Un indicador de vida extraterrestre
Unha das principais investigacións que se levan a cabo é a busca de vida extraterrestre, e para eso necesitamos coñecer os indicadores de que hai vida noutros planetas. Polo momento encontráronse máis de 16000 pegadas que aparecerían coa existencia de vida noutros planetas, pero son moi poucos os que só se producen pola existencia de seres vivos, pois senón poderían aparecer como consecuencia de accións xeolóxicas ou outros medios nos que non participan os seres vivos. Outra característica esencial destas pegadas é que podamos atopalas desde o noso planeta empregando un telescopio.
Unha sustancia que si que cumpre estas características é a fosfina ou fosfano(PH3), que é un gas incoloro e inflamable que arde só a 38 grados centígrados. Ten un cheiro similar ao do allo, solo que moito peor. Podes imaxinalo? Este gas prodúceno as bacterias anaeróbicas(as que viven en medios nos que non hai osíxeno) cando degradan materia orgánica. A fosfina é unha molécula moi sinxela(PH3) :
A importancia que ten a fosfina é que se é atopada na atmosfera dun planeta rochoso significa que nel hai organismos anaerobios(que non necesitan osíxeno) polo que é un biomarcador. E ao contrario que outros marcadores, este soamente aparece nun planeta rochoso se nel hai microorganismos anaerobios. A esta conclusión chegaron os científicos tras investigar todas as posibles rutas químicas para formar fosfina a partir do fósforo.
Pero para que nos resulte útil para a investigación, temos que ser capaces de identificalo desde a Terra e para eso vaise utilizar un novo telescopio que será lanzado en 2021 xa que a fosfina pode ser detectada a 16 anos luz se a molécula é liberada á atmosfera nas mesmas cantidades que o metano se libera na Terra.
Fonte de Información: ABC Ciencia
Tags: extraterrestre, fosfina, Vida