O misterio da estrela que está perdendo brillo.
Ata o momento, para os astrónomos, a estrela Betelgeuse era unha vella coñecida. Ista reside na constelación de Orión e é unha estrela xigante do tipo superxigante roxa, sendo 1400 veces máis grande cá o Sol. Sen embargo, ultimamente os vixiantes do ceo han observado algo raro: Betelgeuse brilla a metade do normal! Anque sexa unha estrela flutuante, unha variación tan grande podería ser sinal de que está a punto de colapsar. Se isto ocorrera, o noso planeta non estaría na zona de perigo e non nos veríamos afectados. Polo contrario isto sería unha oportunidade única para observar o fenómeno.
¿Que veríamos entón no ceo? Segundo creen os astrónomos, Betelgeuse brillaría 16 veces menos que unha lúa chea e 100 veces máis que Venus. O que faría que facilmente fose visible durante o día.
Fonte: ABC 02/01/2020
Martes 31 de Marzo do 2020 ás 8:45 pm
Seguramente sexa bonito e interesante, poder ver a simple vista o momento en que colapse a estrela Betelgeuse, xa que esa experiencia só se pode ver poucas veces na vida, e ademais a simple vista. Pero tamén é algo preocupante, xa que é moito máis grande ca o Sol, e xa reduciu a metade o sei brillo, e en calquera momento pode colapsar, iso pode significar que nun futuro o Sol, reducirá o seu brillo e colapsara, e como esta moi cerca da Terra, e dicir, está na zona de perigo, o noso planeta entón si que se verá afectado despois de que colapse o Sol.
Sábado 4 de Abril do 2020 ás 6:12 pm
O feito de que a estrela Betelgeuse estea colapsando fai que poidamos ver un feito único e quizás unha vez na vida, pero tamén perigoso ainda que a nos no nos afectaría xa que non estamos na zona de perigo. Por outra banda, si esto acontecera co Sol veríanos afectados debido a súa cercanía.
Martes 14 de Abril do 2020 ás 5:12 pm
Esta noticia xa a vin fai tempo e pareceume moi interesante. Seguro que será moi bonito e único de ver, pero o máis probable e que non se apague nun futuro moi cercano e nós non poderemos presenciar este gran fenómeno. De todas formas pode que sexa un dato a ter en conta nun futuro para próximas investigacións.