Nepal volve tremer
Varios expertos da Rede Sísmica do Instituto Xeográfico Nacional tratan de explicar que o segundo terremoto que tivo lugar en Nepal no mes de maio deste ano 2015, non é unha réplica do principal, senón que é un novo seísmo desencadeado por unha nova ruptura da codia. Aínda que o mecanismo do movemento da faia foi idéntico en ambos casos, non se produciron no mesmo lugar.
Nepal está nunha zona de alta perigosidade sísmica, xa que é onde colisionan as placas tectónicas de India e Eurasia, que cada ano se desprazan entre 4 e 5 cm. Ao estar “apretando” unha placa contra a outra, acumúlanse tensións e enerxía que acaban provocando unha ruptura na codia e, polo tanto, un terremoto. Despois de que este se produza, acumúlanse novas tensións nos extremos das placas rotas e isto pode dar lugar a un novo seísmo, que é o que ocorreu en Nepal e, polo tanto, non se pode considerar unha réplica.
Por desgraza, espéranse novos terremotos de gran magnitude preto do Himalaia, pero non se sabe cando ocorrerán, xa que os sismólogos só poden obter pistas sobre as zonas que acumulan maiores tensións, pero esta información non é suficiente.
Un dato curioso é que as réplicas poden producirse ata un ano despois do terremoto principal.
Fontes de información :
http://www.lavanguardia.com/ciencia/planeta-tierra/20150512/54430590779/terremoto-nepal-replica-nuevo.html
http://elpais.com/elpais/2015/05/12/ciencia/1431418100_984612.html
Domingo 31 de Xaneiro do 2016 ás 1:32 pm
O que se nos comenta neste post é moi interesante, como se pode producir novos seísmos por acumulación de tensións, este descubrimento fainos pensar se no pasado non nos equivocaríamos chamando replica a terremotos que nada tiñan que ver con eso. Deste tipo de situacións tamén hai que comentar o medo continuo no que viven os habitantes de Nepal sabendo que en calquera momento pode repetirse esa gran catástrofe que tantas traxedias deixou nas súas vidas.
Venres 25 de Marzo do 2016 ás 11:46 pm
Os terremotos son fenómenos naturais contra os que os seres humanos non podemos loitar, e debemos convivir con eles. Pola contra, sí que se poden levar a cabo medidas principalmente de carácter preventivo para reducir así a exposición e a vulnerabilidade, que está en mans de todos. Sen embargo, tamén é importante destacar a relación que hay entre as consecuencias que pode causar un sismo e o grao de desenvolvemento do país, debido a que dous terremotos da mesma magnitude en E.E.U.U., e outro en Nepal terán en ambos casos consecuencias devastadoras, pero serán máis graves no caso do país asiático, debido a que conta con menos recursos en tódolos ámbitos polo que as axudas serán máis escasas, as infraestruturas son de menor calidade…razóns polas cales é necesario axudar a eses países pobres para así cando se produzan estes impresionantes fenómenos da natureza, as consecuencias sexan moito menores.