Ciencia en directo dende…A Antártida!

imagen

 

imagen

Hoxe estamos de celebración e isto tiña que ser noticia no noso blog. Non todos os días temos a oportunidade de contactar con científicos, ou, como neste caso, científicas, en riguroso directo, dende o lugar onde desenvolven o seu labor investigador…E moito menos se ese lugar é a Antártida!

Adoración Sánchez Mata, Bióloga e investigadora do CIMA (Centro de investigacións mariñas) recibiunos, virtualmente falando, dende a Base Gabriel de Castilla na Antártida. Ao longo do tempo que durou a videoconferencia, falounos  do seu propio traballo sobre as comunidades de organismos da zona intermareal,  pero tamén dos outros proxectos de investigación que se están levando a cabo, algúns sobre o vulcanismo Antártico; como tivemos ocasión de comprobar por boca dunha das Xeólogas que investigan tamén alí.

Tamén nos falou, Adoración, das particularidades que ten a investigación nese lugar privilexiado, algo que valora tan positivamente que, esquecendo as incomodidades climáticas, entre outras (que seguro que as hai)…Case non é capaz de sinalar nada negativo!

Non sei a vós, pero a min resultoume emocionante esa comunicación directa  con persoas tan entusiastas, dende un dos lugares máis emblemáticos onde se está facendo ciencia contemporánea. Invítovos a que fagades os vosos comentarios, reflexións, preguntas (especialmente aqueles que non as puidestes facer por falta de tempo)…Porque ao mellor hai sorpresas!

Déixovos aquí unha ligazón onde podedes ver fotos e información sobre a campaña Antártica 2010-2011:

http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/proyectos_10-11/index.html_1910061517.html

 

Tags: , ,

15 Respostas a “Ciencia en directo dende…A Antártida!”

  1. xulian.br Dixo:

    A verdade e que é curioso poder se capaz de falar en directo con xente que está a miles de Km de distancia nun lugar tan inhóspito como é a Antártida. A min pareceume unha conferencia realmente interesente, igual se me fixo un pouco breve de máis, pero seguramente tería unha explicación a falta de tempo das científicas.
    Opino que deberiamos de ter algunha conferencia máis deste tipo, xa que foi moi lúdica e para nada pedante, moi sinxelamente explicado quedou claro todo o labor de investigación que están realizando.
    Só me queda unha cousa por dicir:
    Ben feito para as persoas que traballaron para organizar isto¡¡

  2. cristina.br Dixo:

    Estou de acordo con Xulian, a verdade é que me pareceu unha videoconferencia moi interesante, ainda que algo curta. Paréceme extraordinario poder comunicarnos con esas persoas e poder apreciar a o seu labor, espero poder repetir a experiencia fascinante de comunicarnos a miles de quilometros ao mesmo tempo que aprendemos algo novo.

  3. laura.g.br Dixo:

    Estou de acordo, foi un pouco curta de máis, pero entendo as dificultades que teñen que ter cas comunicacións estando nun lugar como ese. Por iso, hai que apreciar o enorme esforzo que fixeron para algo que pode parecer tan simple como unha videoconferencia a través do Skype.

    En relación cos proxectos que se están a desenvolver alí, en concreto o de Adoración, quedoume unha pregunta que facerlle: Como se realizan os experimentos de manipulación do medio ambiente no laboratorio?
    Fágome esta pregunta porque non se me ocorre como manexar algo, aparentemente, tan complexo.

  4. belen.br Dixo:

    Foi xenial, algo moi emotivo.
    A min ata me entraron ganas de ir con eles, debe de ser unha experiencia incrible.

    Unha pena non poder disfrutar máis tempo desta videoconferencia pois estaba resultando realmente interesante, e persoalmente gustariame que puidese afondar un pouco máis no proxecto de investigación no que estaban involucrados ela máis o seu grupo, a busca de invertebrados nas praias da illa Decepción.
    En todo caso , debemos estar moi agradecidos por esta oportunidade e disfrutar da “ciencia en directo”.

  5. martinesparis Dixo:

    Paeceume moi interesante a videoconferencia, e espero que se repita outro día. Gustoume moito escoitar a unha científica en activo como é Adoración, e sobre todo nun lugar tan privilexiado como o continente Antartico, é unha pena que a videoconferencia non puidera ser máis longa, pero os medios non o fixeron posible.
    Eu teño unha dúbida sobre se no inverno Antartico permanece algún militar do exercito ou científico dentro da base, e se así fora, gustaríame saber nas condicións nas que viven nesa dura estación.

    Un saúdo.

  6. david.br Dixo:

    Como non! Unha noticia como esta por suposto que tiña que estar no noso blog. Alégrome moito de que tivésemos a oportunidade de falar cunha científica dende o seu lugar de traballo, nada máis e nada menos que dende o Antártico (Illa Decepción).
    Eu quedei coas ganas de preguntarlle duas cousiñas.
    1- Se tanto se preocupan polo cambio climático e polo quentamento global, que fan alí cos residuos xerados?
    2- Se algunha vez coincidira por esas terras con algún expedicionario de Greenpeace.
    E moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible esta videoconferencia.

  7. nuria.c.br Dixo:

    Algo curta si que foi.
    Pero eu teño unha pregunta para Adoración.
    Cómo decidiches ir á Illa Decepción?

    Seguro que é fermosisimo estar aí. Gustaríame moito ir, a pesar do frio. Hai moitas mulleres do exército aí, ou só son homes?

  8. tamara.br Dixo:

    Coincido cos meus compañeiros sobre o interesante que resultou a videoconferencia e tamén sobre o curta que foi, pero quizais esta sensación de brevidade se deba ó amena e emocionante que nos pareceu, polo que vexo, á maioría de todos nós.

    Paréceme sorprente poder dicir “falei coa Antártida”, de feito a algunhas das persoas ás que llelo dixen non mo creron, pero é certo que tiven esa sorte, e ainda que tiven a ocasión de facerlle a miña pregunta a Adoración en tempo real, quedei cunha dúbida. Esta non é de tema de científico senón que aborda o campo económico que o proxecto de investigación acarrexa, especialmente: a partir de que financiamento se leva a cabo?

    Espero que poida ter unha resposta xa que é unha cuestión que me provoca intriga dado que sempre nos falan dende o punto cientifico destes proxectos, pero non sempre do fondo económico que implican.

  9. noelia.g.br Dixo:

    Estou de acordo con todos os meus compañeiros en que esta oportunidade de poder falar directamente con algunhas persoas que desenvolven o seu traballo na Antártica, foi moi emocionante. Todos os conceptos que explicou tanto Adoración como o resto dos seus compañeiros son de grande importancia pero quizais o que máis me interesou foi aquel no que Adoración traballa: é decir, o que estuda as macroalgas procedentes de zonas de costa que poden ser o motivo da biodiversidade e da abundancia de invertebrados nas praias, e como estas macroalgas varadas poden chegar a afectar ó ecosistema e a pirámide alimenticia.

    En definitiva, este proxecto paréceme moi importante e espero que cheguen a acadar os seus obxectivos.

    Para rematar gustaríame formular unha pregunta: dende cando este proxecto está en marcha?

  10. jessica.br Dixo:

    Esta videoconferencia para min foi moi interesante, xa que esto de falar con una científica así a tempo real dende o seu lugar de investigación, nunca pensei que se podería facer. Aínda que un pouco curta, estivo moi ben, foi moi interesante e para nada foi pesada nin nada aburrida, foi moi lúdica e, ao ser asi, aprendéronse moitas cousas.
    Eu teño una pregunta: gustaríame saber se no fondo mariño da Antártida hai algunha especie das que hai no fondo mariño de Galicia.

  11. noelia.e.br Dixo:

    Moi interesante a videoconferencia, aínda que moi curta como ben din os meus compañeiros.
    Eu quería saber, se é posible, que é, exactamente, o que buscan nos invertebrados de alá.

  12. claudia.br Dixo:

    Estou de acordo cos meus compañeiros, creo que foi moi emocionante escoitar unha persoa que se atopa tan lonxe de nós e que nos explicara, en exclusiva, os estudos que están a levar acabo na Antártida.

    O certo é que a conferencia foi moi curta e non lle poidemos facer todas a preguntas que tiñamos.
    Eu quería preguntarlle: como se lle ocurriu dedicarse a investigación? Que relación hai entre as algas e o cambio climático?.

  13. diego.br Dixo:

    É impresionante o que se está facendo aí. Eu preguntome: foi difícil acostumarse a ese cambio radical que foi pasar de facer vida normal a vivir na Antártida??

  14. irimia.br Dixo:

    A min tamén me gustou moito esta videoconferencia, foi moi emocionante e espero que se poida repetir esta experiencia.
    Como din moitos dos meus compañeiros, fíxoseme moi curta xa que me gustaría saber cousas como:
    -Que foi o que lle impulsou, a Adoración, a ir á Antártida, xa que estamos falando dun lugar cunhas temperaturas mínimas e dunhas condicións de vida moi diferentes ás de aquí.
    -Tamén estaría ben poder afondar máis nos proxectos e investigacións que realizaron.

  15. delia.br Dixo:

    A videoconferencia, a pesar de que houbo anacos no que a sinal era peor e non a oiamos ben de todo, gustoume moito porque explicábase ben e intentaba que nos enteraramos por enriba de todo. Contestou ás nosas preguntas de xeito moi completo e a verdade dicindo cousas moi interesantes.
    A miña pregunta é:
    -Atopades cousas que non estábades a buscar? É dicir,aí vós, por exemplo, ides estudar as algas… Tedes atopado algo de interese que non tivérades pensado atopar?

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.