Azucres esenciais en meteoritos

imagen

No mes de novembro de 2019, un equipo internacional atopou azucres esenciais para a vida en meteoritos. Estes foron atopados en Marrocos e Australia. As rochas espaciais son condritas carbonáceas, un tipo de meteorito que representa o 5% de todos os que caen na Terra. Este descubrimento tacha da lista de compostos necesarios para a vida diversos azucres. Entre eles está a ribosa, esencial para o ARN (molécula que actúa como “mensaxeiro” entre o ADN e os ribosomas das células).

 Estes ingredientes, xunto cós dos demais xa tachados da lista, mellora a nosa comprensión da formación da vida na Terra, e danos evidencias de que non son compostos exclusivos do noso planeta. “A investigación proporciona a primeira evidencia directa de ribosa no espacio” dixo Yoshihiro Furukawa, da Universidade de Tohoku. “O azucre extraterrestre podería haber axudado á  formación de ARN na Terra prebiótica”

 O equipo fixo a análise dos meteoritos utilizando a técnica de espectometría de masas. Desta maneira identifícanse moléculas pola súa carga eléctrica e a súa masa. Aínda que é tentador, non se pode falar con todo rigor de azucres extraterrestres xa que, aínda que se ve moi pouco probable, podería ser que os meteoritos foran contaminados unha vez xa impactaran na Terra. De todos modos non hai que deixar pasar o pequeno fito astro-biolóxico. Cada vez vese máis posible a existencia de vida máis alá do Sistema Solar.

Bibliografía: www.nasa.gov , artigo de Bill Steigerwald e Nancy Jones

 

Tags: , ,

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.