Erradicación de especies… Un novo método para eliminar enfermidades?

Ultimamente todos temos oído moito falar sobre o Zika, un virus que ven de África que ao infectar a  mulleres embarazadas  produce malformacións no seus fetos causando microcefalias en nenos recén nacidos. O virus se está a expandir por toda América a un ritmo alarmante y polo momento ninguén  conseguiu desenvolver unha vacina contra este parásito.

O Zika, xunto con outros moitos virus como o da malaria ou o da febre amarela, son transmitidos polas femias dunhas poucas especies de mosquitos, un porcentaxe que só constitúe o 3% das 3.500 especies que existen, pero que a aínda así conseguen  matar a máis dun millón de persoas cada ano e propagar centos de enfermidades.A moita xente lle parecería razoable facer desaparecer esta insignificante cifra de especies para librar ao mundo destes propagadores de enfermidades y non ter que esforzarse  en crear vacinas constantemente, ¿pero é isto realmente posible?

Segundo algúns científicos, si que é posible, pois foron capaces de modificar xenéticamente os machos Aedes aegipti, o mosquito portador tanto do virus Zika como da enfermidade do dengue, para que leven un xene que evita que as súas crías se desenvolvan adecuadamente, o que fai que a segunda xeración de mosquitos morra antes de reproducirse e se convirtan en portadores. Experimentos realizados en lugares de Brasil e do Caribe onde soltaron estes machos se  rexistraron unha diminución de hasta o 96% no número de mosquitos. Porén, a pesar do éxito de reducir a cantidade de mosquitos en zonas pequenas,  moitos científicos consideran que eliminar toda una especie sería imposible.

imagen

 

Que pensades vos? Non vos preocupan os efectos secundarios desta alteración, tanto na saúda das persoas como nos ecosistemas? Debemos eliminar unha especie polo único feito de que representa unha ameaza a outra especie? E que pasa ca especie humana?

 Fonte: http://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/01/160128_ciencia_mosquito_zika_dengue_gtg

 

Tags: , ,

5 Respostas a “Erradicación de especies… Un novo método para eliminar enfermidades?”

  1. cristina.b.br Dixo:

    Menuda tolería! A min o que me gustaría saber é quen nos cremos as persoas para eliminar unha especie premeditadamente? Paréceme unha auténtica salvaxada que persoas cualificadas se planteen eliminar especies do noso planeta simplemente porque non nos deixan vivir todo o cómodos que queremos. Ademais, hai miles de especies que algunha vez lle causaron danos as persoas e non por eso as vamos a eliminar a todos. Malia isto, o máis importante para preservar unha especie é o seu nicho ecolóxico, é dicir, o papel que cada especie desempeña no seu ecosistema. Aínda que moitas veces non nos parasemos a pensalo, cada especie leva a cabo unha tarefa nos ecosistemas o que permite que estes estén en equilibrio. Se nos dedicamos a eliminar especies sistematicamente para evitar danos, o único que vamos a conseguir é que o nosos planeta se vai desequilibrando paulatinamente ata que todos os ecosistemas se atopen en regresión. Por outra parte, creo que o maior símbolo do ser humano é o progreso e por iso debemos procurar sempre evolucionar e coñecer todo o que poidamos o nosos medio para deste xeito, poder vivir comodamente e en harmonía con el. Por iso, investigar e descubrir novas vacinas debe ser unha motivación para nos e non un traballo que se fai unica e exclusivamente por obrigación.

  2. minia.g.br Dixo:

    Pregunta bastante complexa e moral a que se nos propón ao final da noticia. Debemos ou non eliminar unha especie polos danos que esta pode causar a nosa? Supoño que moitos dirán que sí, e os seus argumentos tamén serán moi válidos, pero vivimos nun planeta gobernado por unha natureza que alberga a unha cantidade de seres inimaxinables que viven dacordo cos demais en perfecto equilibrio. Eliminar especies aínda que sexan estes mosquitos que aparentemente non aportan nada e resulta unha parte mínima do ecosistema non é a solución. Non podemos estar exterminando ou alterando continuamente o entorno sen que haxa consecuencias. Ademais, a natureza está en perpetuo cambio polo que, a loita contra certas especies non acabaría nunca e sempre aparecerían máis cas que “combater”. Por non falar dos danos que nos ocasionaría a nós mesmos xa que todo está moi íntimamente relacionado e pequenos cambios poden ter respostas moi negativas, así como o feito de que a perda de biodiversidade é un problema moi grave que afecta a nosa especie de cheo.

  3. ignacio.r.br Dixo:

    Este tipo de enfermidades, principalmente tropicais, son especialmente preocupantes nos últimos años como é o caso do Zika, e que cuxo método de erradicación sexa a desaparición da propia especie, resúltame bastante sorprendente. Estés insectos transmiten estas enfermidades que posteriormente son transmitidas aos seres humanos causando graves problemas, pero cuxas vacinas son inexistentes, polo que aparentemente facer desaparecer á especie sería algo positivo, pero antes debemos valorar os posibles efectos que esto pode causar, debido a que é probable que seca parte do sustento dun determinado ecosistema. Pero independentemente disto, paréceme moi complicado facer desaparecer toda unha especie, pero que resulta moi paradóxico, posto que aqueles seres vivos que queremos erradicar polos perxuízos que causan non somos capaces, pero aqueles que non queremos ou non nos interesa que desaparezan extínguense con gran facilidade.

  4. carolina.br Dixo:

    O Zika foi un dos temas máis comentado nos últimos meses, todo o mundo escoitara falar sobre este virus, e mais aínda cando se deu un caso aquí en España, cando unha muller embarazada, entre outros casos, que viaxara a Colombia regresou infectada e posteriormente seguiu un tratamento aquí en España. A solución que se propón neste post de erradicar a especie transportadora do virus Zika non me parece a solución máis axeitada, todos os seres vivos xogan un papel esencial dentro de cada ecosistema e ao erradicar un especie estamos alterando unha serie de cadeas que poden ter efectos desastrosos. Na miña opinión deberíase tomar máis precaucións cando se viaxa a lugares de alto risco de contaxio de esta enfermidade e seguir na procura dunha vacina.

  5. adrian.p.br Dixo:

    Tremenda barbaridade! Paréceme unha insensatez enorme por parte do ser humano eliminar especies ao noso antollo porque nos causen mal a nós, pero que é destas especies e da función que teñen nos ecosistemas? Estou seguro que teñen un papel importantísimo e nós queremos eliminalos, o que pode levar a que non haxa equilibrio nun ecosistema, que pode causar males maiores que unha enfermidade… Na miña opinión deberíase deixar de investigar como modificar estas especies xa que isto pode levar a mutacións moito peores que esta enfermidade, e deberíase estar investigando curas ou algún tipo de tratamento contra as enfermidades que causan, sen ter que modificar nada no ADN e moito menos decidir eliminar ningunha especie

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.