Móbiles, radiación e saúde

 

imagen

       Estamos afeitos a relacionar radiación cancro, por iso se hai un tema que esperta polémica é o da radiación emitida polos teléfonos móbiles, aparellos cuxo uso se estendeu coma a pólvora na nosa sociedade. Incluso sabendo que o tipo de radiación que utilizan non ten nada que ver cos perigosos raios ultravioleta, X ou Gamma, teño que dicir me conto entre as persoas nas que xenera certa desconfianza.

 

         Despois da interesante charla que deu Xurxo Mariño no noso instituto martes día 9 parece que podemos estar máis tranquilos: este especialista en Neurociencia da Universidade da Coruña afirma que a día de hoxe os estudos científicos confirman que a radiación emitida por estes aparellos, ao ser non ionizante, non ten ningún efecto sobre os tecidos biolóxicos, e particularmente sobre o tecido nervioso e as neuronas.

        Non sei a vós, pero eu destacaría varias reflexións:

       A primeira, ten que ver con nós, ca importancia de informarnos ben, desenvolver o sentido crítico e non quedarnos co primeiro que nos contan.

       A segunda é que é fundamental que o coñecemento científico se divulgue, particularmente a investigación científica que se está a facer na actualidade, como ocorre neste caso, para evitar temores infundados; por iso agradecemos tanto o labor de xente coma Xurxo Mariño.

     A terceira ten que ver ca necesidade de tomar o coñecemento científico, non como algo definitivo e que establece verdades absolutas, senón como a forma máis rigorosa de abordar o coñecemento. O mesmo investigador afirma que levamos moi pouco tempo usando estas tecnoloxías e que estas conclusións que se sacan a día de hoxe, poden variar no futuro se se fan novos descubrimentos. A ciencia está en permanente construción.

       Por último as miñas reflexións van máis polo lado do uso que facemos deses aparellos; necesitamos usar tanto o móbil? Realmente serve para comunicarnos mellor? E indo máis alá: necesitamos cambiar de móbil tan a miúdo? Ou estamos caendo neste consumismo absurdo de “usar e tirar” que está traendo consecuencias tan nefastas para o planeta?

 

Tags: , ,

8 Respostas a “Móbiles, radiación e saúde”

  1. oscar.m.br Dixo:

    Na miña opinión non necesitanos usar tanto o móbil, porque podemos prescindir del como prescincimos durante tantos anos da historia. Necesitamos cambiar tanto de móbil porque asi collemos máis cubertural, para falar mellor. As tecnoloxías aumentan, agora ata ten internet, e máis vías de comunicación. Claro que estamos caendo no comsumo de usar e tirar xa que as tecnoloxías aumentaron moito en menos de trinta anos. Os móbiles cambiaron moitísimo nestes anos para nós. Por último digo que se hai que tirar un móbil que sexa nun punto limpo para que se poida reutilizar o máximo posible del.

  2. erica.br Dixo:

    Comparto a opinión sobre a charla. A min resultoume un tema moi interesante e agradézolle tamén a Xurxo Mariño que viñera a compartir connosco coñecementos novos e a sacarnos de dúbidas sobre os efectos negativos dese aparello que todos empregamos a día de hoxe, o móbil.
    A verdade é que me sorprendeu moito o feito de que a radiación que emiten estes dispositivos non tivera ningún efecto perxudicial para a nosa saúde, xa que tiña unha idea totalmente oposta e errónea.
    Aínda que as explicacións me pareceron coherentes e non dubido da eficacia dos investigadores, opino que a experiencia é a base do coñecemento, polo que non estou tan segura de que os posibles efectos secundarios das radiacións sexan completamente nulos.
    Do que sí que estou segura é do incremento de persoas que o usan e do tempo invertido no tema de móbiles.
    Calquera cousa en exceso é mala, polo que son partidaria dun consumo moderado destas novas tecnoloxías, sen deixar de lado outras maneiras de comunicación máis tradicionais.

  3. javier.d.br Dixo:

    Comparto a opinión da miña compañeira pois a charla foi moi interesante, estivo moi entretida e, a min polo menos, serviume para desenganarme pois eu pensaba que as emisións que desprendia o móbil eran moito máis perxudiciais. Por outra banda chocoume o detalle das antenas de recepción e emisión telefónicas, pois canto máis cerca te atopes delas menos che vai a afectar como nolo mostrou Xurxo. Isto demostra unha vez máis o que é capaz de avanzar a ciencia e o que pode mellorar as nosas condicións de vida.
    Respecto o cambio de teléfono eu vexo un pouco excesivo, ainda que o entendo, pois a tecnoloxía avanza, asi que nos tamén temos que avanzar, pero agora teño oído de campañas de recollida de móbiles que xa non se usan par financiar investigacións contra enfermidades , e penso que todos debiamos apollar este tipo de iniciativas.

  4. luz.ramos Dixo:

    Telefonía móbil, ondas electromagnéticas, radiacións e efectos sobre a saúde. Xurxo fixo un percorrido para introducirnos no tema e aportou a “información científica” coa que contamos na realidade sobre o efecto das radiacións que emiten os móbiles. Para obter máis información sobre o tema propóño a seguinte ligazón:
    http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=5407

  5. marina.br Dixo:

    Creo que foi moi boa idea que trouxeran a Xurxo mariño. É importante a divulgación científica porque é usual que se dean mitos científicos en temas moi variados. Por un lado eu comprendo totalmente que se dean, xa que non toda a xente pode escoitar a persoas tan informadas. É por iso que estou totalmente a favor de estas charlas.
    Persoalmente eu sabía que os móbiles non tiñan efectos moi prexudiciais nos seres humanos. Segundo o que demos en tecnoloxía os móbiles desprenden ondas electromagnéticas non ionizantes que non modifican a estrutura celular.
    Na miña opinión os móbiles son un utensilio que facilitou moito a comunicacion; pero como dixo Laura o gran problema é que os cambiamos moi a miudo. Os materiais que se empregan son moi prexudiciais, ao mellor non para os seres humanos; pero que pasa co noso planeta?

  6. lucia.a.br Dixo:

    Xa en 1993, Lisa Holst escribira un artículo sobre o fácil que é difundir un bulo por Internet, como o de que tragamos unha media de oito arañas cando durmimos, algo non fóra do absurdo. Na actualidade, aínda resulta sorprendente como moitos falsos datos, a pesar de non ter ningún fundamento, circulan entre a poboación, creando preocupacións innecesarias. O tema do efecto canceríxeno dos móbiles é só outro exemplo máis.
    A charla de Xurxo Mariño deixounos aliviados, pero penso que foi máis alá do tema da radiación dos móbiles. Este foi únicamente o enfoque que lle quixo dar para que entenderamos a importancia de informarnos ben e de ser rigurosos á hora de sacar conclusións, e a non quedarnos co primeiro que nos din. A propia experiencia é a que nos fai darnos conta de como a ciencia consiste en agrupar datos para poder deducir deles tan só conclusións xerais, que non son máis que o que se coñece ata ese momento e que se ven modificadas continuamente. En investigación, tamén é importante non confiar na ciencia ata o punto de adoptar principios excluíntes. Neste caso, Xurxo Mariño proporcionounos unha serie de datos rigorosos que proban que non hai razón para crer no efecto prexudicial dos móbiles. Él é un experto que estudou o tema e informouse, e deberíamos imitalo. A moralexa sería: non vos deixedes enganar pola primeira leira que vos conten! Sede curiosos e informádevos!

  7. miguel.g.br Dixo:

    Eu penso que na actualidade hai un serio problema polo uso abusivo que exerce o adolescente sobre o teléfono móbil. A hora de saír a rúa é inevitable ver a persoas xóvenes usando o seu móbil en todos os momentos. É certo que é necesario ter sempre a disposición un móbil por calquera emerxencia que podamos ter. Na miña opinión as persoas entre 13 e 15 anos de idade é o problema máis grave xa que son as que caen máis rápido nesta adicción debido en algúns casos a presión social que exerce os seus grupos e algunhas marcas de teléfono.

  8. sergio.g.p.br Dixo:

    Como din a maioria dos meus compañeiros, sempre pensei que o uso dos móbiles e ter cerca antenas de telefonía eran prexudiciais para a saúde, sen esquecernos do medio ambiente, pero grazas a charlas con persoas capacitadas e informadas como Xurxo Mariño, explícanos que todas esas faladorias e bulos non son tan certos.
    Aínda que non existan perigos, xa sabemos que o uso abusivo de todas estas tecnoloxias non son boas, por iso aínda que avancemos moi rápido temos que darnos conta e non deixarnos levar pola sociedade e polo consumo.
    En resumo, compañeiros, as novas tecnoloxías, como por exemplo o móbil, debedes tomalas como un avance, non depender del. Pensade con cabeza.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.