue habendo duras condicións, pois os matrimonios deben facer unha solicitude formal par ter un segundo fillo.

  6. marta.s.br Dixo:

    Esta noticia paréceme moi interesante, xa que ata agora só tiña constancia das vantaxes ou desvantaxes de dietas saudables, equilibradas e variadas. Pero a parte disto, poder chegar a saber que o consumo de antioxidantes mellora a fertilidade tanto na muller como no home é un gran avance para a nosa poboación. Na miña opinión estou de acordo co que di Belén, debemos pensar nas emocións e na dificultade das persoas estériles que poden chegar a condicionar as súas vidas. Pero respecto ao que comenta Guille, non estou completamente de acordo, sí é verdade que temos que ter en conta a cantidade de pobreza que existe no mundo, pero non considero ventaxosa a diminución da fertilidade como unha boa solución e este problema. Senón que para erradicar a pobreza os plans de gobernó deben establecer medidas e políticas de actuación. Algunas destas medidas caracterízanse por tratar de recuperar e aumentar a producción agrícola, mellorar a utilización sostible de recursos naturais, incrementar a investigación nas zonas máis afectadas pola fame e a pobreza, optar pola construcción de centros de saúde e hospitais en mellor estado para garantir a saúde óptima dos cidadáns…

  7. maria.p.b.br Dixo:

    Esta pareceume unha noticia bastante interesante xa que trata sobre a fertilidade en relación a alimentación, tanto en homes como en mulleres a mala alimentación inflúe de maneira negativa na fertilidade, en cambio unha alimentación equilibrada e variada actúa positivamente.
    Tamén influe negativamente nos homes un elevado peso, consumo de drogas, alcohol..

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.