Ríos… de vida?
Peixes con dúas cabezas, caranguexo americano, Ibuprofeno ou anticonceptivos nos nosos ríos… Estas e outras cuestións sorprendentes nos contou Fernando Cobo Gradín, profesor da Facultade de Bioloxía da USC, que nos deu unha interesante conferencia hoxe, no noso centro, sobre os ríos e a súa problemática. Unha vez máis temos que agradecer que investigadores en activo, persoas que traballan na construción do coñecemento científico veñan ao instituto contárnolo.
Agora abrimos un debate para compartir impresións: que foi o que máis vos interesou? E o que máis vos sorprendeu? Pensabades que a situación ambiental dos ríos galegos ía ser outra? E sobre o que lles vai afectar aos ríos o cambio climático; que vos pareceu?
Seriamos capaces de elaborar a partir da conferencia un decálogo de boas prácticas relacionadas cos ríos? Propoñede accións para ese decálogo. Animádevos! Despois colocarémolo na exposición
Tags: auga, contaminación, ríos
Mércores 24 de Abril do 2013 ás 7:50 pm
A charla que nos deu Fernando Cobo foi realmente interesante e sobre todo moi impactante. Creo que non podería escoller unha única cousa que me interesase, sinceramente cada tema tratado fíxome plantearme seriamente a onde pretendemos chegar os seres humanos.
Eu, por ignorancia, descoñecía que cando se verten residuos orgánicos, estes co incremento da temperatura reaccionan coa auga contaminándoa seriamente.
Tamén me pareceu moi interesante a utilidade que teñen os bosques que rodean os ríos filtrando moitos dos residuos para que non cheguen ás augas.
Impactoume moitísimo as mutacións que se dan pola contaminación das augas: os peixes xorobados, troitas ou a deformación das dentaduras dos peixes.
Penso que a introdución de especies exóticas é un problema realmente preocupante e temos que facer algo porque unha simple especie pode arruinar un ecosistema!
Fernando Cobo é un home que se nota que desfruta co tema que trata, foi unha charla moi amena para o meu gusto.
Domingo 28 de Abril do 2013 ás 8:02 pm
Agradézolle a Fernando Cobo a interesante charla que nos deu no intituto. O que mais me interesou foi saber da pouca auga que hai no planeta e que no 2029 a auga valerá o mesmo que agora o viño Albariño. Sorprendeume moito a grave acción que facemos sobre os seres acuáticos. As mutacións nos peixes paréceme un tema que temos resolver as persoas e o que dixo de que as especies mudaban de hábitat tamén, porque as especies teñen o seu hábitat e non teñen que marchar do noso entorno. Grazas a Fernando Cobo, un gran biologo.
Luns 29 de Abril do 2013 ás 8:29 pm
É un gran privilexio que alguén experto nestes campos nos veña dar unha charla informativa sobre asuntos que nos preocupan a todo o mundo. A parte da contaminación con verquidos de sumidoiros e produtos químicos dos ríos, tamén temos o caso das presas que penso que estas medidas se fan en nome do progreso, por que o cambio de posición dunha presa como nos contou Fernando Cobo é necesaria para unha maior produción de enerxía, algo que todo o mundo utiliza, e non esta ben que moitas especies morran deste xeito. Se fora unha enerxía alternativa que contamina menos que outras pois se é necesario facer un pequeno sacrificio faise. No caso da contaminación de ríos, etc, son cousas que non se deberían permitir e debería haber multas bastante altas.
O que mais me interesou da charla, foi o de saber das mutacións como a das dúas cabezas da troita que produce a contaminación.
Sinceramente pensei que a situación dos ríos galegos non sería moi distinta ao que nos ensinaron xa que moitos ríos de todo o mundo vense afectados por contaminacións e outros factores.
Un Saúdo a Fernando Cobo, sempre é agradable aprender cousas novas.
Martes 30 de Abril do 2013 ás 11:19 am
O anterior martes Fernando Cobo deunos unha charla sobre a contaminación dos ríos, que me gustou moito e que está relacionada co tema que tratamos este ano, a auga.
Achegou datos que me pareceron importantes, como por exemplo que a vexetación cercana ao río actúa como unha defensa, impedindo que os residuos non cheguen ata os ríos.
Penso que poderíamos ter máis charlas sobre temas que nos conciernen a todos.
Martes 30 de Abril do 2013 ás 11:57 am
A charla que nos veu dar Fernando Cobo foi inmensamente interesante e educativa, informounos sobre a auga e a súa situación actual, algo moi necesario.
Chamoume a antención a presenza de medicamentos na auga, e que non resulta prexudicial a non ser que se consuman moitas cantidades de peixe nado nesas augas.
Martes 30 de Abril do 2013 ás 12:04 pm
A charla que recibimos por parte de Fernando Cobo pareceume moi interesante, asi como tamén informativa. Nela poidemos coñecer información sobre os nosos ríos e os efectos que provocamos neles. O que máis nos impactou foi que as especies poden sufrir mutacións, como por exemplo, cambios de sexo, deformacións da columna… Isto é causado pola inxestión de productos químico-sanitarios tales como medicamentos diluidos en auga que as persoas tomamos.
Tamén sorprende o dato de que, dentro duns anos, un vaso de auga potable terá o mesmo prezo que un de wisky.
Martes 30 de Abril do 2013 ás 12:16 pm
A charla que tivemos sobre “10.000 rios 10.000 problemas” expostas por Fernando Cobo foi moi interesante, porque nos informamos sobre os medicamentos que acaban nos animais dos nosos rios, que logo inxerimos, tamen sobre a contaminación organica que se produce nos encoros por culpa da auga estancada, xa que se produce eutrofización.Por outra parte pareceunos pouca dinámica e monótona.
Mércores 1 de Maio do 2013 ás 8:07 pm
Desde o meu punto de vista, a charla de Fernando Cobo achegounos a todos información que descoñeciamos totalmente e que chega a ser desconcertante. Considero que tódolos temas que abordou foron, cando menos, interesantes e curiosos.
O feito de que nos achegara datos alarmantes sobre o estado dos ríos na actualidade ou sobre o seu futuro, así como as mutacións que se están a dar nos animais acuáticos do noso entorno, pareceume de agradecer. Penso que a moitos de nós esta charla incitounos a reflexionar e sobre todo a comezar a ser conscientes do que realmente está a pasar nos nosos ríos e da gran importancia que teñen algúns dos nosos actos sobre eles.
Agradezo a Fernando Cobo a súa colaboración e animo a todas aquelas persoas que estiveron alí a comentar a súa opinión e ter a oportunidade de tratar en grupo as diferentes cuestións faladas na charla.